14,00 

CANITROT

Cen anos de esquecemento

 

Formato: 156 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-87-2

 

Discípulo de Murguía e Valle-Inclán, amigo de Castelao, implicado no Rexionalismo e no movemento agrarista, escritor, pintor, ilustrador e promotor cultural, o humanista pontevedrés Prudencio Canitrot faleceu moi novo en Madrid nun mes de xaneiro de 1913. Dende aquela, a súa vida e obra ficaron no máis absoluto esquecemento. Malia ter sido tamén promotor de eventos como a primeira Exposición de Arte Regional Gallego (Madrid, 1912), fundador da Biblioteca de Escritores Gallegos (1910) ou corrector da obra completa de Rosalía de Castro, unha lousa inexplicable caeu sobre a súa figura dende o intre mesmo do seu pasamento: aquel día ao seu enterro só acudiron catro persoas (un irmán e tres amigos, entre eles, o escritor Antonio Rey Soto). Cen anos despois da súa desaparición, o crítico literario, investigador e xornalista Carlos Gegúndez López tenta reparar esta inxustiza. O presente volume é breve e intenso como foi a vida de Canitrot: Unha reveladora primeira parte rescata a súa figura en datos, fotografías e unha mostra da obra pictórica do protagonista; na segunda, Gegúndez escolle dez dos mellores relatos breves de Canitrot, o que nos brinda unha magnifica oportunidade de acceder por vez primeira, dende o seu pasamento, á obra literaria deste gran esquecido.

3ea29579b086
Compartir

Autoría

Carlos Gegúndez López (Becerreá-Lugo, 1976) licenciouse en Humanidades na Universidade de Santiago en 1999. En 2006 obtivo o Diploma de Estudios Avanzados (DEA) cun traballo titulado “Prudencio Canitrot, un humanista galego no tránsito de século”. É escritor, crítico literario e xornalista. Autor dos libros María Mariño na escola. Estudio y antología (2007) e O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro (2011).