20,00 

BRETEMADA

1917-1922 [Libro inédito]

 

ISBN: 978-84-89323-73-5
Páxinas: 227
Medidas: 13×21 cm
Idioma: galego
Ilustracións: varias fotografías —algunhas inéditas— do autor e reprodución das primeiras páxs. do mecanoscrito orixinal.
Encadernación: cartonado
Data 1ª edición: Setembro, 2011

 

“Un acontecemento literario de altísima importancia”. Así define este achádego editorial o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, no limiar a Bretemada, o poemario inédito de Gonzalo López Abente, o escritor e activista cultural a quen en 1971 se lle adicaba o “Día das Letras Galegas”. O libro, integrado por cen poemas, foi escrito entre os anos 1917 e 1922. “Bretemada” é unha metonimia de Galicia. O mecanoscrito orixinal pertence á Real Academia Galega. O profesor e poeta Miro Villar é o responsable do estudo introdutorio e do coidado da edición. Esta obra, editada conxuntamente coa Fundación Gonzalo López Abente, súmase á Colección Rescate (volume nº 15), unha colección gañadora do Premio da Edición de Galicia en 2008 como “Mellor obra editorial do ano”. >> Ver as primeiras páxinas de Bretemada

5197c338971c
Compartir

Autoría

Gonzalo López Abente (Muxía, 1878-1963) foi poeta, narrador, dramaturgo e activista cultural. Estudou Dereito na Universidade de Santiago e viaxou a países como Francia, Bélxica e Holanda. Despois intalouse no seu pobo natal, Muxía, onde traballou nun banco ata a súa morte. López Abente participou en todos os movementos culturais e políticos na Galicia do seu tempo. Colaborou en periódicos e revistas como El Noroeste, Nós, Rexurdimento, Ronsel, A Nosa Terra... Desde 1925 formou parte do Seminario de Estudos Galegos. Como poeta comeza coa publicación de Escumas da Ribeira e Alento da raza, nos que describe a paisaxe galega e a súa alma intimamente unida a el. En 1924 publica D'outono e en 1929, Nemancos. O mar está presente en todos os poemas da súa última obra poética en vida Centileos nas ondas (1958). Tras a súa morte, publicáronse outros dous libros de poemas: Decrúa (1966) e Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca (1971). Polo que a narrativa se refire, comeza en 1919 con O diputado por Veiramar e continúa con O escándalo (1920), O novo xuez (1922), Buserana (1925), Fuxidos (1926) e Vaosilveiro (1929), todas elas, novelas curtas de temática amorosa. Como autor teatral estreou en 1921 a obra de corte sentimental titulada María Rosa, que foi publicada en 1928. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas en 1971.

02/08/2012Xaneiro, 2012. “A lexitimación da nación galega”. Crítica de Silvia Bermúdez na revista “Grial” nº 193 (xan-mar 2012). 03/02/2012, La Opinión A Coruña , “Bretemada” 23/01/2012, La Opinión Coruña, “Memoria do continuador de Pondal” 23/01/2012, La Voz de Galicia, “Presentan«Bretemada» como un «enorme poema épico de Galicia»” 20/01/2012, La Voz de Galicia, “«López Abente, como Manuel Antonio, era un poeta do mar»” 15/12/2011, La Voz de Galicia, Culturas, “Rescate dunha voz precisa” 30/11/2011, Caderno da crítica, “Bretemada, de Gonzalo López Abente” 30/11/2011, Criticalia, “Poesía bretemeira” 24/10/2011, Que Pasa Na Costa, “A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar “. 24/10/2011, Terra e Tempo, “Recuperando un dos nosos clásicos: Gonzalo López Abente “. 24/10/2011, Galicia Hoxe, “A editorial Alvarellos recupera no libro ‘Bretemada’ cen poemas inéditos de Gonzalo López Abente”. 23/10/2011, La Voz de Galicia, “«Bretemada» recobra vida en Muxía “. 22/10/2011, La Voz de Galicia, “A Fundación López Abente presenta o poemario inédito «Bretemada» “. 20/10/2011, La Voz de Galicia, “O libro de López Abente é un acontecemento moi importante para a literatura galega “. 11/10/2011, La Voz de Galicia, “Sae á luz «Bretemada» con cen poemas inéditos de López Abente “. 29/09/2011, La Voz de Galicia, “Un libro inédito de Gonzalo López Abente llegará a las librerías el próximo mes “. 29/09/2011, El Correo Gallego, “A imprenta un poemario inédito de López Abente “.