14,00 

A raíña das tortas

Álex Mene (texto) | Blanca Crespán (ilustracións)

32 pp. 28×21,5 cms
ISBN: 978-84-16460-37-3

As sorpresas que trae cociñar en familia e aprende dos erros

Ilustracións divertidas, vivas, cheas de cor e expresividade para un conto saboroso de principio a fin. Non vos imaxinades as sorpresas que trae cociñar en familia… Os autores de A raíña das tortas son dous artistas vigueses, Álex Mene (texto) e Blanca Crespán (ilustracións), que debutan con este libro na literatura infantil. Novo título da colección Verdemar de Alvarellos Editora.
TEXTO CONTRACAPA
Un conto saboroso de principio a fin.

ARGUMENTO
Martiño vive coa súa nai. Unha das cousas que máis lles gusta facer xuntos é cociñar doces de todas as cores e sabores. Pero hoxe a cociña está avariada así que Martiño vai practicar o que quere ser de maior: electricista. Sairá algo de aquí? Mentres, os esquíos agardan trala ventá da cociña para probar o primeiro anaco de torta…

CLAVES PARA A LECTURA
Unha obra que convida a cociñar en familia e descubrir xuntos gustos gastronómicos ou receitas herdadas, sinxelas para elaborar en común.
Un engadido interesante é o feito de que Xulia, a nai, vivise en Canadá, polo que coñece os nomes dos alimentos en inglés e francés. Como o da tarta de cenoria, que ela chama “carrot cake” ou “tarte aux carottes”.

, 499d3a816bdf
Compartir

Autoría