14,00 

A miña profe é un monstro! (Diso nada.)

40 pp. 28 x 21,5 cms
ISBN: 978-84-16460-39-7

 

Divertidísima aposta gráfica chea de humor e caricatura. Escrita e ilustrada polo artista de Nova York Peter Brown e traducida agora ao galego, A miña profe é un monstro ( Diso nada.) fomenta o diálogo e convida ás persoas a coñecerse mellor para loitar contra os prexuízos. Novo título da colección Verdemar de Alvarellos Editora.

 

TEXTO CONTRACAPA
Ás veces os monstros non son o que aparentan.

 

ARGUMENTO
As clases comezaron e Brais ten un problema tremendo. O seu problema chámase a “Profe Lola”. Ela é un monstro real, mesmo ten a pel verde e os seus dentes son enormes e afiados… El quere fuxir dela. Non obstante, un venres despois da escola, nun encontro casual no parque, os dous se poñen a falar e Brais descobre na profe Lola a outra persoa que non imaxinaba…

 

CLAVES PARA A LECTURA
Descubrirse un ao outro falando. Coñecerse mellor e dialogar para loitar contra os prexuízos. Velaquí a mensaxe principal deste divertido conto, ilustrado con moito humor e caricatura. O rostro da mestra vai cambiando e facéndose doce cando o seu alumno atopa nela un ser humano sensible e alegre.
Como actividade práctica co alumnado pódese traballar na realización dun sinxelo avión de papel. Tamén, ir buscando e analizando os cambios que se producen no aspecto físico da profesora.

0ae4ba5b85de
Compartir

Autoría

Peter Brown medrou en Nova Yersey, nos Estados Unidos. Formouse no Art Center College of Design e, ao rematar a carreira, foi vivir a Nova York, onde traballou primeiro no mundo da publicidade. Fixo tamén animación para televisión e traballos como actor e hoxe é, dende Brooklyn, un dos ilustradores e escritores máis recoñecidos dos Estados Unidos e da literatura infantil e xuvenil, gañador de numerosos premios. A miña profe é un monstro é a primeira obra de Peter Brown traducida ao galego.