Tralo pasamento do seu alma máter, en xuño de 2004, a responsabilidade da empresa pasou a unha segunda xeración de propietarios.
Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968), xornalista e autor de varios libros, é o director dende ese momento. A actividade empresarial desenvólvese, dende este intre, entre Lugo e Santiago de Compostela. A empresa continúa a ser familiar, leva con orgullo o feito de ser unha das tres editoras máis veteranas de Galicia, e afronta o século XXI con criterios de expansión e modernidade.
Nesta liña,
Alvarellos Editora comezou o ano 2005 relanzando a súa colección de
Facsímiles (reedicións da
España Sagrada,
Obras Completas do Cura de Fruíme ou a
Arquitectura de Vitrubio) e a Colección Clásicos (comezando coa obra Bandas de Música de Galicia) e poñendo en marcha a nova colección “Rescate”, unha serie de volumes nos que se recuperan textos esquecidos de plumas senlleiras da nosa cultura. O primeiro deles —que saíu á rúa en abril de 2005— é o libro
Viajes y yantares por Galicia, que recolle 37 artigos perdidos de Álvaro Cunqueiro, publicados nos anos cincuenta e sesenta na popularísima revista Vida Gallega.