9,00 

ABRINDO FIESTRAS EN CARNE VIVA

1º Premio XL Certamen de Poesía do Concello de Vilalba

 

Formato: 14 x 21 cms. Páxs. 64
ISBN: 978-84-89323-99-5

 

A poesía érguese neste libro como unha forma de dar orde ao caos do universo, ás «dimensións do baleiro». Estruturado en cinco partes, denominadas «Fiestras…», nesta obra. o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.

A lingua emerxe coma o seu piar: «lingua que me colles dende o berce / e me afastas do silencio orixinal».

O autor detense tamén na denuncia social, cantando aos «eslombados», aos «calados e ignorados». E hai un espazo así mesmo para o amor, o «feitizo».

Esta obra logrou o primeiro premio na edición número 40 (2014) do xa histórico Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo).

5bfcc4ae0b56
Compartir

Autoría

O meu nome é Carlos López Fernández. Nacín en Ferrol en 1949 e fixen  estudos de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago. Exercín a docencia como mestre de Primaria en Galicia e mais en Cataluña. Actualmente estou xubilado e resido en Lugo. Ademais deste premio do Concello de Vilalba, obtiven en 2014 o primeiro premio do certame de poesía do Belén de Begonte e en 2015, o segundo.