Autor

Pere Tobaruela

Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois (A Coruña). É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís e tamén para o público adulto. 

Libros del Autor

SoñoS

14,00 

Pere Tobaruela, con ilustracións de Víctor Boullón

 

ISBN 978-84-18567-02-5 Pp: 28.
Formato: 22,5 x 21,5 cm
Cartonado.
Impreso en Papel Amigo dos Bosques. Cosido a fío.

 

Pere Tobaruela e Víctor Boullón preséntannos unha proposta nova para xogar coas palabras e voar coas imaxes: un álbum ilustrado composto todo el de palíndromos, esas palabras que igual se len ao dereito que ao revés.

 

TEXTO CONTRACAPA

Xoga coas palabras.
Voa coas imaxes.
Descobre o mundo
dos palíndromos..

 

CLAVES PARA A LECTURA

Sabes o que son os palíndromos? Palíndromo vén do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Son, pois, esas palabras que se poden ler igualmente de esquerda a dereita ou ao revés.
Este incrible conto está feito todo el de palíndromos. Pero non só os textos. As imaxes tamén convidan a buscar ese mundo de simetrías, ese xogo de espellos…

Así nolo contan os seus autores:

«Palíndromo, do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Ou dito doutra maneira: xogar coas palabras. Pois a Víctor e a Pere non só nos gusta xogar coas palabras, tamén xogamos coas imaxes. Pasámolo ben así e agardamos que as lectoras e lectores que vos mergulledes neste conto de SoñoS tamén o pasedes de marabilla. Levamos uns anos facendo proxectos xuntos, pero nunca fixemos un libro coma este, no que deixamos voar a nosa imaxinación ata límites insospeitados. Máis nada, xoguemos, soñemos!».

 

Idade de interese: +3

Nivel de lectura: +5