Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é xornalista e escritor, e dende xuño de 2004 —data de falecemento de seu pai, Enrique Alvarellos Iglesias— dirixe Alvarellos Editora.
Licenciouse en Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela en 1991 e obtivo o título de Posgrao en Comunicación pola Universidade da Coruña en 1994.
Como xornalista, Quique Alvarellos iniciou a súa andaina no diario El Progreso de Lugo e traballou logo como redactor na Televisión de Galicia, en La Voz de Galicia, foi correspondente para Galicia da revista Cambio 16 e redactor xefe do Atlántico Diario de Vigo. Foi así mesmo xefe de prensa da Consellería de Obras Públicas e asesor de Comunicación de Turgalicia e do Xacobeo.
Quique Alvarellos combina o seu traballo na dirección de Alvarellos Editora coa colaboración como columnista para varios xornais do país, a súa condición de escritor, e exerce tamén como asesor de comunicación.
Libros sen reservas 02-10-13
É autor das obras seguintes: