• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Condicións de Compra

Pode realizar unha compra dende o catálogo do sitio web ou dende o cadro de búsqueda. Recomendámoslle que lea atentamente as condicións de venda de ALVARELLOS EDITORA que figuran a continuación.


1 – SISTEMA DE COMPRA EN ALVARELLOS.INFO

As compras realizadas en ALVARELLOS.INFO fican sometidas á normativa vixente e o resto da lexislación concordante, entendéndose realizadas as operacións de venda no domicilio de ALVARELLOS EDITORA. As compras efectuadas en ALVARELLOS.INFO estarán suxeitas ó pago do Imposto sobre o Valor Engadido (I.V.E.) segundo o establecido na normativa vixente para as persoas físicas ou xurídicas residentes en Estados membros da Unión Europea e para aquelas residentes en países extracomunitarios.

2 – A VENDA DOS ARTIGOS

As carcterísticas dos artigos e os seus prezos aparecerán en pantalla. Os artigos e servizos estarán dispoñibles para a súa venda deica fin de existencias. Os prezos indicados en pantalla son en euros e inclúen I.V.A. e son los vixentes, agás error mecanográfico. As ofertas atópanse debidamente marcadas e identificadas como tal. O seu prazo de validez ten efectividade mentres aparezan na pantalla. Debido á existencia de sistemas de proxy-caché nas conexións dos usuarios de Internet, é posible que os contidos que se ofrezan no navegador do usuario non estean debidamente actualizados. ALVARELLOS.INFO non pode responder por ese desfase nas actualizacións, tendo validez únicamente os prezos e condicións que se sirvan en tempo real.

3 – A FORMALIZACIÓN DO PEDIDO

O cliente que queira realizar unha compra en ALVARELLOS.INFO deberá visualizar as condicións xerais de compra que se inclúen en dito aparatdo da páxina principal. A formalización dun pedido entenderáse realizada baixo a total aceptación das condicións xerais de venda contidas na páxina.

Xunto có pedido recibirá unha factura emitida por ALVARELLOS.INFO. Nunha compra que deba ser enviada a un enderezo diferente do que aparece nos datos de cliente, a factura sempre deberá enviarse ó enderezo do cliente, que en calquera caso será a persoa que faga efectivo o pago a ALVARELLOS.INFO. Os artigos enviaránse ó enderezo de entrega que vostede nos indique, nos prazos estipulados segundo o servizo de modo de envío que vostede escollera.

4 – TARIFA DE PORTES

Para España e Portugal, os gastos de transporte serán de euros (IVE incluido) para tódolos pedidos de tres libros ou menos e non haberá coste para os pedidos de máis de tres libros. Para outros destinos, ALVARELLOS.INFO resérvase o dereito de modificar ditos gastos, informando previamente dos mesmos ó comprador.

5 – SERVICIO DE ATENCIÓN Ó CLIENTE

Se non fica satisfeito cós artigos adquiridos en ALVARELLOS.INFO poderá devolverlos nun prazo non superior a 7 días, contados a partires da recepción do artigo. As devolucións deberánse enviar xunto có orixinal da folla de devolución, debiudamente cumprimentado, que acompaña o albarán. Para calquera posible incidencia ou reclamación, recomendámoslle que se poña en contacto có Servicio de Atención ó Cliente, teléfono: +34 609 908852. Ou nos envíe un correo electrónico ó enderezo: pedidos[ARROBA]alvarellos.info

A devolución do importe efectuaráse mediante abono.

As normas respecto ás devolucións, reguladas pola Lei do 15/1/96 número 7/1996, sobre reclamacións, garantía e emisión de facturas, son as seguintes: Non se admitirán devolucións que non veñan non seu embalaxa orixinal e có producto en perfecto estado. Os productos que podan ser reproducidos ou copiados con carácter inmediato (CDs, software, películas de vídeo, libros, etc.) non se admitirán a menos que se devolvan non seu embalaxa orixinal, agás os casos de mercancía defectuosa.

O albarán de entrega selado por ALVARELLOS EDITORA ten validez como garantía do fabricamente, ésta terá efecto a partires do día que se realiza a entrega no domicilio do comprador.

As reclamacións por posibles incidencias como que o producto se entregue deteriorado, averiado, equivocado ou por calquera outra causa susceptible de reclamación, trataránse do seguinte xeito: Sempre deberá devolverse cumprimentando o orixinal da folla de devolución que acompaña ó albarán. No caso de solicitar a devolución do importe, o cliente debe remitir o producto no prazo de 7 días posteriores á recepción do pedido, e os costes de devolución corren a cargo do cliente (segundo Ley do 15/1/96 número 7/1996). Se pola contra desexa a sustitución do producto, ALVARELLOS EDITORA comprométese a entregar ó cliente outro producto en perfecto estado e recoller o defectuoso ó realiza-la entrega.