Varia

A CORUÑA ANOS 20

11,50 
Doce postais de gran formato de Luciano Roisin

Pack 12 postais con estoxo | 29 x 13 cms.
ISBN 978-84-16460-09-0

 

Un documento gráfico moi descoñecido da cidade da Coruña: a serie completa das doce imaxes panorámicas que, nos anos vinte do século pasado, comercializou como postais de gran formato (29 x 13 cms) o fotógrafo francés Luciano Roisin. Dende aquela, non volveran ser difundidas. Son doce escenas urbanas de alto valor documental. Preséntanse agora nesta nova edición coa estética e formato orixinais e gardadas nun novo estoxo deseñado especialmente para esta ocasión.

O NACEMENTO DO TURISMO

Na década dos anos 20, A Coruña, de igual xeito que outros puntos de Galicia e España, vivía o nacemento dun turismo que demandaba souvenirs gráficos dos lugares máis atractivos. O fotógrafo Luciano Roisin (París, 1884-Barcelona, 1943), recoñecido editor de postais afincado en Barcelona (onde creou “La Casa de la Postal”) confeccionou un álbum con doce imaxes moi visuais, panorámicas, d’A Coruña. Descoñecemos se Roisin foi o autor das fotografías, só sabemos que el foi o seu editor (pois adoitaba tamén encargar o material por toda España). A exposición que se verá na Coruña parte da reprodución directa dun dos exemplares orixinais de postais, pertencente ao Arquivo Gráfico de Alvarellos Editora.

QUE MOSTRAN AS IMAXES?

As imaxes mostran, en palabras do editor Alvarellos, “unha cidade grandiosa, fermosa, que hoxe segue a ser moi atractiva, pero que é moi distinta á que nos traen estas doce panorámicas: as barcas amarradas no Parrote, o novo rañaceos do Banco Pastor sobresaíndo no skyline (un edificio inaugurado no outono de 1925, e que foi, cos seus 40 metros de alto, o primeiro rañaceos de Galicia), unha praia de Riazor con bañistas entre gamelas, os Cantóns cos emblemáticos hoteis como o Gran Hotel de Francia, o Gran Hotel Londres, o Hotel Palace ou o Atlantic Hotel… Fronte a eles apenas vemos coches, só tranvías e peóns. E tamén temos panorámicas como a do Castelo de San Antón, a Torre de Hércules, unha vista —moi diferente a hoxe— dende a Torre, ou a actividade no Porto cun barco pesqueiro que, no intre da foto, está a botar as redes, co sistema do cerco, a escasos metros do litoral”.

Luciano Roisin sempre buscaba perspectivas extraordinarias das cidades, moi visuais e de gran profundidade, como a que obtén dende o alto do rañaceos do Banco Pastor. Será unha delicia para coruñeses e visitantes; non o dubidamos”, conclúe Alvarellos.

⇒ VER A CORUÑA ANOS 20 (II). Oito novas panorámicas.

 

A CORUÑA ANOS 20 (II)

10,00 
Oito panorámicas inéditas da cidade

PACK 8 POSTAIS
29 x 13 cms
ISBN 978-84-16460-40-3

 

En 2016 rescatamos doce fotografías panorámicas moi descoñecidas desta cidade, A CORUÑA ANOS 20, que foran editadas por Luciano Roisin  (París, 1884-Barcelona, 1943), como postais de gran formato, naquela década do século pasado.

Agora, no verán do 2018, descubrimos oito novas imaxes daqueles días, que permanecían gardadas no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya, onde se custodia a magnífica Colección Roisin.

Estas oito panorámicas, que bautizamos como A Coruña Anos 20 (II) completan aquela primeira entrega  e decidimos editalas tamén en formato de postais panorámicas (12 x 29 cms).

Descubrimos de novo unha Coruña enormemente atractiva e moi diferente, por outra banda, aos ollos de hoxe: os baños en Riazor, a actividade no Porto, un Parrote ben distinto, os emblemáticos hoteis Atlantic ou Palace, ou o novo rañaceos do Banco Pastor sobresaíndo no sky-line, entre outras instantáneas. Todas elas nos levan de viaxe a unha década onde emerxería o turismo…

Luciano Roisin sempre buscaba perspectivas extraordinarias das cidades, moi visuales e de gran profundidade. Esta sinxela mostra será, pois, unha delicia para veciños e visitantes.

PACK 8 POSTAIS
29 x 13 cms
ISBN 978-84-16460-40-3

A Coruña anos 30

11,50 
12 fotografías da cidade durante a IIª República

Estoxo de 12 postais plastificadas mate.
Formato 21 x 13 cms.
ISBN 978-84-16460-40-3

 

Presentamos unha nova serie de fotografías da cidade da Coruña obtidas na época da IIª República, editadas e comercializadas neses anos polo fotógrafo Luciano Roisin (París, 1884-Barcelona, 1943), rescatadas agora en formato de postais de gran tamaño (21 x 13 centímetros) e presentadas nun estoxo de novo deseño.

A Coruña anos 30 reúne 12 singulares panorámicas da cidade. Sabemos que estas fotografías foron obtidas arredor do verán de 1932 porque nunha delas aparece, no Cantón Grande, o Teatro Linares Rivas (fermoso edificio modernista de 1920 derrubado en 1937) co anuncio na súa carteleira da estrea na cidade da zarzuela Katiuska. La mujer rusa, primeira obra lírica de Sorozábal, que actou na Coruña o venres 22 de xullo de 1932.

Outras imaxes mostran a nova nomenclatura urbana do novo réxime, como é o caso da Avenida da República (actual Avenida da Mariña) ou tamén homenaxes a republicanos ilustres como Emilio Castelar, quen fora un dos presidentes da Iª República e que deu nome, dende finais do XIX ata 1937, á  rúa de Castelar, actual Rúa Nova.

Outras fotografías recollen momentos especiais do verán como o intre do baño nunha irrecoñecible Ría del Pasaje, actual Ría do Burgo; un animado día de praia en Riazor, ou os inicios da Ciudad Jardín –esa idea pioneira de barrio humanizado onde se alzaban preciosas casas unifamiliares–. A rúa Real, a Dársena ou Juana de Vega completan esta viaxe pola Coruña da República.

A Coruña anos 30 é a terceira serie de fotografías históricas da cidade rescatadas por Alvarellos Editora. En 2016 foi A Coruña Anos 20 (12 imaxes) e en 2018 A Coruña anos 20 (II), con oito imaxes inéditas, todas elas do editor Luciano Roisin.

 

Estoxo de 12 postais plastificadas mate.
Formato 21 x 13 cms.
ISBN 978-84-16460-40-3

Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia

5,90 
Trinta autores arredor do libro e da edición en Galicia. Unha homenaxe ao fundador de Alvarellos Editora, Enrique Alvarellos Iglesias.

Páxinas: 148
Medidas: 20x 19
Idioma: galego
Primeira edición: maio 2007
ISBN: 978–84–89323–14–8
Ilustracións: Galería gráfica con fotos, documentos e recortes de prensa dende 1977 a 2007.
Limiar: “Notas para unha historia do libro en Galicia”, por Henrique Alvarellos Casas.

 

Volume conmemorativo dos trinta anos de existencia dunha das editoriais máis veteranas do país: Alvarellos Editora. Empresa familiar e independente creada en Lugo por Enrique Alvarellos Iglesias (1931-2004) en maio de 1977. Trinta e tres autores –escritores, xornalistas, editores, libreiros, profesores, promotores culturais, etc– reflexionan nesta obra sobre o libro galego e o mundo da edición en Galicia dende a Transición ata hoxe, e homenaxean, a un tempo, a figura irrepetible do fundador de Alvarellos Editora. O libro conta así mesmo co estudo introdutorio “Notas para unha historia do libro en Galicia, 1966-2007”, onde o actual editor da empresa, Henrique Alvarellos Casas, leva a cabo un percorrido cronolóxico sobre os feitos máis sobranceiros deste proxecto editorial. Finalmente, unha galería gráfica mostra, en fotografías, recortes de prensa e documentación varia, a xestación desta empresa e os seus trinta primeiros anos de vida. OS AUTORES Participan nesta publicación (por orde alfabética): Adolfo de Abel Vilela, historiador Xavier Alcalá, escritor Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de Literatura Galega, ensaísta e polígrafo José Alonso Sánchez, xornalista de El Progreso Henrique Alvarellos Casas, editor e xornalista Luís Álvarez Pousa, xornalista e profesor de Xornalismo na USC Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega da Lingua Manuel Bragado, editor de Edicións Xerais de Galicia Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia Tucho Calvo, director de Biblos Clube de Lectores e redactor xefe de La Voz de Galicia Toño Castro, maxistrado Xaime Corral, presidente da Federación de Libreiros de Galicia Jesús Couceiro, libreiro Isaac Díaz Pardo, editor, artista e refundador de Sargadelos Afonso Eiré, director do semanario A Nosa Terra Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e poeta Francisco Fernández del Riego, co-fundador da Editorial Galaxia Xesús Fraga, escritor e xornalista de La Voz de Galicia Xosé María G. Palmeiro, xornalista Alfonso G. Sanmartín, presidente da Asociación Galega de Editores Bieito Ledo, editor de Ir Indo Antón Mascato, director adxunto de Nova Galicia Edicións José López Orozco, alcalde de Lugo Xesús Mato, crego rural Luís Pérez, xornalista e redactor xefe de El Correo Gallego Xosé Antón Perozo, escritor e xornalista Olivia Rodríguez, profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela Xavier Senín, xornalista e subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006 Anxo Tarrío, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC Marcos Valcárcel, catedrático de Lingua e Literatura Galegas e historiador Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega » Intervención do editor Henrique Alvarellos Casas no acto do 30 aniversario da editorial (Lugo, 13 de novembro de 2007)

Antonio López Ferreiro [1837-1910]

35,00 
Canónigo, historiador e novelista compostelano.

(Versión en rústica)

Gran biografía

 

Formato: 1136 pp. 16×24 cms
ISBN (rústica): 978-84-89323-83-4

 

Un volume de máis de 1.100 páxinas. Revélanse numerosos datos, documentos e ilustracións inéditos

A esperada biografía dun personaxe fundamental na Galicia do século XIX: Antonio López Ferreiro. O profesor Carlos Santos Fernández (A Coruña, 1961) culmina con esta obra un prolixo traballo de investigación no que se revelan numerosos datos inéditos e se aportan valiosos documentos procedentes dos arquivos persoais do historiador. Preto dun cento de ilustracións enriquecen este libro de máis de 1.100 páxinas, moitas delas tamén descoñecidas ata hoxe

Antonio López Ferreiro[1837-1910] (cartoné)

39,00 
Canónigo, historiador e novelista compostelano.

(Versión en cartoné)

Gran biografía

Formato: 1136 pp. 16×24 cms
ISBN (cartoné): 978-84-89323-86-5

 

Un volume de máis de 1.100 páxinas. Revélanse numerosos datos, documentos e ilustracións inéditos

A esperada biografía dun personaxe fundamental na Galicia do século XIX: Antonio López Ferreiro. O profesor Carlos Santos Fernández (A Coruña, 1961) culmina con esta obra un prolixo traballo de investigación no que se revelan numerosos datos inéditos e se aportan valiosos documentos procedentes dos arquivos persoais do historiador. Preto dun cento de ilustracións enriquecen este libro de máis de 1.100 páxinas, moitas delas tamén descoñecidas ata hoxe

Aramados

17,50 
Os meus nove meses polos campos de concentración de Francia
Manuel García Gerpe
Traducido por Miro Villar

 

Pp: 166. Formato 15 x 20 cms.
ISBN 978-84-16460-83-0

 

Aramados é un dos libros “perdidos” do exilio republicano galego e español. Escrito no campo de concentración francés de Septfonds durante 1939, o seu autor é o avogado, político, xornalista e escritor galego natural de Ordes Manuel García Gerpe quen, en febreiro de 1939, xunto con miles de exiliados en condicións extremas, tivo que cruzar a fronteira francesa para confinarse en varios campos para refuxiados, entre eles, o de concentración de Septfonds, na rexión de Mediodía-Pireneos.Despois de nove meses durísimos consegue axuda dende Buenos Aires e logra embarcar a finais de 1939. Na cidade porteña continúa a súa loita contra a ditadura.  Unha das primeiras accións será publicar Alambradas (Editorial Celta, Buenos Aires, 1941) a crónica ficcionada dos seus nove mese no campo de concentración francés. Pouco máis tarde, aflixido e enfermo, falece un 4 de xullo de 1949.

Medio século despois, en 2019, o poeta, tradutor e profesor Miro Villar (Cee, 1965) afronta a tradución de Alambradas / Aramados, unha crónica que rescatamos este 2020 e que non volvera ser editada dende 1941.

Dende Buenos Aires, escribe García Gerpe o 14 de abril de 1941:

“Móveme e impúlsame tan só a dor dos meus compatriotas; que por ser deles é miña. Máis de 150.000 refuxiados españois, que levan dous anos longos de cativerio entre aramados, continúan hoxe, presos desta dor, flotando en toda clase de enfermidades, loitando coa morte, tan desafiuzados, tan afastados e esquecidos do mundo como nos primeiros días do noso martirio, cando aínda non se expandira aos catro ventos a inmensa dor dun pobo escravizado”.

No Limiar, o tradutor, Miro Villar afirma:

“Non oculta o autor o duro debate político entre os propios refuxiados, o que acontece no exterior e mesmo noutros campos, a través da correspondencia que reciben, ou a discusión política sobre os criterios á hora de escolleren as persoas que poderán exiliarse nalgún dos barcos que se están a preparar, nun proceso cheo de dificultades (…) que revelan en ocasións a baixeza humana en situacións límite”.

Codex Calixtinus-Book V [Edición en inglés]

14,50 

Pp. 104. Formato 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-75-5

 

Publicamos a edición en inglés do Libro V do Codex Calixtinus. A tradución corre a cargo da filóloga Teresa Moralejo (neta de Abelardo Moralejo, quen, en 1951, fora o primeiro en traducir o Códice do latín ao castelán). O Calixtinus foi elixido en 2017 pola UNESCO como “Rexistro da Memoria do Mundo”.

 

Unha edición en inglés (no mesmo formato popular e de peto na que publicara a edición en castelán en 2016) do texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino: o Libro V ou Guía do Peregrino Medieval, escrito a mediados do século XII e que se considera a primeira guía de viaxes de Europa. Hoxe, no mercado, non era posible atopar unha edición popular, en inglés, desta obra.

 

O Codex Calixtinus foi seleccionado en 2017 pola UNESCO como «Rexistro da Memoria do Mundo», unha inscrición que recoñece as grandes xoias documentais da historia da humanidade.

 

Estamos diante dun texto que é un tesouro esencial para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.

 

O autor deste Libro V do Códice, posiblemente un monxe francés chamado Aimeric Picaud, detense nos lugares, monumentos e persoas que atopa no camiño do Camiño de Santiago. A narración faranos viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.

CÓDICE CALIXTINO | LIBRO V

13,00 
GUÍA DEL PEREGRINO MEDIEVAL (SIGLO XII)

176 pp | 12 x 22 cms
ISBN 978-84-16460-03-8

 

O CÓDICE CALIXTINO ENTRA NO REXISTRO DA MEMORIA DO MUNDO DA UNESCO

Códice Calixtino foi recoñecido pola UNESCO en outubro de 2017 como Rexistro da Memoria do Mundo polo que pasa a integrar un selecto grupo de documentos do patrimonio cultural mundial. 

Este volumen recupera para o gran público o texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino. Escrito a mediados do século XII, está considerado como a primeira guía de viaxes de Europa.

O autor, posiblemente un monxe peregrino, detense nos lugares, monumentos e xentes que atopa ao seu paso polo Camiño. Describe a cidade de Santiago de Compostela, e especialmente a súa catedral, dunha maneira única, detallada e suxestiva, que nos fará viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.

Esta nova edición en castelán, en formato de peto, foi preparada pola profesora María José García Blanco, quen partiu da tradución que, en 1951, levou a cabo, desde o latín orixinal ao castelán, Abelardo Moralejo, coa axuda de Casimiro Torres e Julio Feo.

Inclúe preto de 300 notas aclaratorias e prácticos índices de persoas e lugares.

Un tesouro, en fin, imprescindible para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.

EL ÚLTIMO AMANTE DE MARILYN

19,60 
A historia aínda non fora contada por completo. Ata agora. Sucedeu en México. Hai medio século…

Formato: 264 pp. 14×21 cm
ISBN: 978-84-89323-78-0

 

O xornalista Xavier Navaza (Lalín, 1948) reconstrúe os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños. Coma se se tratase dunha daquelas impactantes reportaxes que Navaza elaboraba para as revistas Interviú ou La Calle nos anos 70 e 80, El último amante de Marilyn ten todos os ingredientes dunha potente crónica xornalística mais tamén os atractivos dunha grande novela.

E vai máis alá de Marilyn. Fuxe do mito e regresa constantemente a el, nunha trama de historias entrelazadas. Aparecen Luis Buñuel, Richard Nixon, Al Capone, Jean Leon, o Che Guevara, Fidel Castro… Ao seu carón, seres anónimos —emigrantes e exiliados galegos e españois— engaiolados polos neóns daquel gran “soño” americano.

El último amante de Marilyn inclúe fotografías moi poco conocidas de Marilyn Monroe con José Bolaños ou cos irmáns Kennedy; imaxe de Luis Buñuel, Richard Nixon, Jean Leon, Fidel Castro, o Che Guevara, Carlos Velo ou Juan Rulfo.

HIMNOS Y CÁNTICOS

3,00 
FERMOSO TRABALLO LITÚRXICO-MUSICAL

Páxinas: 70
Lingua: castelán
Colección: En Clave de Fa
Ano 1ª edición: 2004
ISBN: 84–85311–19-1

 

Himnos y Cánticos é un traballo litúrxico-musical para a celebración da Liturxia das Horas. Sor Carmen musicaliza os Himnos propios do Oficio da congregación de relixiosas Pasionistas, himnos á Paixón do Señor e á Santísima Virxe, e tamén diversos Cánticos. Na carta de presentación da obra, Fr. Carlos A. Azpiroz Costa, Maestro da Orde de Pasionistas, afirma que “Sor Carmen ha conseguido volcar toda su sensibilidad artística y su profundidad contemplativa en este trabajo”. A autora, pola súa banda, afirma na introducción que “musicalizar estos Himnos fue conectar en espíritu y en verdad con el Misterio de Jesús. Un escuchar constante la Palabra de Dios y dejarla emerger envuelta en sonidos que descansan y reposan en el corazón”.

La música en el Seminario de Santiago

17,00 

Páxinas: 143
Medidas: 20×19 cm
Idioma: Castelán
Data publicación: Febreiro 2009
ISBN: 978-84-89323-27-8
Colección: En Clave de Fa
Encadernación: Cosida. Capa branda plastificada con lapelas
Ilustracións: Reprodución fotográfica de varias das partituras do arquivo diocesano.

 

Este volume, co-editado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, presenta, por vez primeira, os fondos musicais da antiga biblioteca do Seminario Diocesano de Santiago, hoxe denominada Biblioteca de Estudos Teolóxicos de Galicia. Un completo inventario de todas as partituras conservadas (que abarca desde mediados do século XIX ata os anos sesenta da seguinte centuria) que se complementa cun interesante capítulo onde o autor detense nas distintas etapas vividas polo Seminario compostelán desde a súa creación, en outubro de 1829, e un apartado dedicado a profesorado, lexislación, veladas musicais e organización dos actos. Nomes como Xoán Montes, Pascual Veiga, Xosé Castro Chané, Xosé Pacheco ou Xosé e Ricardo Courtier aparecen á beira doutras figuras con apelidos tan ilustres como os Tomás L. de Vitoria, Francisco Guerreiro, Almandoz, De Benito, Sagastizábal, Perosi, Eslava, Ravanelo ou Urteaga. A obra inclúe a reprodución dalgunhas das partituras máis significativas, dende algunhas das máis antigas das conservadas, como é o caso da manuscrita Misa en Fa de Cándido Aguayo, de 1856. Con este rigoroso e documentado traballo, Fernández Places, músico e profesor de Violín, permítenos profundar no coñecemento da historia moderna da capital de Galicia. Por outra banda, dá un paso máis de face á elaboración desa historia pendente da música galega.


LUZ DORMIDA EN EL ESPEJO, LA

18,00 
Memorias de Diego Velázquez

Formato: 351 pp. 15,5×23,5 cms
ISBN: 978-84-89323-85-8

 

Por vez primera —y tres siglos y medio después de su muerte— “habla” Velázquez. El historiador gallego, y doctor en Historia del Arte, Francisco Singul ha emprendido la difícil tarea de reconstruir el relato de la vida del gran pintor sevillano.

Estas Memorias de Diego Velázquez, elaboradas con precisión de fuentes y una narración que fluye sobria y reveladora, nos aportan las claves de su pintura, el fondo íntimo de su pensamiento, y son un retrato fiel del siglo XVII español.

“Un análisis y una biografía de un pintor introvertido y celoso de su intimidad que ahora aparece tratado y estudiado de un modo creativo, nuevo y original”. VÍCTOR NIETO ALCAIDE (Prólogo).

FRAGMENTOS

• [Sevilla:] “Esa era la Sevilla de mi juventud, un mundo rutilante, vanidoso y lleno de piedad a un tiempo, empachado en el exceso portuario del llevar y el traer…”

• [Donde describe el proceso de creación de las Meninas:] “Estoy modelando a los personajes, perturbándolos incluso, reteniendo mi mano antes de dar en el lienzo finas capas de pintura desleída, con esa pincelada escueta, sobria o colorista, que aprendí de los venecianos y de mi señor Rubens”.

• [El fin de su affaire en Roma con Marta Montanini:] “Abracé a Marta, lloramos juntos y me fui a Módena; y de allí a Génova, donde a fines de mayo tomé el barco con Juan rumbo a Barcelona…”.

• [Reflexiona sobre su arte:] “Lo humano y su verdad es lo que más me importa en mi pintura; pero pintura al fin, no copia de lo real, pues gusto más de pintar lo que veo, a veces con la mirada interior; no lo que es, lo que en realidad existe”.

MÚSICA DE LA CATEDRAL DE MONDOÑEDO, LA

24,00 
Siglos XIV a XX

Nº páxinas: 782
Medidas: 15 x 21
ISBN: 84-89323-09-7
Ano 1ª edición: 1996
Encadernación: tapa branda plastificada
Idioma: castelán

 

Rigoroso e documentado estudo da historia de música na Catedral de Mondoñedo, desde o século XIV ata o XX, a cargo do investigador Enrique Cal Pardo. Esta voluminosa obra de 782 páxinas leva a cabo un repaso polo miúdo de todo tipo de datos, protagonistas e anécdotas ao longo de seiscentos anos de historia na cidade que foi unha das capitales do Antigo Reino de Galicia.

Siglos XIV a XX

SANTIAGO, 1858. As fotos máis antigas de Galicia

8,00 
Colección de 10 postais

Formato: 15×10 cms.
ISBN 978-84-89323-62-9

 

Un documento único. Dez imaxes de Santiago de Compostela datadas en 1858. Unha selección das fotografías máis antigas de Galicia. O seu autor foi o artista compostelán Andrés Cisneros, todo un precursor da fotografía española, hoxe inxustamente esquecido.
Parte destas imaxes integrarían un álbum de agasallo á raíña Isabel II, que en setembro daquel ano visitou Galicia. En 1858, a fotografía levaba pouco máis dunha década inventada, polo que esta serie, agora convertida en postais, sitúa a Santiago entre as cidades de Galicia e España pioneiras no cultivo dunha arte que revolucionaría a nosa forma de ver o mundo.

EXPOSICIÓN ITINERANTE CON 20 FOTOGRAFÍAS

Estas dez imaxes son unha parte da exposición itinerante que, con un total de vinte fotografías de 1858, inicia a súa andaina en Santiago de Compostela o día 1 de setembro de 2014. Durante todo o mes están expostas no Café Casino (rúa do Vilar, 35), posteriormente viaxarán por outros espazos da capital de Galicia (centros socioculturais de Fontiñas, o Ensanche, a Rocha e Conxo) e en 2015 por diferentes cidades e vilas do país.

SANTIAGO, CIUDAD DE ENCUENTROS Y PRESENCIAS

18,00 
Catorce historiadores da arte reflexionan sobre o patrimonio histórico de Compostela

Formato: 406 pp. 15,5×23,5 cms
ISBN: 978-84-89323-82-7

 

Este volume recolle as últimas investigacións sobre arte, patrimonio e historia da capital de Galicia do grupo “Iacobus” da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Está coordinado por Enrique Fernández Castiñeiras e Juan Manuel Monterroso Montero. A capital de Galicia é un universo de arte, patrimonio e historia. Este volume recolle os traballos de catorce recoñecidos historiadores da arte, integrantes do dinámico grupo de investigación “Iacobus” da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Son textos que penetran en aspectos inéditos do panorama artístico e monumental desta cidade. Penetran na escultura ou na arquitectura dos grandes monumentos de Santiago como a Catedral ou o Hostal dos Reis Católicos, viaxan polas artes plásticas da man de Dionisio Fierros ou Luís Seoane, evocan as orixes de Compostela, a tradición xacobea, o culto a san Pedro e san Paulo, ou as conexións de Santiago coa América hispana, entre outros temas. Novas liñas de investigación para afondar no coñecemento dunha Compostela que foi definida como “mar de pedra” e “dinamizadora de Occidente”.

SOLO RIVAS FONTÁN

24,00 
Memorias de un político lejos del rebaño

Formato 15,5 x 23,5 cms | 356 pp.
ISBN 978-84-16460-07-6

 

Un dos políticos imprescindibles para entender a historia recente de Pontevedra e tamén a Transición política en Galicia e España leva a cabo un exercicio de sinceridade abrumadora. “Un thriller que se lee de un trago”, afirma Manuel Jabois, autor do prólogo.

¿Quen é José Rivas Fontán? ¿O primeiro alcalde democrático de Pontevedra? ¿O líder sindical do movemento de mestres que acabou como deputado constituínte nas filas da UCD de Adolfo Suárez? ¿O primeiro secretario xeral da Xunta de Galicia? ¿O home que se enfrontou a Luciano Varela e sufriu un ‘via crucis’ xudicial? ¿O político que coñeceu a fondo a Mariano Rajoy, a Manuel Fraga, a Xosé Cuíña ou ao propio Suárez? ¿A vella gloria que se foi do PP dando un portazo? ¿Ou é tamén Pepiño da Gándara, aquel neno de Verducido? ¿Ou o pai que asistía impotente ao seu desfile xudicial no Telediario das tres? ¿O alcalde que plantou batalla ou o ser humano que notaba unha erosión interior abraiante e imparable?

Todas esas persoas conforman este José Rivas Fontán poliédrico, un protagonista imprescindible para entender non só a historia de Pontevedra, que corre paralela á súa, senón a dun país e a súa democracia; un retrato debuxado nunhas memorias que, sabiamente armadas polo xornalista Adrián Rodríguez, constitúen un exercicio de sinceridade abrumadora.

VIDA MUSICAL EN SANTIAGO, LA

24,00 
A FINALES DEL SIGLO XIX

A musicóloga María García leva a cabo un extenso e documentado estudo de máis de 400 páxinas sobre unha época moi pouco tratada pola bibliografía existente.

Idioma: Castelán
Data 1ª edición: Xaneiro de 2009
ISBN: 978-84-89323-26-1
Páxinas: 407
Medidas: 17×24 cms
Encadernación: cosida, con tapa branda plastificada e solapas

 

Tunas e concertinas, orfeóns e rondallas, funcións teatrais, compañías líricas, ópera, zarzuela, sociedades recreativas, verbenas, romarías, bailes, cafés-concerto, unha Banda Municipal en auxe… La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX transpórtanos a unha Compostela na que a música empeza a transcender os seus espazos habituais relixiosos –con epicentro na catedral e a súa Capela de Música– e ábrese a novas manifestacións máis laicas e urbanas ligadas a unha ideoloxía en auxe, o Rexionalismo. É a época da creación da Escola de Música da Sociedade Económica de Amigos do País, antecedente do actual Conservatorio Histórico de Santiago. A autora, María García Caballero, doutora en Musicoloxía, mergúllanos nun universo apenas tratado pola bibliografía especializada. Centenares de datos, anécdotas, cifras e nomes propios constitúen un vasto estudo que nos traslada aos costumes e formas de vida dun tempo convulso e histórico, o Santiago da Restauración.

XERARQUIZACIÓN, A

12,00 
Por que se pasa da esquerda á dereita

Nº páxinas: 106
Medidas: 13×20
ISBN: 84-89323-06-2
Encadernación: tapa branda
Idioma: galego

 

Hai homes serios e rigorosos que modifican o seu pensamento político ó longo da súa vida. Algúns pasan da extrema esquerda á extrema dereita, ou simplemente da ala moderada da esquerda á ala moderada da dereita. Outros comezan militando en organizacións fascistas e acaban defendendo os valores da esquerda. Esta obra presenta unha hipótese de por que se producen estes cambios.