Ofertas

70 AÑOS EN CLAVE DE FA

5,90 
AS MEMORIAS MUSICAIS DUN POLIFACÉTICO

Páxinas: 616
Lingua: castelán
Colección: Clave de Fa
Ano 1ª edición: 2001
ISBN: 978-84-89323-24-7

 

Enrique Alvarellos Iglesias, fundador desta editorial, narrou neste libro as súas memorias, dende as súas primeiras lembranzas nos anos da Guerra Civil vividos nunha aldea do municipio de Lalín, ata o ano 2001 tralo regreso dunha xira musical por Italia como director de coros. Alvarellos foi profesor de linguas clásicas, editor, impresor e, por riba de todas as súas facetas, músico e musicólogo. Estas memorias están presididas por ese amor á música, que vertebrou toda a súa vida. E nelas vanse alternando desde descricións da Galicia rural dos anos trinta e corenta, ata as fundacións das súas empresas (Academia Alvarellos, Alvarellos Editora, Reprografía Alvarellos) e o contexto persoal e socio-cultural no que todos estes feitos viron a luz. Entre a narración da historia persoal de Alvarellos Iglesias vanse intercalando datos e anécdotas da actualidade de Galicia, de España e do mundo que chamaron especialmente a atención do autor. Fotografías e documentos de época completan esta personal exposición dunha parte da historia recente de Galicia.

Páxinas: 616
Lingua: castelán
Colección: Clave de Fa
Ano 1ª edición: 2001
ISBN: 978-84-89323-24-7

ANTÍFONA DA REDENCIÓN

5,90 

Páxinas: 48
Lingua: galego
Medidas: 12 x 20 cms
Encadernación: rústica
Ano 1ª edición: 1977
ISBN: 84–85311-07-8

 

Trinta poemas do autor lugués Xavier Rodríguez Barrio (1954). A obra divídese en tres apartados: “Antífona de tempo e terra”, “Antífona do amor” e “Antifona da redención”, e comeza con estes versos: “(Eu falo coma cuspo! / eis que o único que teño sexan verbas, / e as verbas non se pudren: / caladamente acusan)”.

ARRAIANOS Nº VIII

3,00 

Novo número da revista. 200 páxinas onde máis de sesenta autores, fotógrafos e ilustradores reflexionan sobre as fronteiras. Inclúe fotos inéditas do desaparecido artista extremeño Antonio Covarsí.

 

Páxinas: 291
Medidas: 17×21 cm
Idioma: galego (e tamén portugués e castelán)
ISSN: 1698-9953
Encadernación: rústica plastificada e cosida a fío.

 

 

A revista Arraianos, dirixida por Aser Álvarez e coordinada por Suso Díaz, e promovida pola Asociación Arraianos, saca á luz un novo monográfico, o seu número VIII, titulado “Vivir na raia”. Participan nel máis de sesenta colaboradores entre escritores, fotógrafos e ilustradores. Nesta nova achega rescátase, así mesmo, parte da obra inédita do artista extremeño Antonio Covarsí (Badajoz, 1951-2006): as imaxes sobre a raia galaico-portuguesa, que van ilustrando os contidos deste número. Entre os colaboradores do número VIII de Arraianos figuran: Xosé Luís Méndez Ferrín, Santiago Lamas, Fermín Bouza, Álvaro Negro, Juan J. Moralejo, Baldo Ramos, Xavier Cordal, Franck Meyer, Mercedes Queixas, Miguel Dantas da Gama, Xulio Ríos, Samuel Solleiro, Alberto Lema, Nuria Araúxo ou Xerardo Pereiro. Poetas, narradores, ilustradores, antropólogos, etnógrafos, xestores do territorio… Todos eles abren unha fiestra á reflexión sobre o fenómeno das fronteiras. Extractamos algúns fragmentos do editorial: -Neste número falamos de barreiras, bordes, límites e fronteiras, pero tamén cruzamos pasos, pontes e poldrados. Percorremos a nosa raia e viaxamos até outras raias lonxanas deste mundo supostamente sen fronteiras. -Furamos polos subeiros dos lobos e dos contrabandistas que operan nas alfándegas difusas entre a vida e a morte, entre nós e os outros, entre a luz e a escuridade, entre o civilizado e o salvaxe. Imos na procura dese taoísmo que nos fai lembrar unha vez máis que é precisamente no límite onde sempre acontece todo o interesante. Porque para nós as fronteiras políticas nunca foron nin serán liñas divisorias trazadas sobre os mapas, senón raias, espazos porosos e permeables, onde non teñen cabida as barreiras artificiais que cada día ignoran as águias, os garraos e os lobos arraianos. -As fronteiras están na terra e nos mapas, pero máis aínda na mente de quen as constrúe e asume como propias. Moito se ten falado de cooperación transfronteiriza nos útimos anos pero vemos que entre Portugal e Galicia segue a haber aínda unha e mil raias, vellas feridas que aínda proen e que os sucesivos gobernos non souberon ou non puideron suturar coa agulla certeira do traballo en común.

BENITO VICETTO IÑORADO

5,90 

Páxinas: 205
Lingua: castelán
Medidas: 12 x 18,5 cms
Encadernación: rústica
Ano 1ª edición: 1978
ISBN: 84–85311-15-9

 

Biografía novelada do autor da Historia de Galicia (en sete tomos) coa que se pretende recuperar a súa figura, traxectoria e influencia nas xeracións posteriores como precursor do nacionalismo galego.

O libro inclúe varios apéndices con documentos curiosos relacionados con Benito Vicetto: por exemplo, un fragmento do discurso que, nos anos 20, pronunciou Antón Villar Ponte na RAG reivindicando a figura de Vicetto, ou o propio certificado de defunción do escritor ferrolán.

BOTEI CORENTA ANOS

5,90 
Novela curta autobiográfica

Páxinas: 92
Lingua: galego
Medidas: 12 x 20 cms
Encadernación: rústica
Conservación: perfecta
Ano 1ª edición: 1977
Ano 2ª edición: 1978
ISBN: 84–400-3164-5

 

Trátase do primeiro libro que saíu de Alvarellos Editora, no verán de 1977. Os exemplares que ofrecemos aquí pertencen á segunda edición, publicada ao ano seguinte, en 1978. Esta obra foi moi popular no seu tempo por estar impresa, ao igual que moitos outros títulos desta empresa daqueles anos, en “papel de estraza”, ese papel “da cor do pan centeo, que era o único que comiamos na posguerra”, como adoitaba explicar o seu autor e editor, Enrique Alvarellos Iglesias. Ricardo Carballo Calero, na reseña que lle dedicou a este volume no número 59 de Grial (xaneiro 1978) califíca a Botei corenta anos como “unha novela popular”, e afirma que “no estado actual das letras galegas fainos moitísima falla a novela popular. Esta escribiuse por unha persoa perfectamente coñecedora do mundo que descrebe, e capaz de transmitirnos con eficacia ese coñecemento. O autor ten cousas que contarnos e sabe contalas (…) Hai algo de novela picaresca nestes relatos da vida infantil e xuvenil que supón un sopro de frescura natural no ambiente dabondo enrarecido dos relatos galegos que pretenden emular a Kafka, Musil, Faulkner, Joyce, Beckett, Borges ou Cortázar”.

CEN ANACOS

5,90 

Con debuxos de Xesús Campos

 

Páxinas: 96
Lingua: galego
Ano 1ª edición: 1977
Medidas: 12 x 19 cms
Encadernación: rústica
Conservación: moi boa
ISBN: 84–85311-01-9

 

Terceiro dos títulos publicados por Alvarellos Editora en 1977 trala súa fundación no mes de maio dese ano. Trátase dunha escolma de cen poemas de temática satírico-picaresca onde o autor, Enrique Alvarellos, narra en verso historias cotiás, contos populares, experiencias persoais… Principia o libro cuns versos a modo de autorretrato do autor:

Meus avós foron de Ourense.
Meus pais son pontevedreses.
Eu xa nacín na Coruña
e a Lugo fun… e caseime…
Se podo ser máis galego
que mo diga a miña xente.

DEIXE QUE XA…

5,90 
DEZASETE CONTOS E TRES NOVELAS CURTAS

Páxinas: 206
Lingua: galego
Colección: Fascímiles
Ano edición príncipe: 1931
Ano edición facsímile: 1985
ISBN: 84–85311–62-0

 

Deixamos ao propio autor explicar o contido desta obra publicada orixinariamente en 1931 e que rescatamos en edición facsímile: “Consta el presente volumen de diecisiete cuentos y tres novelas cortas: Manzanos en despoblado, que no dudo será del agrado de los amigos del árbol; La señora Madrina¸ narración fantástica con algunos ribetes humorísticos, de marcada procedencia popular; y El secreto de la Condesa, novela dialogada”. Manuel Vidal emprega o castelán e o galego: “Hallándose el Gallego tan íntimamente compenetrado con nuestros sentimientos y costumbres regionales —escrebe o Prefacio—, es insustituible en las narraciones de carácter popular, que pierden toda su enjundia expresadas en otro idioma. Por eso he escrito en Lengua gallega todos los cuentos y los diálogos de las tres novelitas”.

DON PORRAZO

5,90 
Novela de costumes

POPULARÍSIMA NOVELA DO SEU TEMPO

Páxinas: 178
Lingua: castelán e galego
Colección: Fascímiles
Ano edición príncipe: 1909
Ano edición facsímile: 1985
ISBN: 84–85311–61-2

 

O autor, que adica esta edición —publicada orixinariamente en 1909— a Armando Cotarelo, traza na súa obra unha historia da súa bisbarra natal, Maceda, onde mostra o seu fondo coñecemento da xente labrega. Explica o propio Manuel Vidal no Limiar: “Esta narración no es otra cosa que la historia de mi cubierto de plato que siendo niño me contó un viejo pariente mío cierta noche de inverno al amor de la lumbre, en la villa de Maceda, una de las más famosa y florecientes de la provincia de Orense. Tal y como me la contó os la voy a contar, hasta el punto de que haré uso de la misma lengua que sus personajes hablaron, siempre que el caso lo requiera”.

ESPAÑA SAGRADA – ÍNDICE OBRA COMPLETA

9,90 

Páxinas: 361
Lingua: castelán
Colección: FACSÍMILES SÉCULO XVIII (Neste caso, o facsímile corresponde á segunda edición do Índice, publicado en Madrid en 1946).
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN: 84–89323-18-6

 

Práctico volume onde aparece a referencia de canto nome, topónimo u persoa son citados nos 52 volumes da España Sagrada. É, xa que logo, o método máis efectivo para manexarse rapidamente entre os volumes.

ESTATÍSTICA DESCRITIVA

5,90 
AS CLAVES DA ESTATÍSTICA

FICHA TÉCNICA
Páxinas: 232
Lingua: galego
Ano 1ª edición: 2000
ISBN: 84–89323–17-8

 

O mundo da información está hoxe ateigado de datos numéricos, estatísticas, gráficos… Todo semella medible. Coa súa Estatística descritiva, Cecilia Alvarellos Casas quere chegar non só aos especialistas na materia senón que os destinatarios son tamén todas aquelas persoas que sintan inquedanza polos temas estatísticos. Nesta obra atopamos, xunto a un apartado introdutorio referido á historia dos descubrimentos estatísticos, os mellores métodos para realizar unha mostraxe antes de artellar unha enquisa, os plantexamentos teóricos que levan a esas aplicacións, e a interpretación estatística dos datos e gráficos que se obteñen. Unha serie de cuestións e problemas propostos, coas súas correspondentes solucións, complementan este estudio, idóneo para ser utilizado como soporte docente nas aulas de Secundaria e de Bacharelato. Estatística descritiva é ademais un dos escasos libros desta materia elaborados en lingua galega.

HISTORIA DE LA MÚSICA ANTIGUA

5,90 
A MÚSICA EN GRECIA, ASIA E EXIPTO

Páxinas: 95
Lingua: castelán
Colección: Fascímiles Século XIX
Ano edición príncipe: 1891
Ano edición facsímile: 1980
ISBN: 84–85311–36-1
Traducción e notas: Manuel Valls y Merino

 

O autor proponse nesta obra “exponer, en la medida de lo posible, cuanto conozco sobre la música antigua; su nacimiento, cómo fue cultivada por los primeros pueblos civilizados y en qué condiciones la hallaron los pueblos bárbaros”.

Manuel Valls y Merino, tradutor e responsable da edición anotada de 1891 que rescatamos nesta publicación facsímile afirma que “el maestro Cesari ha tenido el privilegio de compendiar en muy pocas páginas lo más substancioso de cuanto se ha escrito acerca de la Historia de la Música antigua”. Cesari desenvolve o seu traballo dividíndoo en tres grandes apartados: a música en Grecia, Asia e Exipto.

HISTORIA DE PONTEVEDRA

5,90 

Páxinas: 360
Lingua: castelán
Ano 1ª edición: 1846
Ano edición facsímile: 1992
Medidas: 15,5 x 21,5 cms
Encadernación: rústica
Conservación: moi boa
ISBN: 84–85311-94-9

 

Edición facsímile da obra que en 1846 publicou por vez primeira o médico, alcalde de Pontevedra e Deputado Claudio González Zúñiga (Pontevedra, 1784-1857). Nela narra todos os feitos que foron configurando a historia desta cidade, “desde su fundación, por Teucro, hasta nuestros días”.

LOS JUDÍOS DE RIBADAVIA

5,90 
y Origen de las cuatro parroquias

Páxinas: 96
Lingua: castelán
Colección: Fascímiles
Ano edición príncipe: 1915
Ano edición facsimilar: 1981
ISBN: 84–85311–41-8

 

Inclúense neste volume dous traballos do autor publicados orixinariamente na Imprenta El Ribadaviense en 1914 e 1915 e rescatados agora conxuntamente en edición facsímile.

Por unha banda, a obra Los judíos de Ribadavia, onde se estuda a orixe e desenvolvemento deste colectivo na vila que é a capital da comarca do Ribeiro e onde se converva un singular e fermosísimo Barrio Xudeu, dos máis destacados de España.

Por outro lado, o traballo Origen y vicisitudes de las antiguas cuatro parroquias de la villa de Ribadavia, de sus dos conventos y de los hospitales de la misma (Ourense, 1914).

MATEMÁTICAS UNIVERSITARIAS – I

5,90 
AS MATEMÁTICAS HUMANIZADAS

Páxinas: 291
Lingua: castelán
Colección: Didáctica
Ano 1ª edición: 1991
ISBN: 84–85311–91-4

 

A autora recolle neste volume máis de quince anos de experiencia docente acadada ao longo dunha activa práctica tanto na ensinanza privada como na pública. Matemáticas Universitarias – I é unha obra tremendamente útil para calquera estudante de primeiro curso de facultade e tamén para os amantes das matemáticas, pois contén varios apéndices con exercicios lóxicos, xogos matemáticos, táboas, gráficas, etc. Cada un dos temas tratados leva incluída unha introdución teórica, seguida dun gran compendio de exercicios coa súa correspondente solución. É este un libro ameno que aporta, como peculiar engado, as biografías e feitos máis reseñables de “Nueve ilustres matemáticos gallegos”, dende Juan Díez a García- Rodeja.

MATEMÁTICAS UNIVERSITARIAS – I

5,90 

A autora recolle neste volume máis de quince anos de experiencia docente conseguida ao longo dunha activa práctica tanto no ensino privado como na pública. Matemáticas Universitarias – I é unha obra tremendamente útil para calquera estudante de primeiro curso de facultade e tamén para os amantes das matemáticas, pois contén varios apéndices con exercicios lóxicos, xogos matemáticos, táboas, gráficas, etc. Cada un dos temas tratados leva incluída unha introdución teórica, seguida dun gran compendio de exercicios coa súa correspondente solución. É leste un libro ameno que achega, como peculiar engadido, as biografías e feitos máis reseñables de “Nove ilustres matemáticos galegos”, desde Juan Díez a García- Rodeja.

OS SONS DA BRAÑA

5,90 
Poesía

Páxs: 97
Lingua: galego
Medidas: 14×21
Publicación 1ª edición: Novembro 2006
Ilustracións: o autor
ISBN-13: 978-84-89323-12-4
ISBN-10: 84-89323-12-7
Encuadernación: tapa branda plastificada, con lapelas.

 

Os sons da braña é un canto íntimo aos tempos idos evocado nunha paisaxe moi concreta e especial para o autor, a campiña luguesa. Na súa doble condición de pintor e escritor, Antonio Yebra de Ares constrúe un retrato apaixoado das xentes do lugar como personaxes dun mundo –o da vida no campo– que hoxe padeceu unha radical transformación. Son tipos humanos desubicados nesta sociedade tan distinta á que eles coñeceron e ollan con estrañeza o seu redor. Poemas como “O cego do violín”, “A morte na Campiña” ou o que dá título ao libro,”Os sons da braña”, representan un claro exemplo dese desaxuste entre o home de mediados do século XX e o mundo actual presidido pola globalización. En Os sons da braña hai tamén espazo á homenaxe a poetas admirados (“Lembranza a Manuel María”) ou á louvanza de territorios vitais irrenunciables (“A vila de Monterroso”, “Lembranzas do río Ulla”). Todas estas composicións –como sinala o psicopedagogo Díaz Escolante no Prólogo á obra– presentan así mesmo unha mirada profunda ao interior de Antonio Yebra. En total, medio cento de poemas escritos dende o cerne mesmo da terra amada.

PATRIMONIO NATURAL

5,90 

Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España

 

Autores: 26 coautores
Páxinas: 224
Ilustracións: 190 fotografías
Medidas: 23×22 cm
Idioma: castelán+inglés
Inclúe: DVD interactivo
Encadernación: cosido, capa branda plastificada, con lapelas.
Impresión: papel ecolóxico FSC.
Data de aparición: decembro, 2010
ISBN: 978-84-89323-63-6

 

AS CIDADES PATRIMONIO NUNHA VISIÓN INÉDITA A TRAVÉS DA SÚA NATUREZA O Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España (a través da súa Comisión de Medio Ambiente) e Alvarellos Editora publicamos esta obra titulada Patrimonio natural. Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, un volume de prestixio no que se traza —ao longo de 224 páxinas, con preto de 200 fotografías, e a participación de 26 recoñecidos escritores e fotógrafos— un percorrido inédito, literario e visual, polas trece cidades Patrimonio españolas: Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo. O libro, do que se realizou unha primeira edición de 11.000 exemplares para distribuír por toda España, está editado en castelán coa versión dos textos en inglés. Inclúe ademais un DVD interactivo mediante o que se pode acceder e gozar, dunha forma atractiva e multimedia, de todos os contidos da obra, e ampliar a información.

 

A PAISAXE OCULTA A obra ten como obxectivo descubrir esa “paisaxe oculta” de cada unha das trece cidades Patrimonio: o seu contorno natural. Máis alá dos monumentos e da arte, detense na flora e na fauna, os parques, os xardíns, as hortas, os patios, os ríos ou o litoral. Destinado tanto aos propios veciños como ao turista ou viaxeiro máis inquedo e sensible, este volume trata de potenciar esa riqueza natural tan pouco coñecida —e, moitas veces, valorada— dos nosos respectivos espazos urbáns. Coordinado polo editor e xornalista Henrique Alvarellos, o volumen está estructurado en trece capítulos, un por cidade. Cada un deles ten a personalidade do seu escritor e fotógrafo respectivos, todos eles bos coñecedores dos lugares que narran. Entre os primeros, poetas, científicos, novelistas, xornalistas, aventureiros… Dos fotógrafos: artistas e reporteiros que enfocaron esa otra visión dende novas perspectivas.

PENSAMENTO DE VICENTE RISCO

5,90 

Páxinas: 69
Lingua: bilingüe (galego/castelán)
Medidas: 12 x 18,5 cms
Encadernación: rústica
Ano 1ª edición: 1978
ISBN: 84–85311-12-4

 

Antón Risco (Allariz, 1926-Vigo 1998) repasa, nun ensaio breve mais dunha grande fondura e intensidade, o pensamento de seu pai: a súa carreira literaria, as súas complexidades, a súa relixiosidade… Preséntase na edición bilingüe (tradución ao galego a cargo de Enrique Alvarellos Iglesias) publicada en 1978.

REGLAS Y LEYES DEL REBESINO

5,90 

Páxinas: 155
Lingua: castelán
Colección: Facsímiles [ S XVIII-XX]
Ano edición príncipe: 1790
Ano edición facsímile: 1988
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN: 84–85311–73-6

 

Curioso e entretido tratado sobre un xogo de naipes moi popular na época, o Rebesino, onde gaña quen menos ten, e outros dous denominados Malilla e Cientos. Este facsímile de 155 páxinas está editado a todo luxo sobre a publicación orixinal de 1790 que leva por título Reglas y leyes que se han de observar en los juegos del Rebesino, Malilla y Cientos (En continuación a la colección general de todos los juegos permitidos: por un aficionado, autor del juego del Mediator). Esta obra foi publicada orixinariamente en Madrid por Manuel González.

XOGUEMOS COAS MATEMÁTICAS NA ESO

5,90 
A CARA LÚDICA DAS MATEMÁTICAS

Páxinas: 166
Lingua: galego
Colección: Didáctica
Ano 1ª edición: 1994
ISBN: 84–85311–97-3

 

Unha axuda inescusable para calquera ensinante de Matemáticas, ademais de ser un dos escasos libros desta materia editados en galego. Xoguemos coas matemáticas na ESO integra unha ducia de exercicios e actividades para realizar na aula, e deste xeito complementar e reforzar o aprendido.

A profesora Cecilia Alvarellos Casas, licenciada en Matemáticas e con máis de quince anos de exercicio da docencia (tanto pública como privada) desenvolve nesta obra a cara máis lúdica desta materia.

O nivel de dificultade dos exercicios está adaptado para os catro cursos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), e o profesor elixirá as actividades que máis lle conveñan para o curso que está a impartir. O ensinante tamén poderá escoller aquelas propostas que os alumnos farán de xeito individual ou ben en grupos para así fomentar a cooperación.