Oeste

¡Viva la libertad!

21,90 
La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la segunda República

Pp: 264. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-73-1

 

Fernando Barcia Veiras é unha das figuras máis destacadas do Santiago republicano, non obstante, o seu nome permaneceu ata o día de hoxe no esquecemento, incluso dos seus propios compañeiros. Presidiu a Asociación Socialista de Santiago dende 1931 ata o seu asasinato en 1938; mestre rural e presidente da Asociación de Traballadores do Ensino, desempeñou un papel fundamental durante os meses do goberno da Fronte Popular e na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. A súa relevancia política e o seu carácter levárono finalmente a presidir o Comité Executivo para a Defensa da República, encargado de organizar a resistencia ao golpe de estado de xullo de 1936.

Pp: 264. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-73-1

Esta obra rescata a súa figura e, coa axuda de fontes orais, arquivos familiares e militares, hemerotecas, etc., reconstrúe, a través da súa vida, a historia do Santiago republicano, as súas rúas e tendas, o seu bulicio e os seus protagonistas. Juan Jesús González, Jesús Parrado, Ramona Blanco, volven visitar estes lugares atopándose con sinistros personaxes como Otilia Ulbricht ou Víctor Muñoz. Unha reconstrución histórica que nos permite reflexionar sobre o significado e o alcance da represión franquista.

 

Este ensaio –que equilibra perfectamente o rigor documental e a claridade da exposición– enriquécese con máis de cincuenta imaxes e documentos –que inclúen as cartas de despedida de Fernando Barcia– e 17 ilustracións do pintor Alfonso Martínez. Inclúe, por fin, e por primeira vez, unha ruta completa polo Santiago republicano.

¿A qué altura está el cielo? [1ª edición en castelán]

18,50 

Formato: 13 x 23 cm. 130 pp.
ISBN: 978-84-16460-74-8

 

A obra divulgativa ¿A que altura está o ceo? (Alvarellos Editora, 2016), escrita polo Catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago, Jorge Mira, coa colaboración da escritora e enxeñeira María Canosa e ilustrada por Dani Padrón, alcanza a súa terceira edición ­–agora, ampliada e actualizada– en galego ao tempo que aparece publicada tamén esta primeira edición en castelán.

Ambas chegan avaladas co recoñecemento do prestixioso Premio Ciencia en Acción que recibiu esta obra en 2017 na modalidade de Mellor Material Didáctico de Ciencia.

Ademais, esta obra foi, en 2016, o 2º mellor ensaio galego do ano para as lectoras/es da revista Fervenzas Literarias e o 5º ensaio galego máis vendido tamén de 2016 segundo o Caderno da crítica

¿A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia. Este libro vainos dar a resposta a esta cuestión… e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o Universo.

Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?¿Cal é a idade do Universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o Universo se expande? ¿E a que v­elocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?…

Benvidas e benvidos a esta aventura

¡Boa viaxe espacial!

¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? 3ª edición

18,50 

3ª edición

 

13 x 23 cm. 130 pp.
ISBN 3ª edición:
978-84-16460-77-9

 

¿A que altura está o ceo? alcanza a súa terceira edición en galego ­–agora, ampliada e actualizada– ao tempo que aparece publicada tamén a primeira edición en castelán. Ambas chegan avaladas co recoñecemento do prestixioso Premio Ciencia en Acción que recibiu esta obra en 2017 na modalidade de Mellor Material Didáctico de Ciencia. Ademais, esta obra foi, en 2016, o 2º mellor ensaio galego do ano para as lectoras/es da revista Fervenzas Literarias e o 5º ensaio galego máis vendido tamén de 2016 segundo o Caderno da crítica.

 

A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia. Este libro vainos dar a resposta a esta cuestión… e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o Universo.

 

Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?¿Cal é a idade do Universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o Universo se expande? ¿E a que v­elocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?…

 

Benvidas e benvidos a esta aventura.

¡Boa viaxe espacial!

 

“Cantares gallegos”, hoxe

13,00 

Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro

 

Formato: 134 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-88-9

 

PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA ao Mellor Libro de Non Ficción do ano 2013

Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea. “O noso intento foi explicar a Rosalía e explicar os Cantares… desmusealizándoos”, afirma García Negro. “O feminismo ilustrado e sempre socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; o compromiso radical coas súas clases populares. A fórmula maxistral da escritora aliméntase destes mandatos”.

A BORDO DUN BARCO SEN LUCES

17,00 

O mundo poético de Luís Pimentel

 

ISBN: 978-84-89323-72-8
Páxinas: 171
Medidas: 13×23 cm
Idioma: galego
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición en Alvarellos Editora: novembro, 2011

 

Luz Pozo percorre neste ensaio o particular universo creativo do poeta lugués Luís Pimentel (1895-1958) —un dos seus guieiros literarios—. Esta obra foi publicada por vez primeira en 1990 e agora cobra nova vida na presente edición, corrixida e ampliada pola autora. Pozo Garza parte do poemario pimenteliano Barco sin luces, publicado postumamente en 1960 —logo de moitos intentos de edición por parte do autor— para achegarnos ao universo dun home en conflito, comprometido co seu tempo pero atormentado pola soidade, a anguria ante a morte e o desacougo existencial. O escritor e crítico literario Román Raña afirma no Limiar que «o lector ten nas súas mans un estudo cheo de poderosas iluminacións e profundidade de análise». Luz Pozo indaga na forma depurada, aparentemente sinxela de Pimentel, onde descobre tesouros de relevacións vivenciais. Mais, sobre todo, descobre a fórmula axial, ontolóxica e lingüística dunha fraxilidade da existencia, que afecta tanto ao poeta como ao seu emotivo, ferido e reservado universo.

ISBN: 978-84-89323-72-8
Páxinas: 171
Medidas: 13×23 cm
Idioma: galego
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición en Alvarellos Editora: novembro, 2011

Á PROCURA DA POESÍA

24,00 

VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA

 

Formato: 571 pp. 13 x 23 cms
ISBN: 978-84-89323-89-6

 

Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e da obra de Luz Pozo Garza, quizais a meirande figura das Letras galegas dos nosos días.O presente volume é a culminación dese inxente traballo: unha obra rica en datos, noticias, textos –moitos, absolutamente inéditos ou descoñecidos–, e opinións escritas pola propia Luz onde se sincera, a petición dos autores, sobre a súa obra literaria. O libro complétase cunha antoloxía da obra poética de Luz e tamén inclúe unha selección de fotografías e ilustracións como resumo gráfico de case un século de vida… á procura da Poesía.

ALUMBRADO PÚBLICO EN SANTIAGO, EL

15,00 

Unha historia de luces e sombras na vella Compostela.

 

Páxinas:138
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación: maio 2009
ISBN: 978-84-89323-29-2
Encadernación: rústica plastificada con lapelas
Ilustracións: Fotografías e documentos de época

 

A nova obra do investigador santiagués José Antonio Tojo Ramallo titúlase El alumbrado público en Santiago, un ensaio publicado conxuntamente por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago. Nel, Tojo Ramallo, quen xa é autor doutros tres libros de historia local, repasa dun xeito ameno e documentado, as orixes e desenvolvemento do sistema público de alumado, desde as súas orixes hai xustamente dous séculos:

Na protohistoria do alumado de Santiago sitúanse os coquines ou mullidores, personaxes que, ata o século XVIII, percorrían as rúas portando un facho e unha campaíña e rogando a voces o rezo dun Noso Pai polas ánimas do purgatorio e do Arcebispo Fonseca.

DOUSCENTOS ANOS DE LUCES E SOMBRAS

Logo chegaría o aceite. En 1809 instálase en Santiago o primeiro sistema de alumado público do que temos noticia. Pretendíase aumentar a seguridade nas rúas ante a invasión dos franceses. Os primeiros farois instaláronse ao redor de 1822, os chamados farois de reverbero, construídos por artesáns locais do latón e do ferro, e mantidos polos veedores.

“A NOITE ESTÁ VARRIDA DA TERRA”

Tras o aceite, o gas, e, finalmente, a revolución da luz eléctrica. Santiago foi a primeira cidade de España que probou ese novo invento coñecido como electricidade. Foi un 2 de abril de 1851, no claustro da Universidade. “A noite está varrida da terra”, exclamou unha das testemuñas daquel acontecemento. Pero aínda habería que esperar case medio século para ver chegar a luz eléctrica ás rúas máis céntricas.

Un breve pero rigoroso e ameno ensaio dunha época na que a cidade de Santiago foi entrando, aos poucos, niso que chamamos modernidade e progreso. Dous séculos de luces e sombras na vella Compostela.

» ver caderniño gráfico

CANITROT

14,00 

Cen anos de esquecemento

 

Formato: 156 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-87-2

 

Discípulo de Murguía e Valle-Inclán, amigo de Castelao, implicado no Rexionalismo e no movemento agrarista, escritor, pintor, ilustrador e promotor cultural, o humanista pontevedrés Prudencio Canitrot faleceu moi novo en Madrid nun mes de xaneiro de 1913. Dende aquela, a súa vida e obra ficaron no máis absoluto esquecemento. Malia ter sido tamén promotor de eventos como a primeira Exposición de Arte Regional Gallego (Madrid, 1912), fundador da Biblioteca de Escritores Gallegos (1910) ou corrector da obra completa de Rosalía de Castro, unha lousa inexplicable caeu sobre a súa figura dende o intre mesmo do seu pasamento: aquel día ao seu enterro só acudiron catro persoas (un irmán e tres amigos, entre eles, o escritor Antonio Rey Soto). Cen anos despois da súa desaparición, o crítico literario, investigador e xornalista Carlos Gegúndez López tenta reparar esta inxustiza. O presente volume é breve e intenso como foi a vida de Canitrot: Unha reveladora primeira parte rescata a súa figura en datos, fotografías e unha mostra da obra pictórica do protagonista; na segunda, Gegúndez escolle dez dos mellores relatos breves de Canitrot, o que nos brinda unha magnifica oportunidade de acceder por vez primeira, dende o seu pasamento, á obra literaria deste gran esquecido.

CARTAS DE UN CONDENADO A MUERTE

18,50 

Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto

 

Formato: 13 x23 cms. Páxs. 224
ISBN: 978-84-89323-91-9

 

**** 80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****

Un testemuño único, conmovedor, da guerra civil española. Trinta e catro cartas escritas, entre outubro de 1936 e xuño de 1937, nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra polo preso republicano galego José Mejuto Bernárdez (1905-1937). Custodiadas na Arxentina pola súa muller e a súa neta, e despositados os orixinais dende 2015 na Real Academia Galega, ven agora a luz por vez primeira nunha edición ao coidado de Olivia Rodríguez que cuenta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero y da propia neta de José Mejuto, Ana Paula Mejuto.

«La sencilla historia de este obrero gallego, culpable de nada, es la historia de España, condenada a cuarenta años de miedo y casi cuarenta años de amnesia».

EDUARDO GALEANO

«Estas cartas, como un tesoro inestimable, recogen el ser de mi abuelo, sus últimas sonrisas, sus últimas palabras que lo rescatan del dominio de la muerte injusta. Hablan por todos los seres humanos que sufrieron el mismo destino. Sobre cada uno de los fusilados reposa un universo». 
ANA PAULA MEJUTO

«Las cartas de José Mejuto Bernárdez son una página antológica de la epistolografía de los condenados a muerte de la Guerra Civil Española. Una obra, por otra parte, que debería ser libro de texto, en los institutos, en las clases de Historia, de Ética y de Literatura».
XESÚS ALONSO MONTERO

CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN

5,90 

CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970

 

Páxinas: 400
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: castelán
ISBN: 978-84-89323-70-4
Encadernación: rústica con lapelas
Ilustracións: 24 fotografías
Data de publicación 1ª edición: Xullo, 2011

 

A investigadora e actriz Alejandra Juno publica CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN. CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970, un ensaio repleto de anécdotas, abundante e rigorosa documentación e moito sentido do humor. A obra alcanza as 400 páxinas, inclúe fotografías da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes. CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN reúne todos os elementos que converten unha crónica nun texto cativador e mais en espello de toda unha época. Esta obra, chea de anécdotas e fino sentido do humor, recupera para a lembranza unha época magnífica da arte dramática en Galicia: a primeira década da Compañía Ditea (Difusión de Teatro), un grupo que decidiu a vocación de moitos dos que actualmente ocupan os escenarios galegos e también españois. Polas 400 páxinas deste volume discorren personaxes inesquecibles do Santiago daquela. Compostela na súa esencia máis auténtica nuns anos nos que tantas cousas ían cambiar radicalmente. Alejandra Juno debuxa unha cidade que sabe rir e rir ben, consciente do grande teatro que é o mundo. A obra conta cun limiar de Xerardo Estévez e presentación de Juan Jesús Gestal. Finalmente, inclúe numerosas ilustracións da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes.

EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS DE GARCÍA LORCA

22,50 

Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural de 1916 por Castela, Galicia e León

 

336 pp | 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-35-9

 

No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e propoñerse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –con o seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada, publicada por Alvarellos Editora, que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luís Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta.

Un libro de viaxes moi especial; tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

CENTENARIO DE IMPRESIÓNS E PAISAXES (1918)

Alvarellos Editora publica esta obra coincidindo co centenario da edición do primeiro libro de Federico García Lorca (Impresións e paisaxes, Selecta, abril de 1918) e os 120 anos do nacemento do poeta. Unha edición anotada e ilustrada con 35 fotografías e documentos de época, ao coidado do editor e escritor Henrique Alvarellos.

O volume inclúe, por unha banda, o relato da viaxe narrada, durante a propia excursión cultural, polo compañeiro de Lorca, Luís Mariscal, que anota, en cada parada, datos precisos e reflexións sobre a paisaxe e as xentes. Un documento excepcional, nunca publicado en libro íntegro ata hoxe.

A VISIÓN DIRECTA E ÍNTIMA DE FEDERICO

Doutra banda, contamos coa visión directa e íntima de García Lorca. Reunimos as súas cartas, plenas de entusiasmo; as súas primeiras prosas, que destilan emoción e fondura crítica, ademais de importantes fragmentos daquel primeiro libro, Impresións e paisaxes e outros textos seus referentes á viaxe.

O xornalista granadino e investigador Juan Luís Tapia traza un interesante perfil biográfico de Luís Marisal, mentres que a doutora en historia da arte, Carla Fernández, ocúpase das notas histórico-artísticas da narración do compañeiro de Lorca.

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

[Este libro recibiu unha axuda á edición de o Ministerio de Cultura e Deporte]

ENCUESTA MUNDIAL SOBRE LA LENGUA Y LA CULTURA GALLEGAS

5,90 

PÁXINAS: 272
Medidas: 13×23 cm
Idioma: Castelán con introdución en galego
Data publicación: Decembro 2008
ISBN: 978-84-89323-25-4
Encadernación: Capa dura

 

Trátase dunha edición facsimilar que inclúe un novo e amplo estudo introdutorio por parte do autor. Na obra, trinta e seis intelectuais extragalegos responden ao profesor sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias. Participan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu Unha das obras fundacionais da Sociolingüística no noso país, esta Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas foi publicada por vez primeira en 1974 e hai ben anos que desapareceu das librarías. Era preciso recuperala. A edición que presentamos é facsimilar e inclúe un novo e amplo estudo a cargo do seu autor, Xesús Alonso Montero. Trinta e seis intelectuais extragalegos (entre os que se atopan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu) responden ao profesor Alonso Montero, que os “provoca a emitir unha opinión” sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias nun mundo no que a globalización exergaba xa os seus primeiros e demoledores trazos. Sorprenderá hoxe a vixencia de moitos dos argumentos aquí recollidos. O autor abre o debate por todos os seus recantos: democracia e linguas nacionais, lingua e escola, lingua e medios de comunicación, uniformidade lingüística e unidade política, lingua como fenómeno de clase… No limiar a esta nova edición, afirma: “Á altura da miña vida non é desaxeitado reeditar páxinas escritas ou suscitadas en momentos politicamente tan difíciles. os lletraferits de hoxe, os letraferidos novos, disporán, cando menos, dun documento histórico”.

Eugenio Granell: regreso de un surrealista exiliado

23,90 
Violeta González Forte

 

416 pp . 15,5 x 23,5 cms.
ISBN 978-84-16460-89-2

 

Vinculado ao surrealismo desde os seus comezos pictóricos no exilio, o nome de Eugenio F. Granell (A Coruña, 1912-Madrid, 2001) forma hoxe parte da historia da arte española do século XX, e a súa obra está representada nas mellores coleccións artísticas do país. Pero esta realidade contrasta co enorme descoñecemento que o artista sufriu, durante décadas, na súa propia terra. A pesar dos premios e recoñecementos que -nos anos 50 e 60 do século pasado- recibiu no estranxeiro, a existencia de Eugenio Granell en España pasou desapercibida incluso despois do seu regreso en 1985.

Este libro céntrase precisamente nas circunstancias e vicisitudes vitais deste regreso do exilio. Leremos, ao comezo, cartas cheas de desacougo, grandes dúbidas e amargura, xa que o retorno implicaba soportar un país cuxa ditadura parecía interminable. Despois descubriremos eses firmes apoios que, desde finais do franquismo, comezaron a reivindicar a súa figura (primeiro, Isaac Díaz Pardo, e xa nos oitenta, César A. Molina, entre outros). Un esforzo que culminou en 1995 co nacemento da Fundación Eugenio Granell en Compostela, cidade onde vivira os anos indeleble da súa infancia e mocidade.

Estamos ante un traballo rigoroso, profundamente documentado, entretido e ilustrado con oitenta fotografías e reproducións das súas obras máis significativas de todo este período.

FALANDO CLARO

15,00 

A HISTORIA DO ANARQUISTA CLARO SENDÓN

 

150 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-89323-94-0

 

**** 80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****

Pepe Sendón, (Lira, 1964) rescata a figura do anarquista de Louro (Muros, A Coruña) Claro José Sendón Lamela (1897 -1937), unha das figuras políticas máis destacadas do anarquismo galego. Falando Claro é unha obra de divulgación histórica froito dunha longa investigación que comezou cando o autor descubriu, nunha enciclopedia, un breve perfil biográfico de Claro Sendón escrito polo historiador Dionisio Pereira. A partir dese momento iniciou unha procura tratando de seguir o rastro dunha vida trepidante e localizar unha produción escrita dispersa e difícil de encontrar.

O resultado desa procura publícase agora nun libro que é a reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do protagonista.

Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en castelán]

19,80 

Pp: 204. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-91-5

 

Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles.

Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira
ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela.

FASCINADO POR COMPOSTELA

Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.

Este libro é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.
En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.

UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES

O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita…). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.

Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en galego]

19,80 

Pp.: 204. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-87-8

 

Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles. Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.

Este libro, Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), escrito por Henrique Alvarellos, é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.

En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.

UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES

O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita…). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.

FERNANDO ALSINA E O SEU ‘DIARIO DE GUERRA’

22,00 

[Segunda edición ampliada]

 

322 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-89323-81-0

 

**** 80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****

Fernando Alsina González foi un destacado cirurxián na Compostela da primeira metade do século XX. Fundador do Sanatorio San Lorenzo (1920), alcalde de Santiago por un ano (1929), sería un dos asinantes en 1933 do famoso manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia. Foi, ademais, consogro do escritor Ramón del Valle-Inclán.

Entre setembro de 1936 e febreiro de 1937 estivo en diferentes puntos da fronte de guerra no bando franquista, nos que exerceu labores cirúrxicas. E deixou escrito un detallado diario que agora, oitenta anos despois, ve por fin a luz.

A recuperación deste documento —na que participaron activamente tres dos netos do doutor Alsina: Fernando López Alsina, Xaquín del Valle-Inclán Alsina e seu irmán Pancho— é todo un exercicio de memoria histórica. Da memoria dun home conservador, católico, que apoiaba a Franco, pero cuxa peripecia persoal está chea de matices, de afinidades galeguistas, e de complexos episodios profesionais e persoais.

O especialista Ricardo Gurriarán busca as claves do seu comportamento a través dunha reveladora biografía, ao tempo que analiza a fondo este Diario de guerra. O índice onomástico –con máis de 500 referencias– deste volume, así como as preto de cen fotografías e documentos da época, inéditos, que aquí se recollen (incluídos os do seu ano como alcalde), dan conta da envergadura desta obra.

SEGUNDA EDICIÓN AMPLIADA (DECEMBRO 2016)

Un ano despois da publicación da primeira edición (outono, 2015) abordamos en decembro de 2016 esta segunda, corrixida e ampliada. Nela incorpóranse imaxes e documentos inéditos de José Modesto Isaac Devesa Areosa, “Pepiño Areosa“, o home cuxo rostro nunca antes se vira. O seu corpo sen vida apareceu en Cacheiras (Teo) a carón do excalcalde de Santiago, Ánxel Casal, asasinados os dous aquel 19 de agosto de 1936. Sería precisamente Fernando Alsina quen levantase o cadáver da Areosa.

GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO

17,00 

La edición clandestina de 1938

 

Formato: 13×23 cms 281 pp.
ISBN: 978-84-89323-21-6
Lingua: castelán
Medidas: 13,5 X 23
Edición príncipe: 1938
1ª edición en Alvarellos Editora: 2005
2ª edición en Alvarellos Editora: 2017
Material complementario: Limiar e edición anotada por Carlos Fernández Santander. Tres Apéndices: “Otros escenarios: Lalín, Lugo y Ourense”, por Enrique Alvarellos Iglesias; “Falangistas coruñeses del año 38”, por Carlos Fernández, e Índice completo de nomes.

 

80 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA EDICIÓN DE 1938

Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sofriu. Galicia bajo la bota de Franco apareceu por primeira vez en castelán e francés en 1938 en Buenos Aires e París.

Unha crúa reportaxe periodística de autores anónimos onde se descrebe, con feroz realismo, o día a día en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán, Tui… nas tráxicas xornadas que seguiron ao golpe de Estado do xeneral Franco.

ALVARELLOS EDITORA reedita unha obra tan dura nos seus contidos como fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que endexamais poden volver a repetirse.

A presente edición conta cun Limiar e notas ao texto a cargo do historiador Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944), autor dunha das biografías máis completas sobre Franco e de máis de trinta libros sobre a guerra civil española e as catro décadas de dictadura que a seguiron. Ademais deste estudo de Fernández Santander, a presente edición complétase con tres Apéndices onde se narran outros escenarios da represión franquista en Galicia non recollidos no libro (a comarca do Deza, Lugo ou Ourense), apórtase un listado de falanxistas coruñeses de 1938, e un práctico índice cos centos de nomes de víctimas e verdugos que aparecen citados ao longo das case 300 páxinas desta reveladora edición. Fernández Santander cita, no seu prólogo, a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores de Galicia bajo la bota de Franco “un libro –di– que tuvo en su momento una gran difusión, pues se publicó tanto en castellano como en francés, y por varias editoras”.

UNHA NARRACIÓN VIBRANTE, ÉPICA E DE DENUNCIA ANTE EUROPA

Carlos Fernández define este libro como un instant-book da época, cun estilo “vibrante, ágil, combatiente, en ocasiones épico, donde se cita sin ningún reparo nombres de víctimas y represores, con una narración clara y periodística y un propósito bien claro: denunciar al mundo lo que está ocurriendo en Galicia, donde sólo en cinco meses de 1936, de agosto a diciembre, varios miles de personas habían sido fusiladas, o asesinadas –que para el caso era lo mismo– sin más ‘delito’ que profesar unas ideas o ser autoridad, en mayor o menor grado, de un Gobierno que había ganado las últimas elecciones generales, en febrero de 1936, de forma democrática”.

GALLEIRA PASSPORT

19,00 

CRÓNICAS VIAXEIRAS DO SÉCULO XXI

 

Formato: 243 pp. 13 x 23 cms
ISBN: 978-84-89323-57-5

 

Relatos de viaxes con historias que atrapan dende o primeiro intre. Galleira é Galicia na xerga gremial dos afiadores, o irónico e mundial barallete. O termo serviulle de alicerce a Luís Menéndez, xornalista ambulante,  para ganduxar tres inesquecibles travesías polas realidades multiculturais de 26 países.  Desde Irlanda a Bretaña, desde Estonia a Chipre, de Brasil e Timor-Leste ata Mozambique.

Con Limiar de Manuel Rivas e ilustrado con fotografías das mellores travesías.

Do autor das series documentais da Televisión de GaliciaTerras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá. Inclúe un código “QR” con acceso directo á series da TVG que orixinaron estas viaxes.

Gañar a vida cruzando a Raia

19,50 

Emigración gallega a Portugal (siglos XVI-XIX)

Pp: 353. Formato: 15,5 cms x 23 cms. ISBN 978-84-16460-95-3

 

Este volume reúne nove estudos de prestixiosos especialistas luso-galaicos que participaron, durante os días 17 e 18 de outubro de 2019, no seminario Gañar a vida; salvar a Vida; traballadores e exiliados galegos en Portugal (XVII-XIX), organizado polo Grupo de Investigación de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta obra recóllese a experiencia de máis de catro décadas de investigación en común sobre a migración galega a Portugal, ao mesmo tempo que se trazan futuras liñas de traballo sobre a mobilidade das xentes do Noroeste.

LA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE DIEGO DE GUZMÁN

20,00 

DIARIO INÉDITO DE 1610

 

Formato: 291 pp. 13×23 cms
ISBN 978-84-89323-92-6

 

Despois de catrocentos anos inédito, ve a luz na nosa Colección Oeste o diario manuscrito do peregrino Diego de Guzmán, que visitou Santiago de Compostela no outono de 1610. Un documento único descuberto na Real Academia de la Historia polo investigador da Universidade de Santiago Julio Vázquez Castro. Este profesor realiza para esta edición un estudo rigoroso, revelador e ilustrado dun relato de viaxes de enorme interese para todo o mundo xacobeo e para a historia dunha cidade que, custodiando un sepulcro santo, transformaría Europa.

LA SAGA COURTIER EN GALICIA

15,00 

La evolución del músico decimonónico

 

Formato: 223 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-49-0
(Rústica con lapelas)

 

O labor musical da familia Courtier foi intenso e trascendental na cidade de Santiago de Compostela e en toda Galicia ao longo do século XIX. Este ensaio de Beatriz e Alberto Cancela Montes afonda na aportación desta saga de músicos —Juan, Hilario, José e Ricardo— na modernización e popularización da música do seu tempo.
La saga Courtier en Galicia é un traballo serio e global. Amplamente documentado e ilustrado. Foi recoñecido cunha “Mención especial” no 2º Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, que promove a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Con Limiar do expresidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor.

LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO

22,00 

Outra historia do galeguismo, distinta á oficial

 

Formato: 633 pp. 20 x 19 cms
ISBN: 978-84-89323-53-7

 

Este volume recupera a figura esquecida de Leandro Carré Alvarellos (A Coruña, 1888-1976)  e a inxente labor cultural do galeguismo coruñés, dende o século XIX ata o período democrático.

A obra estuda a súa produción atendendo aos diferentes xéneros literarios, integrando de xeito cronolóxico a obra editada e a inédita. Ao tempo considérase o contexto sociolóxico de cando foi creada e a recepción de crítica e público.

O autor fixo un seguimento da crítica na prensa ou noutras fontes que puidesen achegar datos, co fin de encadrar o estudo das obras nun marco de análise sociolóxica, interdisciplinar e coa teoría literaria máis acaída.

UNHA REVISIÓN DA CULTURA GALEGA DENDE O SÉCULO XIX

Do mesmo xeito, tratouse a extensa obra ensaística deste polígrafo con vocación de activista cultural. Detívose na investigación da literatura popular, da etnografía, do folclore, as tradicións, as lendas ou a mitoloxía galega. Amais  da reivindicación cultural ou lingüística; outra actividade importante foi o labor institucional. Alén disto está o servizo de Carré Alvarellos á filoloxía galega, un eido ao que dedicou esforzos e contributos desde a primeira década do século XX até o derradeiro artigo que escribiu.

En Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso Xosé Manuel Maceira Fernández revisa a historia literaria e cultural desde o século XIX, á luz dos contributos do grupo coruñés, un colectivo que construíu un relato galeguista enfrontado coa proposta oficial.

MARÍA VINYALS, A MULLER DO PORVIR [Edición en gallego]

20,00 

Sete vidas baixo a sombra dun castelo

 

Formato: 23,5 x 15,5 cms, 248 pp.
ISBN galego 978-84-16460-70-0

 

Esta obra é o resultado dunha profunda e rigorosa investigación, con numeroso material inédito (documental, gráfico e de testemuñas orais), sobre a apaixonante historia vital de María Vinyals y Ferrés, nacida en 1875 no Castelo de Soutomaior (Pontevedra).

María Vinyals medrou no seo dunha familia acomodada, acumulou intensas experiencias e acabou converténdose nunha prolixa escritora, unha pioneira do feminismo e unha muller preocupada pola sociedade que a rodeaba.

Na súa vida privada rebelaríase contra o desencanto dun matrimonio desgraciado. Co seu segundo marido –o médico cubano Enrique Lluria–, compartiría ideais políticos e sociais, e xuntos chegarían a fundar, en 1910, un gran sanatorio, no vello teatro do propio Castelo de Soutomaior. Fixaron aquí a súa residencia xunto aos seus cinco fillos; catro procedían de matrimonios precedentes.

En 1917, afogados polas débedas e marxinados polos seus ideais políticos, María Vinyals e Enrique Lluria abandonarían para sempre o Castelo de Soutomaior. Foi entón cando os seus camiños, e os dos seus fillos Antonio, Enrique, Emilia, María Teresa y Roger, tomarían diferentes rumbos e nunca volverían a atoparse.

O presente ensaio histórico (publicado en tres idiomas: galego, castelán e inglés) repasa estas sete vidas que medraron baixo a sombra dun castelo. Desde esta impresionante fortaleza medieval, que hoxe é patrimonio público, propiedade da Deputación de Pontevedra, Diego Piay viaxa máis alá dos seus límites e das súas ameas, máis alá de Pontevedra, Galicia… ou Europa.

Esta historia xestouse tras as robustas murallas do castelo e agora, moitos anos despois, regresa ao lugar onde todo comezou.

MARÍA VINYALS, LA MUJER DEL PORVENIR [Edición en castelán]

20,00 

Siete vidas bajo la sombra de un castillo

 

 

Formato: 23,5 x 15,5 cms, 248 pp.
ISBN castelán 978-84-16460-69-4

 

Esta obra é o resultado dunha profunda e rigorosa investigación, con numeroso material inédito (documental, gráfico e de testemuñas orais), sobre a apaixonante historia vital de María Vinyals y Ferrés, nacida en 1875 no Castelo de Soutomaior (Pontevedra).

María Vinyals medrou no seo dunha familia acomodada, acumulou intensas experiencias e acabou converténdose nunha prolixa escritora, unha pioneira do feminismo e unha muller preocupada pola sociedade que a rodeaba.

Na súa vida privada rebelaríase contra o desencanto dun matrimonio desgraciado. Co seu segundo marido –o médico cubano Enrique Lluria–, compartiría ideais políticos e sociais, e xuntos chegarían a fundar, en 1910, un gran sanatorio, no vello teatro do propio Castelo de Soutomaior. Fixaron aquí a súa residencia xunto aos seus cinco fillos; catro procedían de matrimonios precedentes.

En 1917, afogados polas débedas e marxinados polos seus ideais políticos, María Vinyals e Enrique Lluria abandonarían para sempre o Castelo de Soutomaior. Foi entón cando os seus camiños, e os dos seus fillos Antonio, Enrique, Emilia, María Teresa y Roger, tomarían diferentes rumbos e nunca volverían a atoparse.

O presente ensaio histórico (publicado en tres idiomas: galego, castelán e inglés) repasa estas sete vidas que medraron baixo a sombra dun castelo. Desde esta impresionante fortaleza medieval, que hoxe é patrimonio público, propiedade da Deputación de Pontevedra, Diego Piay viaxa máis alá dos seus límites e das súas ameas, máis alá de Pontevedra, Galicia… ou Europa.

Esta historia xestouse tras as robustas murallas do castelo e agora, moitos anos despois, regresa ao lugar onde todo comezou.

María Vinyals, the woman of the future [Edición en inglés] (Coming soon)

20,00 

Seven lives under the shadow of a castle

 

Formato: 23,5 x 15,5 cms, 248 pp.
ISBN inglés 978-84-16460-71-7

 

Esta obra é o resultado dunha profunda e rigorosa investigación, con numeroso material inédito (documental, gráfico e de testemuñas orais), sobre a apaixonante historia vital de María Vinyals y Ferrés, nacida en 1875 no Castelo de Soutomaior (Pontevedra).

María Vinyals medrou no seo dunha familia acomodada, acumulou intensas experiencias e acabou converténdose nunha prolixa escritora, unha pioneira do feminismo e unha muller preocupada pola sociedade que a rodeaba.

Na súa vida privada rebelaríase contra o desencanto dun matrimonio desgraciado. Co seu segundo marido –o médico cubano Enrique Lluria–, compartiría ideais políticos e sociais, e xuntos chegarían a fundar, en 1910, un gran sanatorio, no vello teatro do propio Castelo de Soutomaior. Fixaron aquí a súa residencia xunto aos seus cinco fillos; catro procedían de matrimonios precedentes.

En 1917, afogados polas débedas e marxinados polos seus ideais políticos, María Vinyals e Enrique Lluria abandonarían para sempre o Castelo de Soutomaior. Foi entón cando os seus camiños, e os dos seus fillos Antonio, Enrique, Emilia, María Teresa y Roger, tomarían diferentes rumbos e nunca volverían a atoparse.

O presente ensaio histórico (publicado en tres idiomas: galego, castelán e inglés) repasa estas sete vidas que medraron baixo a sombra dun castelo. Desde esta impresionante fortaleza medieval, que hoxe é patrimonio público, propiedade da Deputación de Pontevedra, Diego Piay viaxa máis alá dos seus límites e das súas ameas, máis alá de Pontevedra, Galicia… ou Europa.

Esta historia xestouse tras as robustas murallas do castelo e agora, moitos anos despois, regresa ao lugar onde todo comezou.

Memorias dun loitador antifranquista

22,50 

Entrevistado por Antón Santamarina. Edición de Anahí Almasia e Mariela Sánchez

 

412 pp . 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-44-1

 

En 1998, David Álvarez Carballido (A Fonsagrada-Lugo, 1922-2017), concedeu unha longa entrevista ao filólogo e paisano seu Antón Santamarina. Foi durante varios días de agosto, na aldea común de ambos de San Martín de Suarna.

Dúas décadas despois, este documento único ve por fin a luz, as Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido, publicado por Alvarellos Editora na súa colección Oeste.

Foi preciso un fondo traballo de edición para organizar o valioso material custodiado por Santamarina. A psicóloga e escritora Anahí Almasia (sobriña de David) e a doutora e especialista en memoria histórica Mariela Sánchez puxéronse a traballar arreo dende a súa cidade de Bos Aires. Había que converter aquelas horas de conversa nun volume revelador. David posuía una fina e poderosa memoria e o resultado queda á vista nestas páxinas.

É o testemuño valoroso e honesto dun incansable loitador antifranquista. Dun comunista que fuxiu dende Galicia a Bos Aires en 1948 para non regresar ao país ata 1962, e ser detido e torturado en Vigo pouco despois, cando denunciaba o fusilamento de Julián Grimau. Fiel ata o final dos seus días, aínda en 2014, con 92 anos, acudía ao consulado Arxentino a interpor a súa denuncia na Querela daquel país contra os crimes do franquismo.

“Poucos libros memorialísticos, de militantes antifranquistas, teñen a naturalidade, a frescura e o xeito destas memorias”.
Xesús Alonso Montero, autor do Prólogo.

“O que digo aquí é soamente para que non quede esquecido. Todo o que sabemos daquel terror que invadiu España, que se coñeza”.
David Álvarez Carballido

Entrevistado por Antón Santamarina. Edición de Anahí Almasia e Mariela Sánchez

MIGRACIONES Y SANIDAD

21,00 

ANTIGUOS Y NUEVOS DESAFÍOS

 

292 pp | 23,5 x 15 cms
ISBN 978-84-16460-25-0

 

OBRA COLECTIVA ONDE PARTICIPAN:

Julio Hernández Borge
Domingo L. González Lopo
Juan Jesús Gestal Otero
Manuel Barreiro de Acosta
Elena Rego Romero
Cristina Márquez Riveras
José Antonio Taboada Rodríguez
Luisa Fernanda Peleteiro Pensado
Alexandre García Caballero
Ana Torres Prieto
Maria Antónia Lopes
Alexandra Esteves
Baudilio Barreiro Mallón

 

A saúde migratoria, como sinalou a Organización Internacional para as Migracións,  é un  campo especializado das ciencias sanitarias que trata tanto problemas de saúde individuais dos migradores, como os asuntos da saúde pública relacionados co desprazamento espacial das persoas.

A transmisión de enfermidades ao longo da historia da humanidade estivo moi relacionada coas migracións humanas, que causaron en determinadas épocas verdadeiras hecatombes. Pero as migracións tamén levan contribuído á propagación de remedios para combater moitos males.

Nun mundo globalizado coma o de hoxe, con medios de transporte que permiten unir os puntos máis extremos da superficie terrestre nunhas horas, e cunha mobilidade de poboación moi intensa, as posibilidades de transmisión dunha enfermidade son moito maiores que no pasado. Por outra banda, tamén son máis eficaces e rápidos os medios disponibles. A difusión de vacinas, antibióticos e outro tipo de medicamentos está detrás da forte caída da mortalidade no mundo dende mediados do século XX.

Na presente obra recóllense unha serie de investigacións realizadas por médicos e historiadores que mostran diversos temas sobre a relación das migracións humanas co ámbito sanitario.

ANTIGUOS Y NUEVOS DESAFÍOS

No tempo de “Follas Novas”

18,50 

UNHA VIAXE POLA LITERATURA UNIVERSAL

Mª Pilar García Negro, ed.

 

282 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-89323-97-1

 

Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras/es nun libro coral. Nel leremos textos de autoras e autores contemporáneos de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca  –como primeira obra escolmada– de Follas novas (1880).

Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, dende Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.

 

COLABORAN NESTA OBRA

Eduardo Álvarez escolle e comenta a Guy de Maupassant

Anxo Angueira escolle e comenta a Arthur Rimbaud

Celia Mª Armas García escolle e comenta a Marchesa Colombi

Xosé Luís Axeitos escolle e comenta a Alphonse Daudet

Teresa Barro escolle e comenta a Frances Harper

Carlos Callón escolle e comenta a Júlia Lopes de Almeida

Marica Campo escolle e comenta a Castelo Branco | Verdaguer

Luís Cochón escolle e comenta a Christina Rossetti

Carme Fdez. Pérez-Sanjulián escolle e comenta a Eça de Queirós

Mª Pilar García Negro escolle e comenta a Clarín | Pardo Bazán

Mª Jesús Lorenzo Modia escolle e comenta a George Eliot

Kathleen N. March escolle e comenta a Harriet Beecher Stowe

Carlos Negro escolle e comenta a Curros Enríquez

Pilar Pallarés escolle e comenta a Emily Dickinson

Andrés Pociña-Aurora López escollen e comentan a José Martí

Francisco Rodríguez escolle e comenta a Oscar Wilde

Elvira Sanz Gómez escolle e comenta a Henrik Ibsen

Xoán Ignacio Taibo escolle e comenta a Liev Tolstoi

O XORNAL NA CLASE DE MATEMÁTICAS

14,00 

Unha nova proposta para aprender e se divertir cos números

 

Páxs: 115
Medidas: 13×23
Encadernación: capa branda plastificada con lapelas
Idioma: galego
Data de aparición: decembro 2009
ISBN: 978-84-89323-36-0

O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais, finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias.

Os últimos carballos do Banquete de Conxo [2ª edición actualizada e ampliada]

19,50 

Formato: 12 x 22 cms

ISBN 918-84-16460-64-9

Cosido a fío. Impreso en cor

Edición ao coidado de Henrique Alvarellos.  Autores: Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez González, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada Nérida.
O libro que impulsou en 2018 a apertura do Bosque do Banquete de Conxo e en 2021 a candidatura do Carballo centenario como Mellor Árbore Europea 2022.

 

Nova edición ampliada da obra que impulsou a apertura do Bosque do Banquete de Conxo, o espazo natural ao sur de Compostela que fascinou a Rosalía de Castro. Incorpora os tres brindes oficiais daquel insólito acto de fraternidade na Galicia e España de 1856 (os de Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane) e tamén os clandestinos. Inclúe oitenta fotografías, planos e ilustracións, trinta delas, novas. Coordinados polo responsable da edición e coautor, Henrique Alvarellos, escriben tamén Xurxo Martínez, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada.

Alvarellos Editora publica a segunda edición actualizada e ampliada d’Os últimos carballos do Banquete de Conxo, a obra que, editada por vez primeira en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Unha edición ao coidado de Henrique Alvarellos (Lugo, 1968), impulsor da apertura ao público deste espazo natural e histórico.

Incorpora máis de trinta novas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindes pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, mais tamén a noticia doutros brindes, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para o seu tempo que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos —históricos e literarios— sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque, e un total de oitenta ilustracións, planos e fotografías.

Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao souto que versou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas; e tamén, ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos dende os tempos medievais.

Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nela, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.

Neste bosque, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.

PARIR A LIBERDADE

5,90 

O movemento feminista en Galicia

 

Páxinas: 417
Medidas: 13×23 cm
Idioma: galego
ISBN: 978-84-89323-45-2
Data de publicación 1ª edición: outubro, 2010

 

A partir de 1975 xorden en Galicia as primeiras reivindicacións do movemento feminista. O obxectivo era transformar un sistema social feito por e para homes. PARIR A LIBERDADE reconstrúe a historia do feminismo no país desde os primeiros anos da democracia. A obra divídese en tres apartados: os albores da loita feminista, os eixes temáticos que ocuparon as reivindicacións desde o seu nacemento (liberdade sexual, aborto, prostitución, violencia de xénero, traballo e economía solidaria) e, finalmente, os testemuños das mulleres que estiveron na fronte de batalla nos primeiros momentos e cuxo espírito aínda segue latente, con dez amplas entrevistas a María Xosé Queizán, Nanina Santos, Ana Fernández Puentes, Carmen Blanco, Sabela Mouriz, Tareixa Navaza, Rosa Bassave, Lupe Ces, Ana Míguez e María Xosé Agra. “Parir a liberdade” é expresión utilizada por María Xosé Queizán en varios dos seus traballos. “A miña idea de feminismo é unha idea racionalista, de xustiza. A de crear unha sociedade mellor, de mulleres e de homes”, afirma Queizán neste libro.

Pasín: memoria dunha resistencia

17,50 

José Luis Estévez

 

Páxinas: 158. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-06-3

 

O xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as libertades: é a “memoria dunha resistencia”, a do exconcelleiro compostelán Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), membro dunha familia mancada a fondo polo franquismo e que representou, na transición, un novo xeito de facer política.

Ilustrado con imaxes inéditas.

POEMAS DEL DIEZ DE MARZO

17,00 

Escritos en la cárcel

 

160 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-16-8

 

Unha exepcional edición facsimilar para estes Poemas del diez de marzo (escritos en la cárcel), os versos inéditos do avogado laboralista e político coruñés Rafael Bárez (Cambre, 1946-A Coruña, 1996). Unha obra escrita na prisión d’A Coruña durante os nove meses que Bárez permaneceu confinado tras ser procesado polos sucesos do Dez de Marzo de 1972 (a protesta sindical nos estaleiros de Ferrol onde morrerían, a disparos da policía franquista, dous traballadores de Comisións Obreiras. Hoxe, o Dez de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega).

Además da reproducción fiel do mecanoscrito íntegro e inédito orixinal, esta edición conta con colaboradores de excepción: nunha primera parte escriben Manuel Rivas; o catedrático emérito da Universidade de Santiago, Xesús Alonso Montero; o senador e ex-presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, e o historiador José Gómez Alén. Ademais, participou directamente a compañeira de Rafael, Toya Fernández, e o colectivo cidadán “Proxecto Cárcere”, que loita pola transformación do edificio do vello cárcere d’A Coruña nun espazo para a liberdade e a convivencia.

A posta en marcha desta coidada edición, que conta co deseño de Pepe Barro, foi posible grazas á colaboración económica de máis de 400 personas –e colectivos– que apoiaron o proxecto (dez euros por persoa) mediante unha ampla e exitosa campaña de subscripción.

POEMAS  DESCUBERTOS  NUN  CAIXÓN

Xesús Alonso Montero, Manuel Rivas e Toya Fernández, responsables do coidado da edición, afirman na nota editorial:  “Poucas persoas en Galicia, do ámbito político, deixaron un ronsel de simpatía persoal, de adhesión moral e de admiración como o que deixou Rafael Bárez. Como tamén foi un cidadán esclarecido do eido da cultura, cada vez eran máis as voces, nestes tempos de miseria, que reclamaban un recoñecemento digno da súa biografía. Aquí as cousas, Toya Fernández, a súa compañeira, descobre nun caixón semiesquecido, un libro, un libro de poemas de Rafael, escrito na prisión da Coruña nos meses que seguen ó Dez de Marzo de 1972, aquel suceso que é un timbre de gloria na historia da clase obreira galega. Este é o poemario que hoxe ofrecemos a amigos, camaradas e admiradores de Rafael Bárez e a cantas persoas gusten da poesía escrita desde dentro dun gran acontecer histórico”.

Toya Fernández: “Con este libro honramos a memoria de Rafael Bárez, amigo e compañeiro, que exerceu o dereito e a avogacía como instrumentos de loita política, de loita a favor das liberdades sindicais, de loita contra a desigualdade e a inxustiza.  El, e moitos máis, sufriron cárcere e represión por esta causa. E é alí no cárcere, entre reixas, onde nace este libro de poemas. Porque poden privarche da liberdade de movemento pero nunca da liberdade de pensar como un home libre”.

Xesús Alonso Montero: “Este poemario, más allá del documento, es un conjunto de textos de notable valía poética. El género –la poesía carcelaria– cuenta en España, desde ahora, con un título muy valioso”.

Manuel Rivas: “Agora sei que non estabamos totalmente indefensos. Nalgún recanto da súa terra escondida, Rafael Bárez tiña un arsenal serodio, un depósito de humanidade que levedaba dende 1972”.

Vicente Álvarez Areces: “Estábamos aislados de los presos comunes, y nuestra vida transcurría entre un patio interior y las celdas que estaban en una galería con acceso directo al patio, por lo que disponíamos de cierta libertad de movimientos durante el día”.

Poética musical

17,50 

Ígor Stravinski

Introdución, tradución e notas de Javier Ares Yebra

Páxinas: 168
Formato: 13 x 23 cms
ISBN 978-84-18567-14-8

As célebres conferencias de Ígor Stravinski e a súa conexión coa cultura galega
Traducidas agora por vez primeira ao galego, as conferencias que Ígor Stravinski pronunciou en Harvard no curso 1939/40 son unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un goce de lectura. A presente edición, ao coidado do músico e investigador Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983), inclúe un revelador estudo onde Ares Yebra explora a relación do compositor ruso coa cultura galega.

QUERO SER PRESIDENTE

5,90 

Claves da comunicación política

 

ISBN: 978-84-89323-22-3
Páxinas: 198
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: Galego
Encadernación: Tapa branda con lapelas, plastificada
Primeira edición: Febreiro 2008

 

Xosé Rúas utiliza neste libro a súa dilatada traxectoria como xornalista, columnista, profesor, investigador universitario e asesor de comunicación política, para achegarnos, nun ton didáctico e ameno, enriquecido por constantes anécdotas e notas de humor, as claves teóricas e técnicas da propaganda e do marketing electoral. Escrito por un experto teórico e profesional galego de referencia, Quero ser presidente. Claves da comunicación electoral ha marcar un antes e un despois nas estratexias electorais empregadas no noso país. Resultará imprescindible e mesmo revelador para calquera especialista ou curioso por coñecer un pouco máis o apaixonante mundo que se agocha detrás de cada campaña electoral. A OPINIÓN DOS EXPERTOS “O libro de Xosé Rúas está cheo de intelixencia práctica e ha ser unha lectura obrigada para calquera que guste do máxico mundo electoral, onde flúen os intereses e os soños, a democracia e o desexo. Unha boa entrega á bibliografía galega sobre comunicación política e unha proposta de debate sobre os procesos electorais e todo o que vai con eles”. Fermín Bouza Catedrático de Opinión Pública da Universidad Complutense de Madrid (UCM) “Descubre unha dimensión descoñecida da política e das campañas electorais que todo votante debería coñecer”. Pere Oriol Costa Catedrático de Comunicación Política da Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) “Directas, divertidas, útiles, reais e prácticas, creo que estas Claves de Xosé Rúas constitúen agora o máis actualizado consello para candidatos que queren gañar”. Luis Arroyo Experto en comunicación política e asesor do Gobierno de España.

SANTIAGO A TRAVÉS DE MIS GAFAS

17,00 

Páxs: 180
Medidas: 13×23
Encadernación: capa branda con lapelas
Idioma: castelán
Ilustracións: caderniño de 8 páxinas con fotografías
Data de aparición: novembro 2009
ISBN: 978-84-89323-35-3

 

Unha pluma fluída e unha memoria puntual e rica, preñada de anécdotas e datos, converten esta crónica de Santiago Nogueira nunha obra coral, un retrato magnífico do seu tempo, e un valioso testemuño sobre os avatares do século XX en Compostela. Polas páxinas de SANTIAGO A TRAVÉS DE MIS GAFAS desfilan personaxes e acontecementos que moitos composteláns e galegos terán na memoria. O avogado Nogueira viaxa ata os tempos da república e a posterior traxedia da guerra civil; retrata máis adiante a vida universitaria nos anos 40 e 50, os seus anos de docente na Universidade, a súa afección polo fútbol ou pola música popular, ou a súa participación en política como director xeneral de Juventud no segundo goberno de Adolfo Suárez (primeiro da democracia), no ministerio de Pío Cabanillas. A paixón pola avogacía preside cada páxina desta obra. Nun dos seus capítulos, Santiago Nogueira describe algún dos casos máis singulares da súa traxectoria profesional, entre eles, o affaire Barreiro, sobre o procesamiento do que fora conselleiro de Presidencia José Luís Barreiro Rivas. A través das súas lentes, Nogueira Romero enfoca o pasado, o seu pasado presente. E faio dun xeito honesto, preciso e intelixente.

SANTIAGO TAFALL

17,00 

Un músico compostelano en los albores del galleguismo

 

Páxinas: 162
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: maio 2010
ISBN: 978-84-89323-40-7
Encadernación: rústica

 

Santiago Tafall Abad (1858-1930) foi unha figura clave no panorama cultural da Galicia de fins do século XIX e primeiro terzo do XX. Destacado músico e musicólogo, mestre de capela e cóengo da catedral de Santiago. Este volume, Santiago Tafall. Un músico compostelano en los albores del galleguismo, constitúe unha importante –e pioneira– aproximación á súa vida e obra. A autora, Beatriz Cancela, estuda a súa tripla faceta como docente, compositor e teórico, para centrarse logo na vinculación do músico co movemento “rexeneracionista”. Tafall apostaba polo purismo musical e o estudo do folclore tradicional galego, catalogando os “alalás” como os cánticos máis puros, conectados co propio canto gregoriano. Consideraba o pasado medieval como o culmen da cultura galega. Profundou nas teorías vixentes da época, dentro do galeguismo tradicionalista no que estaba inmerso Compostela, e chegou a teorizar ao redor dos vínculos entre o folclore galego e o bretón, defendendo a orixe celta para a gaita e o medieval para a zanfona. Esta obra recibiu en 2009 o I Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán” da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.

Un diálogo entre supervivientes: Eugenio Granell y Vicente Llorens

23,90 
Inmaculada Real López

Páxinas: 484 .

Formato 15,5 x 23,5 cms.

ISBN 978-84-16460-12-4

Rústica cosido.

Papel FSC Amigo dos Bosques

Mais de cen cartas inéditas entre o pintor surrealista galego Eugenio Granell e o historiador valenciano Vicente Llorens. Catro décadas de amizade e exilio precedidas dun documentado estudo introdutorio que inclúe fotografías e documentos moi descoñecidos.