Libros do Sarela

… E OS DOMINGOS, UN CROISSANT

13,50 

DIARIO DUN ENCONTRO COA VIDA

 

147 pp. 14 x 21 cms
ISBN 978-84-89323-96-4

Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Ursula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela.

Neste libro relata os dous meses de finais de 2014 que pasou internada tratando de superar a súa enfermidade. Escribiu día a día.  A obra que o lector ten nas súas mans é o retrato coral, intenso e fondamente humano da vida nun psiquiátrico.

«Aquí, no Sanatorio, podemos vivir como realmente somos –afirma Ursula–. Fóra, o mundo é real pero, para sobrevivir, temos que disfrazarnos».

 

30 GRAMOS (Edición en castelán)

11,00 

Realidade e ficción. A novela/manifesto do artista portugués Leonel Moura.

 

Páxinas: 98
Medidas: 14×21 cm
Idioma: castelán
Tradución do portugués: Ramón Nicolás
ISBN: 978-84-89323-42-1
Encadernación: rústica con lapelas

 

Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro. Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio…), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX.

 

30 GRAMOS (Edición en galego)

11,00 

Realidade e ficción. A novela/manifesto do artista portugués Leonel Moura.

 

Páxinas: 98
Medidas: 14×21 cm
Idioma: galego
Tradución do portugués: Ramón Nicolás
ISBN: 978-84-89323-41-4
Encadernación: rústica con lapelas
Data de publicación 1ª edición: setembro, 2010

Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro. Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio…), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX. Traducida do portugués ao galego polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás. Esta obra foi recoñecida co Premio da Edición de Galicia 2010 á Mellor Tradución do ano.

 

ABRINDO FIESTRAS EN CARNE VIVA

9,00 

1º Premio XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba

 

Formato: 14 x 21 cms. Páxs. 64
ISBN: 978-84-89323-99-5

 

A poesía érguese neste libro como unha forma de dar orde ao caos do universo, ás “dimensións do baleiro”. Estruturado en cinco partes, denominadas “Fiestras…”, nesta obra. o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.

A lingua emerxe coma o seu piar: “lingua que me colles dende o berce / e me afastas do silencio orixinal”.

O autor detense tamén na denuncia social, cantando aos “eslombados”, aos “calados e ignorados”. E hai un espazo así mesmo para o amor, o “feitizo“.

Esta obra logrou o primeiro premio na edición número 40 (2014) do xa histórico Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo).

ADAGIO POR OUTONO

9,00 

[1º Premio XLI Certame de Poesía Concello de Vilalba]

 

76 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-10-6

 

«Unha alta sinfonía do amor onde todo é tocado polo milagre dunha luz que emana da palabra poética». De tal xeito define a profesora Teresa Seara, no Limiar de Adagio por outono, a paixón lírica que destilan estes novos versos de Modesto Fraga, escritor de longa e premiada traxectoria literaria que suma, aos moitos recoñecementos recibidos, este primeiro premio de 2015 no XLI Certame Literario do Concello de Vilalba.

Adagio por outono é unha homenaxe a aqueles poetas italianos que, no século XIII, foron quen de rachar coa tradición e situar á muller no centro da súa lírica, e ao sentimento amoroso no cerne da súa revolución estética e da súa esperanza. Foron coñecidos como o Dolce Stil Novo.

Modesto Fraga escolle da tradición a arquitectura plena do soneto e dende ela transita ata o verso libre. Camiñamos, coa súa palabra, a través de Florencia, contemplamos a dozura dos lenzos de Rafael, abraiámonos ante o Pórtico da Gloria en Compostela, ou asistimos a un banquete poético onde se dan cita escollidas voces da literatura e da arte universais de todos os tempos.

Cada lector, cada lectora, atopará aquí poderosas razóns para vivir máis vidas e máis fondas a través da poesía e do amor.


ANTÍDOTO

14,00 

Edición ilustrada bilingüe galego-castelán

 

142 pp | 14 x 19 cms.
ISBN 978-84-16460-41-0

 

INCLÚE A “LISTA DA COMPRA DA VIÚVA”, PREMIO INTERNACIONAL JOVELLANOS AO “MELLOR POEMA DO MUNDO” (2017)

Os novos e premiados versos de Emma Pedreira. Unha edición bilingüe galego-castelán, ilustrada, na que a poeta reflexiona sobre as soidades non escollidas. A obra inclúe a “Lista da compra da viúva”, poema que recibiu en 2017 o Premio Internacional Jovellanos como “El mejor poema del mundo”. O libro resultou gañador en 2017 do Premio de Poesía do Concello de Vilalba.

Emma Pedreira é unha das máis inspiradas, singulares e premiadas voces da actual poesía galega. Encadrada na coñecida como Xeración dos 90, estreouse cos versos do Diario bautismal dunha anarquista morta (1999). Dúas décadas despois recibe o Premio da Crítica (2017) e o Premio Xerais de Novela (2018). En todo este tempo foi tecendo ata unha ducia de libros de poemas (sempre premiados) onde destila a súa visión fonda, crítica, inspirada e feminista da vida.

Antídoto recibiu en 2017 o premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa renovada edición nº XLIII. Sae publicado agora en versión bilingüe galego-castelán e ilustrado por Xulia Nieto.

A poeta reflexiona nestes versos sobre as soidades non escollidas. Escrito dende a dor, busca a luz na palabra, nun verso que camiña libre, pleno de potencia expresiva. Entre os poemas que integran esta obra figura a “Lista da compra da viúva”, composición que recibiu en 2017 o Premio Internacional de Poesía Jovellanos como “El mejor poema del mundo”.

Caldaloba en terras de Valverde

9,50 

1º Premio do Iº Certame de Poesía Torre de Caldaloba (Cospeito)

 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-67-0

 

Na histórica e hoxe moi esquecida Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo), resistiu ás tropas castelás, ata a súa morte, a filla do mariscal Pardo de Cela, Constanza de Castro.

Sobre este feito e lugar, o poeta, narrador e ensaísta Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) crea unha lenda histórica, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora) recoñecida o pasado decembro co 1º Premio na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito.

O xurado destacou “a súa imaxinación, a riqueza do contido histórico e antropolóxico, e o xeito de enfiar un corpus poético onde pasado e presente conflúen arredor do símbolo que representa a Torre de Caldaloba”.

CARTAFOL DE MIRAXES

11,00 

Formato 14 x 19 cms. 86 pp
ISBN 978-84-16460-57-1

 

Obra gañadora da edición nº 44 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo). Leva por título Cartafol de Miraxes e o seu autor é un novo poeta –e esta é a súa primeira obra–, Aleixandre Lago Barcala (A Coruña, 1992).

Consta de 43 poemas onde cada palabra e cada son da música poética están pensados e ubicados no seu preciso lugar. Cartafol de miraxes é un libro de desenganos e de espellismos. Así o resume o autor: “expreso unha serie de desenganos respecto das ilusións, vagas e narcisistas, que se fai un cando é pequeno, respecto de ideas como o amor, a morte, o tempo… Ideas que, ao medrar, un vai vendo que son espellismos”.

En canto aos aspectos formais, a poesía de Aleixandre Lago combina composicións tradicionais coma o soneto co verso libre e métricas diversas, pero sempre atendendo a esa fonda musicalidade da palabra escrita.

Cartafol de miraxes está ilustrado con traballos de Álvaro Peleteiro (collage de portada) e Antonio Reboredo (ilustracións interiores).

Catavento de neutrós domesticados

12,00 

LETRAS GALEGAS 2016

 

Formato: 128 pp. 14×21 cm
ISBN: 84–89323–10–0
Ano 1ª edición: 1979
Segunda edición en Alvarellos Editora: 2006
Ilustracións: Xohán Clodio

 

“Un intento de facer, con elementos surrealistas, unha poetización desta sociedade de consumo na que vivimos”. Así resumiu a obra o propio autor, Manuel María. O poeta escribiu este poemario en 1978 e saíu publicado por vez primeira en Alvarellos Editora ao ano seguinte, en febreiro. O Catavento de neutrós domesticados é un libro sorprendente, innovador e anticipador.

Un dos títulos históricos do primeiro catálogo desta editorial que, tres décadas despois da súa aparición, cumpría recuperar. A obra destila altas doses de inconformismo, retranca, desacougo e caos. Transcorre entre o íntimo e o social. Nela emerxen verdadeiros achádegos semánticos nun altísimo dominio do idioma.

A presente edición mantén a portada orixinal de 1979 coas ilustracións interiores de Xohán Clodio, e complétase cun amplo e documentado estudo por parte do profesor e escritor Camilo Gómez Torres, un profundo coñecedor da obra de Manuel María, a quen cualifica de “autor total”.

CINZA DE ESTRELAS

9,00 

2º Premio no XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba

 

Formato: 14 x 21 cms | 60 pp
ISBN: 978-84-89323-31-5

 

A escrita como refuxio. A poesía tórnase en vieiro para alcanzar o coñecemento das cousas. O verso revélase nas páxinas desta obra coma un xeito de deter o fuxidío da existencia. As palabras como contención.  “Unhas palabras que paguen a pena ser escritas / que atrapen a memoria”, di a autora no poema “Adiviñanza”.

Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez: dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra, ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez.

Esta obra logrou en 2014 o segundo premio na edición número 40 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba.

De casa queimada

9,50 
Segundo premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba

 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-93-9

 

De casa queimada é o título do novo libro de Iria Collazo López. Recibiu en 2019 o segundo premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba que convocan anualmente o Concello de Cospeito (Lugo) e a Asociación Cultural de Pino, en colaboración con Culturalia GZ.

Ao longo de 34 poemas, Iria Collazo  (que publica por vez primeira en verso) crea unha penetrante voz poética que reflexiona sobre a infancia, a perda, o paso do tempo…. todo arredor da lembranza e a imaxe da vella casa familiar, hoxe perdida, esa “casa queimada” que actúa de suxeito activo e interpela durante toda a obra:

“A casa é o lugar onde se soña. / Eu había moito tempo que non conseguía durmir”, escribe nun dos poemas.

EL TESORO DE PUNTA HERMINIA Y OTROS TEXTOS SUMERGIDOS

14,00 

108 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-24-3

 

Urbano Lugrís era un poeta pintor. E o único pintor do mundo capaz de escribir baixo a auga, en palabras doutro gran escritor e poeta, Manuel Rivas. Alvarellos Editora rescata este verán once textos “somerxidos” de Lugrís. Prosas e poemas –en castelán e galego– moi pouco coñecidos ata hoxe (mesmo, algún inédito) que nos internan no seu fascinante universo narrativo e lírico.

Baixo o título El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos agrúpanse textos dispersos que foron aparecendo desde a edición, en 2008, daquela primeira Balada de los mares del norte (Alvarellos Editora), único volume de Lugrís ata a data, pois o artista falecía en 1973 sen ver publicado, en libro, o seu rico e abundante traballo literario, esparexido e esquecido, durante décadas, en xornais e revistas…  A profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez, especialista en Lugrís, encárgase do coidado da edición.

Ademais dos 11 textos, este volume reúne 25 debuxos do autor, tamén moi pouco divulgados, entre eles, as fermosas letras capitulares que creaba o pintor para iniciar os seus escritos.

El Tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos bríndanos a impagable oportunidade de internarnos, de novo, nese mundo de tesouros ocultos, grutas e naufraxios.  Escenarios escritos e pintados a un tempo pola pluma e o lenzo inigualables de Urbano Lugrís.

Entre as paredes do silencio

9,00 

II premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba.

 

Formato: 70 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-46-9

 

Un diario poético que se desprega de abril a xullo. Nel, o verso quere ser bálsamo contra a desesperanza, e loita na defensa da identidade e da lingua. “Versos espidos / poesía das emocións transparentes”, escribe o autor. Con Limiar de María Xosé Lamas.

Esta obra obtivo o II premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba (2011).

Estrita necesidade

14,50 

Carlos Negro | Fotografías de Benxamín Otero

 

Páxinas: 102. Formato 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-05-6

 

Versos e fotografías compoñen a nova obra de Carlos Negro, ilustrada coas imaxes de Benxamín Otero. Leva por título Estrita necesidade e nela os autores renden homenaxe, escrita e visual, á xeración de pais e nais da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, duro traballo, afectos fondos e resistencia.
A carón dos versos de Carlos Negro emerxen as imaxes de Benxamín Otero, nun diálogo escrito e visual que se complementa á perfección.

Así describe a súa obra o seu autor Carlos Negro:

Este libro establece un diálogo coa figura paterna, pescuda nas tensións íntimas da masculinidade, captura a relación entre un corpo e os obxectos que o rodean, entre as mans e a ferramenta, entre a palabra e os múltiples silencios que habitan nas elipses dunha biografía. Este libro retrata unha xeración de homes que nunca botou os restos de comida ao caldeiro do lixo. E deixa sobre o prato a prana dunha mazá, a esencia da luz, o termar da memoria entre as sombras. Este libro é de estrita necesidade, como as fotografías que o alumean“.

Fosforescencias

16,90 

PREMIO AO MELLOR LIBRO EDITADO EN GALICIA EN 2019

 

288 pp . 19 x 14 cms.
ISBN 978-84-16460-66-3

 

Publicamos un deses libros que poderiamos denominar “inclasificables”. Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972), unha das voces poéticas máis singulares e respectadas dos últimos vinte anos en Galicia, dá á luz Fosforescencias.

“Cando xa ninguén escribe cartas a man” —afirma a autora na introdución—, ela decide manter correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia, coa finalidade de artellar un persoal libro de cartas.

“As cartas son elos que unen. Vínculos afectivos que nos achegan uns a outros e nos manteñen cos pés na terra. A lingua é algo amoroso e táctil”, afirma Lupe Gómez.

Fosforescencias exprésase pois, ao longo de 288 páxinas, mediante textos íntimos, literarios, fondamente poéticos… e reais, posto que foron efectivamente cartas enviadas por correo postal ás persoas destinatarias. A obra recolle tamén algunhas das cartas de volta. Emma Pedreira, Manuel Rivas, Neira Vilas, Yolanda Castaño, Amancio Prada, Francisco Pillado ou Emilio Araúxo son algúns dos receptores.

Lupe Gómez, que publicou o seu primeiro libro —titulado Pornografía— nunha autoedición en 1995, e colleitou premios e recoñecemento durante os anos seguintes (o seu libro Camuflaxe foi Premio da Crítica Española en 2017), afirma hoxe: “Nas cartas recoñézome máis viva e sincera que nos libros que publico e escribo”.

Fosforescencias está ilustrado polo pintor, poeta e galerista Anxo Pastor (Vilardonas, Ribas de Sil-Lugo, 1959), que dialoga cos textos a través da evocación, os símbolos e as cores, que modela aquí por medio de debuxos ou collages.

Hora de penumbra

9,50 

1º Premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba

 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-92-2

 

Hora de penumbra é o título do novo libro de poemas do escritor e pintor Xurxo Alonso. Recibiu en 2019 o primeiro premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba que convocan anualmente o Concello de Cospeito (Lugo) e a Asociación Cultural de Pino, en colaboración con Culturalia GZ.

Ao longo de 27 poemas, Xurxo Alonso pousa unha ollada renovada sobre os grandes interrogantes do ser humano: o pasar do tempo, o amor, a morte…

O xurado destacou nesta obra a “sólida arquitectura versal”, a “forza dos símbolos empregados” e o “amplo caudal de intertextualidades” das composicións poéticas.

 

 

LIBRO DE LOS BESOS Y LA NIEBLA, EL

15,00 

ISBN: 978-84-89323-74-2
Páxinas: 141
Medidas: 14×21 cm
Idioma: castelán
Ilustracións: Alfonso Martínez
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: novembro, 2011

 

 

Xosé Carlos Caneiro é un dos escritores galegos máis premiados. A súa fecunda obra, traducida a varios idiomas, ten cautivado a milleiros de lectores. El libro de los besos y la niebla (Alvarellos Editora, 2011), marca o seu retorno ás letras en castelán, que abandonara en 2003, e onde o autor de Verín viaxa a través do xornalismo, o ensaio, a prosa poética ou o diario íntimo. Xosé Carlos Caneiro reescribe en castelán algunhas das reflexións publicadas na prensa, e engade novas historias e invencións. Algúns dos capítulos son tan breves coma un haiku (eses poemas filosóficos da literatura xaponesa), outros, abren a porta ao seu diario íntimo. El libro de los besos y la niebla mostra, en esencia, todos os mundos personais e/ou literarios do escritor. Son miniaturas de prosa coidadísima e fondos sentimentos. E onde tamén agroma o agudo crítico literario: Kafka, Cortázar, Vargas Llosa, Sábato, Joyce ou Rulfo poboan este micro-universo narrativo. “Este es un libro de besos y niebla —afirma Caneiro nas súas primeiras liñas—. De pasiones, tedio, literatos y literatura, deseo, abrazos y pellizcos en el alma. He escrito muchos libros que no son como este. O tal vez he escrito siempre este libro, nada más. Puede que en él encuentre usted el amor de su vida, porque solo fue un sueño, y puede que mis palabras vuelen como palomas a cualquier precipicio”. Esta obra está ilustrada por Alfonso Martínez (Cartagena, 1973).

MADIA LEVA!

5,90 

O novo libro de relatos de Antón Grande
Ilustrado por Quique Bordell

 

Medidas: 14 x 21 cms
Páxs: 135
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-89323-16-2
Encadernación: Tapa branda plastificada, con lapelas.

 

 

Trinta historias cotiás que de súpeto encaixan o abraio do inesperado. Dende as tabernas de Lugo até os ceos imposibles de Nova York. Antón Grande transita por paisaxes e xentes do seu contorno vital e crea un universo breve, fragmentado e relativo, ou sexa, narra o que podería ser o noso propio existir. Pé da prosa emerxen, poderosas, as ilustracións sempre a contrafío de Quique Bordell. “Antón Grande é un autor para ler contra a noitiña –afirma Xosé de Cora no seu limiar–; díría máis, é un autor para ler nun establecemento público, ao carón dun vaso de viño, agardando a chegada do amigo, da amada ou dese ninguén que xamais chega”.

Manifesto 25N

14,50 

Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller

 

ISBN 978-84-18567-03-2
Páxinas: 74. Formato 14 x 21 cms.

 

O Manifesto 25N reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, dende a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller.  A idea xurdiu a partir dunha iniciativa, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba (Cospeito, Lugo) cando ocupaba a presidencia Martiño Maseda (hoxe responsable de Culturalia GZ), asociación que actualmente preside Montserrat González.

Na nota editorial explícase: “Trátase de avivar as conciencias, desde diferentes ópticas expresivas, nunha repulsa colectiva contra un mal da nosa sociedade que parece non ter fin.”.

Con este obxectivo, dende a Asociación Cultural Caldaloba fíxose unha convocatoria aberta para recibir traballos e foron máis de setenta os achegados, dos que se fixo unha selección destes trinta que agora ven a luz.

A achega de obras é moi variada ,tanto no seu formato —poemas, narracións, colaxes, ilustracións, pinturas, caligramas, debuxos— como diverso é tamén no seu enfoque temático.

O deseño e ilustración da capa corre a cargo da artista Xulia Nieto Pereira.

A edición desta obra contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Vilalba e de Culturalia GZ.

As 30 voces (por orde alfabética):

  • Luz Airado Bello
  • Pilar Alonso Suárez
  • Susana Antón Mandayo
  • Cristina Corral Soilán
  • Eva de Miranda
  • Paloma de Toro
  • Eilún del Pazo Moa
  • Miguel Díaz
  • Fátima Domínguez Silva
  • Andrea Fernández Maneiro
  • Celso Fernández Sanmartín
  • Raquel Fernández
  • Adela Figueroa
  • Pilar García Rego
  • Yolanda López
  • Paula Luís González
  • Beatriz Maceda Abeleira
  • Pilar Maseda
  • Adolfina Mesa
  • Alberte Momán Naval
  • Arantxa Nogueira
  • Toño Núñez
  • Emma Pedreira
  • Eli Ríos
  • Teresa Ríos
  • Viki Rivadulla
  • Ramón Sánchez
  • Ruth Santiso Salgado
  • Raquel Senra
  • Patricia Torrado Queiruga

MÁXICO TEAR NATURAL

14,00 

Una experiencia íntima con el paisaje de Galicia. En un viaje muy personal para 23 espacios.

 

Páginas: 113
Medidas: 14×21 cm
Idioma: gallego
ISBN: 978-84-89323-66-7
Encuadernación: rústica
Fecha de publicación: mayo 2011

 

Este libro recoge un viaje muy personal a través de Galicia. Más de 23 etapas, el autor expresa su experiencia íntima, directa y profunda con el paisaje: los bosques del Eume, Finisterre, Montefur, Pambre, Cortegada, San Simón, la racha de Ourense y el Pico Sacro son algunas de las estancias . Vizoso los bosques, el pueblo de los emigrantes, la parte superior de la niebla, la magia Regueiro … Todos ellos se internalizan en la poesía en prosa de José Manuel Lobato. Lugares místicos, a veces caótico, en los estados contiguos entre la realidad y la ficción. “Magia Natural telar tal vez se reúnen una utopía”, dice el autor en la introducción, tal vez el paraíso ideal, o una realidad desconocida para la mayoría. El libro pretende volar sobre el patrimonio de Galicia, refractada, y también la verdad-el idealismo-en-un puñado de textos que abrollan espontáneamente a partir de una perspectiva de fuertes contrastes. “

MÁXICO TEAR NATURAL

14,00 
Unha experiencia íntima coa paisaxe de Galicia. Nunha viaxe moi persoal por 23 espazos.

Páxinas: 113
Medidas: 14×21 cm
Idioma: galego
ISBN: 978-84-89323-66-7
Encadernación: rústica
Data de publicación: Maio 2011

 

Este libro recolle unha viaxe moi persoal a través de Galicia. Máis de 23 etapas, o autor expresa a súa experiencia íntima, directa e profunda coa paisaxe: os bosques do Eume, #Finisterre, Montefur, Pambre, Cortegada, San Simón, o refacho de Ourense e o Pico Sacro son algunhas das estancias . Vizoso os bosques, o pobo dos emigrantes, a parte superior da néboa, a maxia Regueiro … Todos eles se internalizan na poesía en prosa de José Manuel Lobato. Lugares místicos, ás veces caótico, nos estados contiguos entre a realidade e a ficción. “Maxia Natural tear talvez reúnense unha utopía”, di o autor na introdución, talvez o paraíso ideal, ou unha realidade descoñecida para a maioría. O libro pretende voar sobre o patrimonio de Galicia, refractada, e tamén a verdade-o idealismo-en-un puñado de textos que abrollan espontaneamente a partir dunha perspectiva de fortes contrastes. “

Memorias da árbore da noite triste

12,50 

Último acto de don Ramón del Valle-Inclán

 

82 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-50-2

 

Don Ramón del Valle-Inclán agoniza nunha das habitacións do sanatorio de Villar Iglesias en Santiago de Compostela. É o 5 de xaneiro de 1936. Nestas horas derradeiras xorden diante da súa figura protagonistas da súa vida –familia e amigos– mais tamén personaxes das súas obras. Todos eles dialogan nun mundo mesturado de vida real e ficción.

Velaquí o inicio desta peza teatral que é así mesmo pura literatura. Son as Memorias da árbore da noite triste, que fan referencia a unha árbore real, baixo a que Hernán Cortés chorou a súa derrota ante o pobo indíxena mexicano. Un antepasado de Valle morrera naquela batalla.

Este último acto de don Ramón, escrito pola actriz e directora teatral Fátima Rey, destila dinamismo, forza nos diálogos e sabia recreación de ambientes. E penetra, dun xeito novo, na vida e obra dun dos máis grandes creadores das letras hispanas.

A compañía Tatana Teatro porá en escena esta obra, que percorrerá os escenarios da provincia de Pontevedra desde o 28 de outubro de 2018.

Último acto de don Ramón del Valle-Inclán

Microrrelatos

9,50 

Premiados no Iº e IIº Certame [2019-2020] Día do Libro do Concello de Vilalba

 

54 pp. Formato 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-90-8
Idioma: galego

 

O presente volume reúne os textos gañadores da Iª e IIª edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro organizada polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2019 e 2020. Son en total dezaoito composicións, pertencentes a tres categorías: Infantil, Xuvenil e Persoas adultas.Os microrrelatos desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama; esta brevidade –e intensidade– é sen dúbida un atractivo para as persoas lectoras de hoxe, que gozarán destas dezaoito pequenas grandes historias.

 

Gañadoras Iº Certame [2019]:

Infantil:  Nerea Villar Ferreiro, África Montenegro Feal, María Otero Díaz

Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Sandra Rodríguez Macía, Nee Barros Fernández

Persoas adultas: Patricia Torrado Queiruga, Raquel Fernández Fernández, Beatriz Dourado

 

Gañadoras IIº Certame  [2020]

Infantil: Paula Pérez Cendán,  Aroa Fernández Jiménez, África Montenegro Feal

Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Nee Barros Fernández, Carlota Millor Prado

Persoas adultas: Pedro Naveira Pedreira, Patricia Torrado Queiruga, Cristina Arias López

Na pel das árbores do vento

9,50 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-68-7

 

O libro de poemas Na pel das árbores do vento de Paulino Peña (Vilardevós, Ourense, 1960) recibiu en 2019 o 2ª Premio da primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito (Lugo).

O xurado valorou nesta obra a súa “evocación dos sentidos, cun axeitado uso da retórica e da voz poética, en forma de versos como lategazos que obrigan a pensar e deixan un lene pouso de lembranza”.

A poeta Monte González Álvarez afirma no Limiar: “Cada verso forma, no seu conxunto, un todo onírico, un compendio de emocións en estado puro, que se ven como as feridas que deixa o aire seco nas mans, que fenden a alma e o EU máis profundo do lector que se insira na súa lectura”.

2º Premio do Iº Certame de Poesía Torre de Caldaloba (Cospeito)

NAVEGANDO CARA A ÍTACA

8,00 

2º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013

 

Formato: 50 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-61-2

 

O gran poema grego da Odisea, onde Homero describe a peripecia do heroe Ulises ata regresar á súa patria, Ítaca, é o fío condutor desta recreación poética de Rafael Catoira Rey.

En Navegando cara a Ítaca, a  vida —e a poesía— móstranse como a viaxe imprevisible que efectivamente son.

A obra principia cun “Ítaca non existe” para proseguir logo con esta declaración de intencións: “Viaxo ó teu encontro. /Non chegar nunca,/ gozar só do presaxio” (…).

Polos versos de Rafael Catoira van transitando algúns dos personaxes do poema homérico: Ulises, a súa muller Penélope, o seu fillo Telémaco, o xigante Polifemo…  Aos que fai falar e reflexionar, e aos que a voz poética tamén interpela.

2º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013

NENIAS CHAIREGAS

9,00 

Formato: 78 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-48-3

 

“Elexías do calado, do que nace coa perda”. Así son estas nenias chairegas de Xosé Otero Canto. Palabras arredor da morte dos vellos da casa e do abandono do mundo rural. Un manancial expresivo nunha visión radical dun tempo que se foi.

Con Limiar de Xosé Manuel Carballo Ferreiro e Epígono de Alfonso Blanco Torrado.

Esta obra obtivo o II premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).

Obra inacabada de Dosinda Christensen

14,90 

Premio do Certame de Poesía do Concello de Vilalba 2020

 

184 pp . 14 x 22 cms.
ISBN: 978-84-16460-98-4

 

A voz poética que emerxe nestes versos, depurada ata o extremo, é a de Dosinda Christensen. O autor, Xerardo Quintiá, crea un heterónimo, unha voz feminina que anula a súa propia voz de autor e será ela a protagonista da obra. Esta voz de Dosinda vai configurando, dende a nada, e a través da palabra, todo un mundo arredor, unha nova realidade construída a través de significantes e significados.

Este poemario conta coa colaboración do artista e tamén poeta Baldo Ramos na ilustración da capa.

Obra inacabada de Dosinda Christensen recibiu, en 2020, o Premio de Poesía do Concello de Vilalba na súa edición número 46.

Orixe orzánica das sereas todas

14,00 

Unha Galicia imaxinada na que Urbano Lugrís ingresa en 1953 na Academia Galega da Lingua

 

Pp: 130. Formato 14 x 19,5 cms.
ISBN 978-84-16460-97-7

 

Presentamos unha moi orixinal proposta narrativa. Soñar mundos, imaxinar universos, debuxar ignotos ronseis… Velaquí a función, especialmente milagrosa, da literatura. Ser quen de reescribir vidas e tempos. O artífice deste libro, Rodrigo Osorio, proponnos nesta Orixe orzánica das sereas todas, un xogo marabilloso, un reto tamén. Os protagonistas son o pintor e escritor Urbano Lugrís González e o escritor Leandro Carré Alvarellos. Arredor deles, ou canda eles, deberemos mergullarnos na orixe orzánica das sereas todas, e deixar que o misterio das ondas nos leve polo vieiro dos soños.

Rodrigo Osorio, integrante do colectivo lugrisán In nave civitas, é un dos impulsores da reinvidicación da vida e obra de Urbano Lugrís. Nesta obra, Osorio soña unha Galicia ideal, imaxina como tería sido o noso país sen Franco, nin guerra, nin ditadura. Unha sociedade na que o xenial artista pronuncia o seu discurso de ingreso na Academia Galega da Lingua. É o 19 de novembro de 1953.

Os exilios que somos

13,00 

Irene Tomé e Xabier Ron

[Fotopoemas]

 

68 pp. 19 cms ancho x 14 cms alto
978-84-16460-76-2

 

É a historia que turra de nós, que porfía, por non estar resolta aínda.

Somos Xabier Ron Fernández (Lyon, 1969) e Irene Tomé Urresti (A Coruña, 1985), docente e xornalista que compartimos o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do noso país. Por medio de fotografías, que se foron facendo durante os últimos quince anos, acompañadas de poemas, queríamos dar voz, dentro da súa dificultade, á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas. Este é o xerme do presente fotopoemario.

 

Traballa na aula con esta obra  [Unidade Didáctica]

 

 

OS PRIVILEXIOS DOS SOMNÁMBULOS

9,00 

1º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013

 

Formato: 73 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-60-5

 

A noite é gran inspiradora de poetas. Nesta nova obra de Pablo Bouza, Os privilexios dos somnámbulos, o autor atopa ese “aire viciado” onde despregar “a inmensa dimensión das palabras”.  “Noite/dáme algo de ti/da túa luz negada”.

A poesía só pode ser honestidade, verdade. Neste vieiro é onde Bouza chega á alma do lector: “Recoñézome nos erros do pasado”, confesa, ou: “Medran hedras nas pedras dos meus lugares”.

Son versos intensos e fondos, que camiñan directos na súa mensaxe. Por este suxestivo libro de poemas transitan tamén as voces, en forma de cita, de autores de referencia do noso escritor, que o van guiando no percorrido poético, como Miguel Anxo Fernán Vello, José Ángel Valente, Espronceda, Ángel González, Rilke, Lois Pereiro, Paul Verlaine ou Carlos Oroza, entre outros.

Esta obra resultou gañadora en 2013 da edición número 39 do Certame Literario do Concello de Vilalba, un dos concursos poéticos máis veteranos de Galicia. Foi, asimesmo, finalista nos Premios da Edición de Galicia 2014 na modalidade de Mellor Libro de Poesía do ano.

 


PAZO DE TOR

12,50 

O LIBRO DE DESPEDIDA DA GRAN POETA (1922-2020)

 

94 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-45-8

 

Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza viaxa ás orixes familiares dos Garza, situadas neste magnífico edificio barroco enclavado nun lugar privilexiado do Val de Lemos.

Inspirándose neste espazo histórico e xeográfico, a poeta compón trinta poemas nos que, unha vez máis, demostra a capacidade da súa pluma excepcional, fóra de calquera tempo ou moda.

O coidado da edición corre a cargo da profesora Carmen Blanco, especialista na poeta, e o limiar asínao o escritor, editor e presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.

«O lector debe entrar no verso deixándose levar –escribe Freixanes–, descalzo, espido de precaucións e entregado a cada paso que, de vagariño, nos conduce pola escada de luz, coma nos antigos místicos, coma os pitagóricos, cara ao non nomeado, a música das esferas, que non se pode describir, mais debemos limitarnos a sentila».

Carmen Blanco, na súa nota editorial, exclama:  «A soidade é a vitoria. Luz Pozo Garza. Lucidez. Profundidade. Clasicismo. Tamén Luz Pozo. Poética iluminista de luscofusco. E Garza. Sensual poética erótica mística. Luz. Licenzas. Unha mestra. Unha clásica: a ave da luz sabe onde está o norte? ou “Nin sabe acaso nada…”. Pazo de Tor de Luz Pozo Garza. Pazo Garza Pozo».

PICO SACRO

19,00 
FERIDO POLO LÓSTREGO E A LENDA

Vv. Aa. Edición: Miro Villar | Xosé M. Lobato

 

Formato: 14×21 cms. 322 pp.
ISBN: 978-84-16460-15-1

 

Se hai un cumio ou monte mítico, simbólico e histórico a un tempo, en Galicia, este é o Pico Sacro. Elévase garboso ao leste de Compostela, no Concello de Boqueixón, a 533 metros de altitude.

Este libro reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos —algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais.

Dende o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, ata contos infantís…

“Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable”, sinalan os artífices desta convocatoria.

Subamos pois ao Pico Sacro. E academos, dende Galicia, o universo enteiro. Un universo escrito que se desprega en cada unha destas páxinas.

Poema da Rúa das Aves

13,00 

XLV Premio de Poesía do Concello de Vilalba

 

68 pp . 21 x 15 cms.
ISBN: 978-84-16460-78-6

 

«A poesía con formato guión». Así define o autor este singular libro de versos que foi recoñecido en 2019 co Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición número 45.

 

O Poema da Rúa das Aves é «imaxe en poesía, poesía en imaxe». Xorde a partir dun feito tan real como fondamente poético: no barrio vilalbés de Porta de Cima cada casa era coñecida cun orixinal alcume de paxaro (que o autor personifica como «Andoriña do Rego», «Moucha Sagrario», «Bubela Engracia»…).

 

Sobre esta historia, e utilizando técnicas cinematográficas, Miguel Barrera elabora unha sedutora homenaxe en verso a este barrio da súa vila natal, composicións que son tamén un tributo aos poetas de Vilalba. E a partir deste ámbito íntimo, Barrera constrúe toda unha metáfora do noso país.

POEMAS DE RUXIDO E BARRUZO

8,00 

[2º Premio XLI Certame Literario Concello de Vilalba]

 

46 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-11-3

 

O barruzo, esa chuvia pequena e teimuda que semella desaxustar o mundo, e o ruxido como metáfora –e berro– do creador inadaptado, son os dous eixes sobre os que se constrúen estes versos de Paulino Pereiro, Poemas de ruxido e barruzo,  unha obra que recibiu en 2015 o 2º premio do Certame Literario do Concello de Vilalba.

O meu barco non ten océano”, escribe o poeta. O autor atopa abeiro nunha natureza que representa aquí o equilibrio, coma o río, “sangue paralelo do meu sangue”, ou o aire da mañá “que batalla contra o ruxido”. Sobre todos eles xorde tamén o acougo na función da propia escrita.

Trinta e seis poemas en verso libre que flúen musicais e poderosos estruturados coma un diario real, datado en tempo e espazo, escritos durante seis semanas dun verán no norte…

POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY

16,00 

50 FOTOPOEMAS | PHOTOPOEMS

 

106 pp | 12 x 17 cms.
ISBN 978-84-16460-32-8
[Capa dura e interior a cor]

 

Publicado en tres idiomas  —galego, castelán e inglés— esta deliciosa edición inclúe 50 fotopoemas de Helena Villar Janeiro.

“Un libro de meditación e rezo para ateos e agnósticos”, así o define a súa autora, a premiada escritora galega.

Na contraportada avánzase a esencia desta poesía mínima, ilustrada con 50 fotografías:

“As cousas sinxelas constrúen o universo”.

PON UN PSIQUIATRA NA TÚA VIDA… E XA VERÁS

16,00 

[Un cara a cara entre unha enferma de depresión e o seu psiquiatra]

 

177 pp. 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-14-4

 

Despois de publicar en 2015 unha crónica da súa experiencia como interna nun psiquiátrico, a veterana escritora aborda agora o mundo da depresión dende un ángulo ben diferente: o revelador diálogo entre unha paciente e o seu psiquiatra.

Sally McMahon é unha muller madura que padece unha fonda depresión. Para saír do pozo, decide buscar a axuda dun especialista. Visita a un xoven psiquiatra, en sesións mensuais, durante dous anos. Nelas, van aboiando os conflitos e problemas máis fondos da súa enfermidade e da súa vida: a vellez, a idea da morte, a sexualidade, a relación cos demais, a desilusión…  E tamén o proveito, ou non, das propias citas médicas.

Despois de publicar …e os domingos, un croissant. Diario dun encontro coa vida (Alvarellos Editora, 2015), onde Ursula Heinze retratara o día a día dos internos dun sanatorio mental, agora, a prestixiosa escritora alemá afincada en Galicia regresa cun poderoso, valente e orixinal relato.

En Pon un psiquiatra na túa vida… e xa verás, a protagonista, Sally, fala a tumba aberta da súa propia depresión. A prosa camiña áxil e atraente, os diálogos médico-paciente son enormemente reveladores, e a carón deles afloran pensamentos fondos arredor das grandes dúbidas, contradicións e perigos desta tan estendida enfermidade. Nos momentos máis baixos, Sally só se conforta lembrando diante do doutor as viaxes que fixo por toda Europa nos seus anos dourados, cando era unha escritora recoñecida.

QUENDA DA CATIVIDADE

8,00 

1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2012

 

Formato: 50 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-47-6

 

Corenta sonetos de amor. Xoán Piñeiro recréase na música dos hendecasílabos para transmitirnos a ledicia da entrega amorosa: unha doce atadeira, unha cadea lene, a quenda da catividade.

“Preso por ti, / deitando un mesmo zume”, exclama.

Esta obra obtivo o I premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).

RETORNO A NATURA

13,90 

Páxinas: 140
Medidas: 14×21
Idioma: galego
Data de publicación: abril 2009
ISBN: 978-84-89323-30-8
Encadernación: rústica plastificada con lapelas
Ilustracións: Alfonso Martínez

 

Unha chamada última -que non derradeira- a salvar a paisaxe galega. Unha crítica fonda ás desfeitas. Un berro contra a destrución do noso contorno. E un clamor, tamén, con raiolas de esperanza, para soñar nun futuro de apego coa terra. 36 crónicas de prosa poética e denuncia, acompañadas -e acougadas, a un tempo- polo trazo lene e onírico do ilustrador Alfonso Martínez.

Selección de ilustracións de Alfonso Martínez para este libro

RÍO ALZHEIMER

9,00 

1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2011

 

Formato: 76 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-44-5

 

Un conmovedor relato en verso arredor da derradeira etapa vital da nai do autor, enferma de Alzheimer.  “Unha viaxe profunda e estremecedora”, en palabras no prólogo da poeta Eva Veiga.  Ela afirma: “Cando a fala se retira, aparece a escrita”.  E o poeta escribe: “Xa non sentes que abril / trouxo tépedas choivas”.

Esta obra obtivo o I premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba (2011).

ROSA TÁNTRICA

12,50 

Un diálogo con Borges en novos e orixinais poemas

 

114 pp | 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-08-3

 

Luz Pozo Garza regresa á poesía en galego cuns versos retadores. Levan por título Rosa tántrica e publícase no verán de 2016 na Colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora. Asistimos a un microcosmos poético moi singular. Afastada de calquera moda ou tendencia, a escritora e filóloga —nada en Ribadeo en 1922 e autora do seu primeiro libro de poemas hai case setenta anos (Ánfora, 1949)— establece aquí un diálogo con Jorge Luis Borges a partir do relato “La rosa de Paracelso”, onde o escritor arxentino narra a historia do mago alquimista e do seu incrédulo discípulo. Neste conto, Borges afonda na orixe da creación como algo transcendente. Sobre estes vimbios constrúe Luz, ceibe, a súa Rosa tántrica.

DEZ ANOS DE TRABALLO  EN 63 POEMAS

É o seu regreso, despois de Deter o día cunha flor (2009), á poesía en galego. Un conxunto de versos  nos que a creadora levaba traballando preto dunha década. O libro consta de 63 poemas, estruturados en dúas partes ou “Libros” e trece capítulos.

Luz Pozo mergúllanos nun peculiar universo poético no que, por veces, a puntuación xoga cos lectores e a lingua galega atrae como imán termos e xiros do sánscrito, latín, inglés, portugués e castelán.

SIMBOLOXÍA BUDISTA

Aquí, a simboloxía budista e o tantra agroman en cada intre: a enerxía positiva de Pundarika, o vieiro cara ao alén da Tábula Esmeralda, o ciclo de vidamorte-vida-reencarnación do Samsara, a pureza da Flor de Loto… Mais tamén os enigmáticos tigres de Borges ou a aparición de filósofos como Carl Jung “aquel sabio que entendía a alma”.

A IDEA DE ETERNIDADE A TRAVÉS DA CREACIÓN

Pídenos Luz, dende o seu outeiro vital, que, coma ela, nos enfrontemos á idea de eternidade a través da palabra e da creación. Así de rica e complexa é esta misteriosa e transcendente Rosa tántrica.

Esta edición, ao coidado de Olivia Rodríguez e Henrique Alvarellos, conta coa colaboración dos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, que asinan senllos poemas ao final da obra. Así mesmo, Luz Pozo é a responsable da ilustración da capa e dos debuxos interiores.

SOBRE RUÍNAS

11,00 

Poemas para o combate neste tempo de vencidos e derrotas.

 

Formato: 108 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-50-6

 

Unha poesía de altura sobre ruínas e fronte a elas. Estes novos versos de Xesús Rábade Paredes (Seixas, Cospeito-Lugo, 1949) son un berro para espelir aos rendidos. Tamén un laio contra a desolación. Álzase neles a voz contra os malditos, os ruíns e os mercadeiros. O universo literario, en fin, dun dos nosos mellores creadores.

No poema titulado “Devastación”, dise: “Quizais é que exhibimos en exceso / a infinita paciencia. / Que na mesma mirada delatamos, / como os peixes e as vacas, / a tristeza xenética”.

“Atoparás aquí, lector, cousas que che fagan pensar e cousas que te conmovan (…). O único valor da arte, dixo alguén, é lembrarnos que a vida é o que importa. (María do Cebreiro, no Limiar).

SONETOS PREPOSICIONAIS

9,00 

O amor, o desamor, a paisaxe, o paso do tempo…

 

44 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-23-6

 

A poesía que todo o nomea: o amor, o desamor, a paisaxe, o tempo… Eixes sobre os que transcorre, fuxe, o noso vivir. Sentimentos recreados en trinta e cinco composicións poéticas, construídas baixo a aparente sinxeleza, musical e perfecta, do soneto. “Soneto do desacougo”, “Soneto dende un Boeing 747”, “Soneto da eterna amizade”, “Soneto da seca”…

María Xosé Lamas mergúllase na utopía e poetiza a vida, o día a día e, tamén, os seus desvelos. Esta obra recibiu o Segundo Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42.

Telúrica

9,00 

Un berro que sae do profundo

 

58 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-22-9

 

Telúrica é un berro que sae do profundo, unha forza que se revira contra nós e que participa da terra. Herdeiro da mellor tradición poética dunha comarca tan literaria como a luguesa da Terra Chá, Xosé Otero Canto penetra como “o lume nas entrañas” na terra convertida en “corpo sacratísimo dos nosos”, mais tamén “sementada de luz” e “bébeda de auga”, unha terra moura que agroma en verde, tatuada e esculpida en vento.

 

Nestes poemas, a riqueza léxica actúa cun brío fortificado ante o bastión inexpugnable do Telúrico.

 

Xosé Otero Canto logrou coa solidez enérxica da palabra o Primeiro Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42 (2016).

O presente volume enriquécese coas ilustracións de José María Lugilde.