Facsímiles

ARTE DEL CANTO LLANO

29,00 

Páxinas: 623
Lingua: castelán
Ano edición príncipe: 1777
Ano edición facsímile: 1988
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN: 84–85311–71-X

 

 

Un auténtico liber usualis, método clásico imprescindible para todo aquel que dirixa coros ou se dedique á música en xeral. O autor, Francisco Marcos Navas, “P. salmista por SM en su Real Iglesia de San Isidro de Madrid”, divide este extenso volume, de máis de seiscentas páxinas e editado a todo luxo, en cinco tratados:

Teórica del canto llano, Práctica (con el oficio de Difuntos, Sepultura, Misa y Procesión), Explicación del canto figurado, Explicación del canto de órgano, “entonación a seis voces, terceras, cuartas y quintas”, e “Explicación del método con el que se han de cantar las nueve Lamentaciones y la Bendición del Cirio”.

Os exercicios prácticos abondan por toda a obra.

DE CATRO A CATRO. MANUSCRITO ORIXINAL

22,90 
2ª EDICIÓN

 

170 pp | 21 x 15 cms.
Cartonado con sobrecuberta.
ISBN 978-84-16460-99-1

 

De catro a catro é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e está considerado ademais como unha das cimas universais da poesía vangardista.

 

O manuscrito orixinal e inédito de Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930) que aquí publicamos é o documento polo que se guiou o seu editor Ánxel Casal —controlado moi de preto polo propio poeta— para compoñer o libro De catro a catro. Follas d’un diario d’abordo, que sairía do prelo de Nós. Pubricacións Galegas e Imprenta, na rúa Real, nº 36-1º d’A Coruña, en marzo de 1928.

 

O manuscrito é peza única, propiedade dos herdeiros de Domingo García-Sabell, que xenerosamente o cederon para proceder á súa divulgación. Presenta moi bo estado de conservación polo que foi posible abordar esta edición facsimilar e a transcrición íntegra do texto.

O traballo de lectura e transcrición foi realizado por Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago.

Quixemos respectar o formato e deseño orixinais, o caderno contable no que foron escritos os versos, polo que este volume reproduce fielmente esas características.

 

Presentamos agora, en  2021, esta segunda edición. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016, nunha coedición entre Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Universidade de Santiago, cuxo Servizo de Publicacións se ocupou da dixitalización do orixinal.

Esta edición do manuscrito chegou a ser cualificada pola crítica como «un dos achados documentais máis sorprendentes deste século» (Armando Requeixo, Faro de Vigo), «unha auténtica alfaia» (Ramón Nicolás, Caderno da crítica) ou «estremecedora edición facsimilar» (Ramón Rozas, Diario de Pontevedra).

 

Así mesmo, foi finalista en 2017 nos Premios da Crítica de Galicia (na categoría de Creación) e na Gala do Libro Galego (na categoría de Mellor Iniciativa Bibliográfica).

 

Ver interior

EL PRIMER LOCO (EDICIÓN FACSIMILAR E ILUSTRADA)

19,50 

280 pp . 15 x 20 cms.
ISBN 978-84-16460-58-8
Idioma: castelán (a novela) e galego (a introdución)

 

EL PRIMER LOCO foi publicada en Madrid en 1881. Está ambientada no Bosque do Banquete de Conxo. A presente edición inclúe, á parte da reprodución facsimilar de 1881, un revelador estudo de María do Cebreiro e Germán Labrador e impactantes fotografías do Bosque de Conxo, de Denís Estévez.

Presentamos unha edición moi especial da derradeira novela de Rosalía de Castro. Publicada en Madrid en 1881, El primer loco (subtitulada “Cuento extraño”) desenvólvese no bosque que, en 1856, acollera o insólito Banquete democrático de Conxo, un espazo natural –e vital– que fascinaba á autora. A novela ergue unha dobre bandeira: por unha banda, a da dignidade humana; por outra, a defensa da paisaxe, da natureza.

O presente volume, publicado en coedición Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago, reproduce fielmente aquela edición primeira e incorpora un magnífico estudo introdutorio, escrito polos especialistas María do Cebreiro Rábade Villar (Universidade de Santiago de Compostela) e Germán Labrador Méndez (Universidade de Princeton-New Yersey, un traballo que con seguridade sentará as bases e abrirá camiños para futuras e novas interpretacións da obra de Rosalía de Castro, en concreto na súa relación coa psiquiatría e tamén co espiritismo.

Un singular apéndice gráfico completa esta sedutora publicación: vinte fotografías de Denís Estévez que nos convidan a trazar unha reveladora viaxe sensorial polas sendas do histórico bosque do Banquete de Conxo e de El primer loco.

ESPAÑA SAGRADA

(Teatro geográfico histórico de la Iglesia de España)

– Índice Obra Completa
– Tomo XIV – Coimbra
– Tomo XIX – Santiago
– Tomo XL – Lugo 1
– Tomo XLI – Lugo 2
– Tomo XV – Braga
– Tomo XVI – Astorga
– Tomo XVII – Ourense
– Tomo XVIII – Mondoñedo
– Tomo XXI – Porto
– Tomo XXII – Tui 1
– Tomo XXIII – Tui 2

A España Sagrada é unha das empresas historiográficas máis monumentais e consistentes de España. Unha enciclopedia en 52 volumes que viu a luz no século XVIII. Foi concebida polo relixioso burgalés Henrique Flórez, que escribiu os 29 primeiros volumes, continuada a súa inxente labor por Manuel Risco, e xa finalmente por Merino e La Canal.

Flórez, que inicia a publicación desta inxente obra en 1747, dividiu a península ibérica por dióceses, das que estuda a fundación, moedas, monumentos, inscricións, manuscritos, bispos, abades, santos, igrexas e monumentos. Malia súa concepción relixiosa, estamos unha obra imbuída da nova ideoloxía do momento, procedente de Francia: a Ilustración.

Henrique Flórez intenta facer un traballo metódico e crítico achegándose para isto ás fontes, sendo o seu lugar de traballo cabildos, bibliotecas, arquivos e museos. Busca a verdade histórica e faino cun estilo claro, conciso, con naturalidade. A España Sagrada é, polo tanto, non só unha obra histórica, senón tamén un catálogo fondo e documentado do seu tempo.

Alvarellos Editora emprendeu en 1989 a publicación dos volumes relacionados con Galicia. En 2005 son doce os tomos publicados, editados en tapa dura e a todo luxo (cun cómodo tamaño de 16×21 centímetros), e que corresponden a Santiago, Lugo (dous tomos), Ourense, Tui (dous tomos), Mondoñedo, Braga, Oporto, Coimbra e Astorga, máis o Índice General de toda a obra (dos 52 volumes).

ESPAÑA SAGRADA TOMO XIX – SANTIAGO

29,00 

Páxinas: 415
Lingua: castelán
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN: 84–85311-84-1

 

Recuperamos, dezasete anos despois da súa primeira edición en facsímile (Alvarellos Editora, 1989), o tomo XIX dedicado a Santiago de Compostela da gran enciclopedia do século XVIII, a España Sagrada.

O relixioso burgalés Henrique Flórez é o autor deste volume de máis de catrocentas páxinas, publicado por vez primeira en Madrid no ano 1742. Nel nárrase a fundación da cidade e da díocese compostelá, coa súa orixe no porto de Iria Flavia, no século IX, e chégase nos feitos ata o tempo do seu primeiro grande arcebispo, Diego Xelmírez, no século XII.

O tomo de máis de 400 páxinas, ao igual que os restantes desta colección de facsímiles do século XVIII está encadernado en capa dura e nunha edición moi coidada.

ESPAÑA SAGRADA TOMO XV – BRAGA

29,00 

Braga, a romana Bracara Augusta, foi capital da Gallaecia e con esta entidade é tratada no presente volume. Contidos: “Del nombre, límites y regiones de Galicia”. “Concilios de Braga”, “Catálogos de Obispos”, “De los Santos Bracarenses”, etc.

 

Páxinas: 512
Lingua: castelán
Colección: FACSÍMILES SÉCULO XVIII
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN: 84–89323-15-5

LA LÁMPARA MARAVILLOSA

18,00 

EJERCICIOS ESPIRITUALES (EDICIÓN FACSIMILAR)

 

302 pp | 13 x 17,5 cms.
ISBN 978-84-16460-34-2
EDICIÓN FACSIMILAR
Cosida con fío.
Capa con sobrecuberta

 

Presentamos a edición facsímile deste belísimo e insólito libro de Ramón del Valle-Inclán. Unha obra  publicada en 1916, ilustrada por José Moya del Pino e concibida como un todo, pois forma e fondo dialogan aquí á perfección.

Un século despois, regresamos a aquela «edición príncipe» ou primeira, e quixemos reproducila fielmente, co fin de achegar o máis posible a experiencia lectora de hoxe ao espírito orixinal desta Lámpara maravillosa que nos iluminará no camiño de comprensión da beleza.

O libro, publicado en 2018 por Alvarellos Editora en colaboración co Consorcio de Santiago, preséntasenos como unha autobiografía do autor quen, fascinado polo ocultismo, desexa transitar por novos vieiros creativos e non dubida en experimentar, por exemplo, co propio cannabis. Séntese peregrino e sitúa en Santiago de Compostela (a súa «rosa mística de pedra») ese lugar onde o tempo se fai eternidade.

A presente edición enriquécese cun estudo a cargo da profesora Olivia Rodríguez-Tudela, fotografías de época do autor e un prólogo do profesor Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor.

MEMORIAS PARA LA HISTORIA DE LA POESÍA, Y POETAS ESPAÑOLES (Obras póstumas)

29,00 

Páxinas: 429
Lingua: castelán
Colección: Facsímiles Século XVIII
Ano 1ª edición: 1775
Ano edición facsímile: 1988
ISBN: 84–85311–70-1
Medidas: 15,5 x 21 cms.
Limiar: Eligio Rivas Quintas

 

Martín Sarmiento é unha das grandes persoalidades de Galicia. A obra que editamos en facsímile (encadernada en tapa dura e en edición de luxo) foi publicada orixinariamente por Ibarra en Madrid en 1775, tres anos despois do falecemento deste ilustrado nacido en Villafranca del Bierzo (León).

Estas Memorias para la historia de la poesía, y poetas españoles son todo un tratado completo das letras hispanas. Como afirma, no Prólogo, o doutor en Filoloxía Románica Eligio Rivas Quintas, “o Padre Sarmiento vai dereito ás fontes, a miúdo aos propios orixinais. É un dos primeiros en abrir roteiros, tanto na literatura castelá como galega. Analiza o Cantar del Mío Cid e o seu significado na épica, a súa antigüidade e a métrica, logo de ler todo o manuscrito. Magóase de que non haxa quen dé ao prelo a poesía de Gonzalo de Berceo e ofrécese, se tal sucedese, a comentala el mesmo. Axiña se dá conta dos valores que agocha o Arcipreste de Hita na peculiar miscelánea do Libro del Buen Amor. E adivina toda a dimensión da nosa Escola lírica galego-portuguesa cando aínda non apareran os Cancioneiros”.

OBRAS DEL CURA DE FRUÍME (7 tomos)

195,00 

Páxinas (total dos 7 volumes): 2.897
Lingua: castelán (principalmente) e galego
Colección: Facsímiles Século XVIII
Ano edición príncipe: 1778
Ano edición facsímile: 1988
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN obra completa: 84-85311-74-4

 

 

Encontrámonos ante unha desas obras fundacionais da cultura de Galicia. A edición facsímil —en sete tomos e encadernada a todo luxo— recupera a obra completa de Cernadas y Castro publicada en Madrid en 1778 (un ano despois do falecemento deste crego ilustrado). A maior parte dos escritos do Cura de Fruíme están en castelán, pero tamén escribiu singulares pezas en galego. Tal e como subliña o seu estudoso Xosé Manuel Rivas Troitiño, Fruime “quizais fora o escritor de maior produción en galego nese século. Ademais, xustificou o uso do galego como idioma literario nunhas célebres décimas á marquesa de Camarasa. Para Benito Vicetto, Neira de Mosquera ou Couceiro Freijomil foi o poeta máis popular que houbo en Galicia”._x000D_
_x000D_
O Cura de Fruíme foi un fecundo escritor, en prosa, verso e teatro. Nos seus textos sobre temas galegos amosa un fondo galeguismo e clama con indignación contra as inxustizas das que era víctima Galicia.

Diego Antonio Cernadas y Castro está aínda hoxe inxustamente olvidado, razón pola que nos prace especialmente incluír no noso catálogo a súa obra completa.



Seis poemas galegos [Edición facsimilar e ilustrada]

14,00 
Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018

 

60 pp . 17 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-53-3

 

Edición facsimilar do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías do poeta en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.

Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, á parte do seu castelán natal, foi a galega. A primeira edición dos Seis poemas galegos saíu do prelo de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935,  oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba os douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.

Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían axiña incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.

AS FOTOGRAFÍAS DE GARCÍA LORCA EN GALICIA

A presente edición facsimilar reproduce fielmente un daqueles contados exemplares de 1935. Respecta, por unha banda, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outra, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, ata dez imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta gallego… poeta de alta hierba, de la lluvia alta y pausada”, algunhas delas, moi descoñecidas, mais outras catro fotografías directamente relacionadas coa xestación dos Seis poemas galegos.

O editor e escritor Henrique Alvarellos, responsable da edición, tamén este ano, do libro El gran viaje de estudios de García Lorca (Alvarellos Editora), ocupouse neste facsimilar da selección e comentario de cada unha das fotografías.

Este coidado volume recibiu na IV Gala do Libro Galego o Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018.