Autor

Xurxo Alonso

"Xurxo Alonso é poeta e pintor. Naceu en Buenos Aires en 1956 e reside dende os oitos anos en Vilagarcía de Arousa. Entre a súa obra literaria cómpre destacar Onde viven os saqueadores de naufraxios (2002), Premio Johán Carballeira;  Cidades de area (2005), Premio Fermín Bouza Brey; Breviario de Aldemunde (2005), Premio de Poesía do Concello de Carral e Cartas da fronteira (2017), Premio de Poesía Cidade de Ourense.En 2019 recibiu por segunda vez o Premio de Poesía do Concello de Carral por En luz escrita e o Torre de Caldaloba do Concello de Cospeito por Hora de penumbra. (Fotografía autor: Ángel Chantre)."

Libros do Autor

Hora de penumbra

9,50 

1º Premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba

 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-92-2

 

Hora de penumbra é o título do novo libro de poemas do escritor e pintor Xurxo Alonso. Recibiu en 2019 o primeiro premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba que convocan anualmente o Concello de Cospeito (Lugo) e a Asociación Cultural de Pino, en colaboración con Culturalia GZ.

Ao longo de 27 poemas, Xurxo Alonso pousa unha ollada renovada sobre os grandes interrogantes do ser humano: o pasar do tempo, o amor, a morte…

O xurado destacou nesta obra a “sólida arquitectura versal”, a “forza dos símbolos empregados” e o “amplo caudal de intertextualidades” das composicións poéticas.