Autor

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996). Autor homenaxeado en 2015 co Día das Letras Galegas. Ver biografía na páxina da Real Academia Galega.

Libros do Autor

HISTORIAS DE COMPOSTELA

22,00 

DEZASETE CRÓNICAS DE SANTIAGO (1970)

 

344 pp | 13 x 21 cms | Cartonado.
ISBN 978-84-16460-00-7

 

Unha nova edición, traducida por vez primeira ao galego e con limiar de Xerardo Estévez, rescata as dezasete Historias de Compostela que Xosé Filgueira Valverde publicara en 1970 no selo dos Bibliófilos Gallegos.

Unha das obras fundamentais de Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996). Estas Historias de Compostela foran publicadas en 1970 na editorial compostelá Bibliófilos Gallegos e aparecen agora por vez primeira traducidas ao galego.

No novo limiar que acompaña á presente edición, o arquitecto e ex-alcalde de Santiago, Xerardo Estévez, resume así a esencia destas páxinas:

«Hai na obra de Filgueira un ostinato compostelán coa súa historia propia e europea, que vai do acibeche ou o gravado á grande arquitectura, de Xelmírez a Quevedo, das cantigas alfonsinas ao esplendor do Camiño».

Foron varios centos os traballos que Xosé Filgueira Valverde dedicou ao seu adorado Santiago. Nestas Historias o escritor vese a si mesmo coma un “recomptador”, ou recompilador, daqueles que andaban os camiños da vella Europa contando relatos e cantando melodías, dos que armaban historias para facer máis doada a peregrinación de todos aqueles que ansiaban Compostela.