Autor

Xerardo Quintiá

Xerardo Quintiá nace en Friol no ano 1970. Poeta, narrador e autor de literatura xuvenil e infantil. En 1984 trasládase a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Está casado, ten un fillo e traballa como axente comercial. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural «Táboa Redonda» de  El Progreso (1988) e colaborou en revistas como Dorna ou Xistral. Como poeta ten publicado Ailalalalelo de auga  (2001), Poesía en Ruta (2007), premio Fermín Bouza Brey; FORNELOS & FORNELOS, primeira fundación (2011), premio Fiz Vergara Vilariño;  FORNELOS & FORNELOS, segunda fundación (2016), premio Eusebio Lourenzo Baleirón, e FORNELOS & FORNELOS, terceira fundación (2019), premio Lueiro Rey. (Imaxe do autor: Adrián Ferreiro-AELG).

Libros do Autor

Obra inacabada de Dosinda Christensen

14,90 

Premio do Certame de Poesía do Concello de Vilalba 2020

 

184 pp . 14 x 22 cms.
ISBN: 978-84-16460-98-4

 

A voz poética que emerxe nestes versos, depurada ata o extremo, é a de Dosinda Christensen. O autor, Xerardo Quintiá, crea un heterónimo, unha voz feminina que anula a súa propia voz de autor e será ela a protagonista da obra. Esta voz de Dosinda vai configurando, dende a nada, e a través da palabra, todo un mundo arredor, unha nova realidade construída a través de significantes e significados.

Este poemario conta coa colaboración do artista e tamén poeta Baldo Ramos na ilustración da capa.

Obra inacabada de Dosinda Christensen recibiu, en 2020, o Premio de Poesía do Concello de Vilalba na súa edición número 46.