Autor

Thiago Lopes

Thiago Lopes é un ilustrador e deseñador gráfico especializado en deseño editorial. Naceu en 1987 en San Paulo (Brasil), onde vive e traballa. Principiou en 2009 no eido na literatura infantil e xuvenil, ao retamar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de San Paulo. As súas ilustracións son engaiolantes, divertidas e delicadas.

Libros do Autor

Como se di?

14,00 

Lawrence Schimel |  Ilustrado por Thiago Lopes

ISBN 978-84-18567-01-8
Pp: 36. Formato: 21,5 x 26 cm
Cartonado. Cosido a fío.
Impreso en Papel FSC Amigo dos Bosques

 

Os mesmos autores de Queres ler un libro comigo? tráenos agora esta nova proposta: Como se di?, un conto que convida a participar activamente aos nosos primeiros lectores e lectoras.

 

TEXTO CONTRACAPA
Se lle tes que pedir permiso ao rei para xogar no labirinto do seu castelo, como se di?

E cando os avós che traen un agasallo da súa viaxe a Exipto, como se di?

Un conto cheo de imaxes fantásticas e nas que expresións como «por favor» ou «grazas» son a chave para viaxar coa imaxinación.
 

CLAVES PARA A LECTURA

Dicir “Por favor”, “Grazas”, “Boa tarde” ou “Bo día” é algo máis que un simple acto de cortesía. Son normas de convivencia, de “conexión” coas demais persoas, que deben formar parte de nós dende os primeiros anos.

Con este conto descubriremos a empatía, a tolerancia e a reciprocidade, valores que deben conformar a intelixencia social das nenas e nenos.

Un álbum ilustrado que convida directamente á participación activa das crianzas, pois está escrito coma un xogo de pregunta-resposta no que irán xurdindo esas fórmulas máis acaídas da cortesía, fórmulas que son realmente claves na interacción social.

Idade de interese: +3  

Nivel de lectura: +5 

 

QUERES LER UN LIBRO COMIGO?

14,00 

Lawrence Schimel | Ilustrado por Thiago Lopes

 

32 páxinas Formato: 25×21 cms
ISBN 978-84-16460-18-2
Capa dura

 

Un álbum ilustrado que convida a compartir e reflexionar sobre a diversidade [+3 anos]

 

EDICIÓN RENOVADA EN TAPA DURA

Antón xa sabía ler só, pero quería compartir o seu libro favorito. Saíu todo contento polo barrio e buscou, e buscou… pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado…!  Ata que atopou a alguén inesperado con quen facer realidade o seu desexo…

Queres ler este libro comigo?

 

IDADE DE INTERESE: + 3
NIVEL DE LECTURA: + 5

 

Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza maior dimensión.

Ademais, este conto axuda a tratar temas como a exclusión promovendo o respecto á diversidade. Revélanos que nunca debemos dar nada por feito. Que arredor dun hai todo un mundo de experiencias por descubrir e que todas as persoas suman nel.