Autor

Teresa Moralejo Gárate

Teresa Moralejo Gárate, tradutora. É doutora en Filoloxía inglesa pola USC e profesora na Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Moralejo Gárate é neta de Abelardo Moralejo, responsable en 1951 (xunto con Casimiro Torres e Julio Feo) da primeira tradución do latín ao castelán do Códice Calixtino, e filla do tamén filólogo Juan José Moralejo Álvarez, quen en 2004, xunto con María José García Blanco, levaron a cabo unha edición anotada desta histórica obra.

Libros do Autor

Codex Calixtinus-Book V [Edición en inglés]

14,50 

Pp. 104. Formato 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-75-5

 

Publicamos a edición en inglés do Libro V do Codex Calixtinus. A tradución corre a cargo da filóloga Teresa Moralejo (neta de Abelardo Moralejo, quen, en 1951, fora o primeiro en traducir o Códice do latín ao castelán). O Calixtinus foi elixido en 2017 pola UNESCO como “Rexistro da Memoria do Mundo”.

 

Unha edición en inglés (no mesmo formato popular e de peto na que publicara a edición en castelán en 2016) do texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino: o Libro V ou Guía do Peregrino Medieval, escrito a mediados do século XII e que se considera a primeira guía de viaxes de Europa. Hoxe, no mercado, non era posible atopar unha edición popular, en inglés, desta obra.

 

O Codex Calixtinus foi seleccionado en 2017 pola UNESCO como «Rexistro da Memoria do Mundo», unha inscrición que recoñece as grandes xoias documentais da historia da humanidade.

 

Estamos diante dun texto que é un tesouro esencial para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.

 

O autor deste Libro V do Códice, posiblemente un monxe francés chamado Aimeric Picaud, detense nos lugares, monumentos e persoas que atopa no camiño do Camiño de Santiago. A narración faranos viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.