Autor

Santiago Nogueira

Santiago Nogueira Romero (Santiago de Compostela, 1928-2011) foi un dos letrados galegos máis brillantes, especialista en Dereito Civil e Procesual, e fundador, en 1953, do “Gabinete Xurídico Santiago Nogueira Avogados”. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1951), durante 25 anos foi profesor de Dereito Civil na Facultade de Dereito e chegou a presidir o Padroado da Universidade. Membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, Académico numerario e fundador da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, publicou diversos traballos sobre o Recurso de Casación. No primeiro goberno da democracia, foi director xeneral de Juventud do Ministerio de Cultura que presidía Pío Cabanillas.

Libros do Autor

SANTIAGO A TRAVÉS DE MIS GAFAS

17,00 

Páxs: 180
Medidas: 13×23
Encadernación: capa branda con lapelas
Idioma: castelán
Ilustracións: caderniño de 8 páxinas con fotografías
Data de aparición: novembro 2009
ISBN: 978-84-89323-35-3

 

Unha pluma fluída e unha memoria puntual e rica, preñada de anécdotas e datos, converten esta crónica de Santiago Nogueira nunha obra coral, un retrato magnífico do seu tempo, e un valioso testemuño sobre os avatares do século XX en Compostela. Polas páxinas de SANTIAGO A TRAVÉS DE MIS GAFAS desfilan personaxes e acontecementos que moitos composteláns e galegos terán na memoria. O avogado Nogueira viaxa ata os tempos da república e a posterior traxedia da guerra civil; retrata máis adiante a vida universitaria nos anos 40 e 50, os seus anos de docente na Universidade, a súa afección polo fútbol ou pola música popular, ou a súa participación en política como director xeneral de Juventud no segundo goberno de Adolfo Suárez (primeiro da democracia), no ministerio de Pío Cabanillas. A paixón pola avogacía preside cada páxina desta obra. Nun dos seus capítulos, Santiago Nogueira describe algún dos casos máis singulares da súa traxectoria profesional, entre eles, o affaire Barreiro, sobre o procesamiento do que fora conselleiro de Presidencia José Luís Barreiro Rivas. A través das súas lentes, Nogueira Romero enfoca o pasado, o seu pasado presente. E faio dun xeito honesto, preciso e intelixente.