Autor

Rubén Martínez Alonso

Rubén Martínez Alonso (Vigo, 1980) é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursa posteriormente os seus estudos de doutoramento en Linguaxe, Ciencia e Antropoloxía na Universidade da Coruña. Será aquela cando publique en Papeis Ártabros o seu traballo «Imaginería lígnea de la iglesia parroquial de Nuestra Señora del Carmen de Ferrol», onde cataloga as pezas máis destacadas deste templo da Cidade Departamental. Co inicio da súa tese de doutoramento Las sociedades recreativas en la Galicia urbana(1850-1936), simultaneará a investigación coa docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Por outra banda, no ámbito da creación literaria galega, o autor realiza as súas primeiras incursións a través da poesía, publicando en Dorna, e estréase posteriormente tamén na narrativa con la novela 1980 (ano cero) y en 2012 con A saudade do caracol.

Libros do Autor

[OFERTA ] EL CASINO DE VIGO

5,90 

Crónica ilustrada de la histórica sociedad de recreo (1847-1936)

 

Formato: 212 pp. 20×19 cms
ISBN: 978-84-89323-77-3

 

O historiador e investigador vigués Rubén Martínez Alonso viaxou a aqueles anos aurorais nos que Vigo construíase como grande cidade. E recolleu nestas páxinas a crónica do Casino dende 1847 a 1936. Os bailes, o teatro, o cinema, as visitas de personalidades ilustres (Joaquín Loriga, Castelao, Alfonso XIII e Victoria Eugenia, Basilio Álvarez, Ramón Cabanillas, Rodríguez de Viguri…). Detense tamén na contabilidade, na moda ou na arquitectura arredor do Casino de Vigo. Un relato enriquecido por un cento de fotografías históricas, e ilustracións, moitas delas, tamén inéditas.

Formato: 212 pp. 20×19 cms
ISBN: 978-84-89323-77-3