Autor

Paulino Peña

Paulino Peña Álvarez (Vilardevós-Ourense, 1960) é mestre e poeta. Licenciado en Filoloxía Galega e Filosofía e Ciencias da Educación, coordinou os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Ourense entre 2006 e 2010. 
Recibiu, entre outros recoñecementos, en 2004 o 1º premio no IV Certame de poesía Anduriña Voandeira de Euskadi, polo traballo titulado Porque sei de ti; en 2006, o 1º Premio no X Certame de Poesía Francisco Añón, coa obra Rodopíos no encoro, e en 2008, o 1º Premio no XI Certame de Poesía de Carral coa obra Gramática da afirmación.  

Libros do Autor

Na pel das árbores do vento

9,50 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-68-7

 

O libro de poemas Na pel das árbores do vento de Paulino Peña (Vilardevós, Ourense, 1960) recibiu en 2019 o 2ª Premio da primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito (Lugo).

O xurado valorou nesta obra a súa “evocación dos sentidos, cun axeitado uso da retórica e da voz poética, en forma de versos como lategazos que obrigan a pensar e deixan un lene pouso de lembranza”.

A poeta Monte González Álvarez afirma no Limiar: “Cada verso forma, no seu conxunto, un todo onírico, un compendio de emocións en estado puro, que se ven como as feridas que deixa o aire seco nas mans, que fenden a alma e o EU máis profundo do lector que se insira na súa lectura”.

2º Premio do Iº Certame de Poesía Torre de Caldaloba (Cospeito)