Autor

María García Caballero

"

María García Caballero é licenciada en Xeografía e Historia (sección Historia da Arte) pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola Universidade de Valladolid (2002), con Premio Extraordinario. Profesora de Ensino Secundario desde 1987, desenvolve o seu labor docente no Instituto Val Miñor de Nigrán. É autora de varios artigos publicados na Gran Enciclopedia Gallega e este é o seu primeiro libro.

"

Libros do Autor

VIDA MUSICAL EN SANTIAGO, LA

24,00 
A FINALES DEL SIGLO XIX

A musicóloga María García leva a cabo un extenso e documentado estudo de máis de 400 páxinas sobre unha época moi pouco tratada pola bibliografía existente.

Idioma: Castelán
Data 1ª edición: Xaneiro de 2009
ISBN: 978-84-89323-26-1
Páxinas: 407
Medidas: 17×24 cms
Encadernación: cosida, con tapa branda plastificada e solapas

 

Tunas e concertinas, orfeóns e rondallas, funcións teatrais, compañías líricas, ópera, zarzuela, sociedades recreativas, verbenas, romarías, bailes, cafés-concerto, unha Banda Municipal en auxe… La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX transpórtanos a unha Compostela na que a música empeza a transcender os seus espazos habituais relixiosos –con epicentro na catedral e a súa Capela de Música– e ábrese a novas manifestacións máis laicas e urbanas ligadas a unha ideoloxía en auxe, o Rexionalismo. É a época da creación da Escola de Música da Sociedade Económica de Amigos do País, antecedente do actual Conservatorio Histórico de Santiago. A autora, María García Caballero, doutora en Musicoloxía, mergúllanos nun universo apenas tratado pola bibliografía especializada. Centenares de datos, anécdotas, cifras e nomes propios constitúen un vasto estudo que nos traslada aos costumes e formas de vida dun tempo convulso e histórico, o Santiago da Restauración.