Autor

Jesús Ángel Sánchez García

Jesús Ángel Sánchez García (A Coruña, 1967) é Profesor Titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en historia da arquitectura e do urbanismo, a súa tese doutoral La arquitectura teatral en Galicia foi publicada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza no ano 1996. Ademáis dos estudos adicados a outras vertentes do patrimonio –pazos, faros, xardíns–, as arquitecturas para o espectáculo centraron publicacións como La arquitectura teatral en Santiago de Compostela, 1768-1946 (1993), Teatro Colón. Memoria y futuro de un espacio de ilusión (1999), “Os espazos teatrais en Galiza” en Cento vinte e cinco anos de Teatro en Galego (2007), ou especialmente a coordinación con José Luis Cabo do volume Cines de Galicia (2012). Ten colaborado como asesor histórico-artístico na recuperación de espazos escénicos como o Teatro Rosalía Castro de A Coruña, Teatro Colón de A Coruña ou Teatro Jofre de Ferrol.

Libros do Autor

SALÓN TEATRO

18,00 

Corazón do espectáculo

 

Formato: 205 pp. 17×24 cms
ISBN: 978-84-89323-54-4
(Rústica con lapelas)

 

Inaugurado nun mes de outubro de 1920, o Salón Teatro constituíuse axiña en referente cultural de Santiago. Cine, teatro, música e outras manifestacións artísticas sucedéronse neste edificio –situado no número 34 da rúa Nova– ao longo de todos estes anos. Dende 1999 é a sede do Centro Dramático Galego.

Este libro de Jesús Ángel Sánchez recolle de maneira amena, documentada e ilustrada con máis dun cento de fotografías e documentos da época, a crónica dunha institución que foi, e segue a ser, protagonista indiscutible da vida cultural de Compostela.