Autor

Javier Ares Yebra

"Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983), é guitarrista, investigador e docente. Doutor en Comunicación pola Universidade de Vigo, coa primeira tese sobre o filósofo ruso Piotr Suvchinski e as súas conexións con Ígor Stravinski, pola que obtivo en 2017 o Premio Extraordinario de Doutoramento e Mención Internacional. En 2019 foi investigador posdoutoral na Fundación Paul Sacher (Basilea), onde traballou co Arquivo Stravinski. Sobre o compositor ruso ten publicados varios artigos de investigación en revistas especializadas e o libro "Historia, estética y política en la Poética musical. La 'constelación Stravinski' en el París de entreguerras". Actualmente é profesor do Departamento de Historia e Ciencias da Música da Universidade de Granada. "

Libros do Autor

Poética musical

17,50 

Ígor Stravinski

Introdución, tradución e notas de Javier Ares Yebra

Páxinas: 168
Formato: 13 x 23 cms
ISBN 978-84-18567-14-8

As célebres conferencias de Ígor Stravinski e a súa conexión coa cultura galega
Traducidas agora por vez primeira ao galego, as conferencias que Ígor Stravinski pronunciou en Harvard no curso 1939/40 son unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un goce de lectura. A presente edición, ao coidado do músico e investigador Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983), inclúe un revelador estudo onde Ares Yebra explora a relación do compositor ruso coa cultura galega.