Autor

Irene Tomé

"Irene Tomé é xornalista e investigadora sobre Memoria Histórica na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e investiga no campo do Discurso e da Memoria Histórica. No eido da poesía, publicou xunto con Xabier Ron en 2017 o poema “As fendas do Pico Sacro”, que forma parte do libro colectivo Pico sacro: ferido polo lóstrego e a lenda (Alvarellos Editora), en edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato. O presente fotopoemario Os exilios que somos é a súa primeira obra. (Fotografía de Amador Lorenzo)"

Libros do Autor

Os exilios que somos

13,00 

Irene Tomé e Xabier Ron

[Fotopoemas]

 

68 pp. 19 cms ancho x 14 cms alto
978-84-16460-76-2

 

É a historia que turra de nós, que porfía, por non estar resolta aínda.

Somos Xabier Ron Fernández (Lyon, 1969) e Irene Tomé Urresti (A Coruña, 1985), docente e xornalista que compartimos o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do noso país. Por medio de fotografías, que se foron facendo durante os últimos quince anos, acompañadas de poemas, queríamos dar voz, dentro da súa dificultade, á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas. Este é o xerme do presente fotopoemario.

 

Traballa na aula con esta obra  [Unidade Didáctica]