Autor

Fernando Franjo

Fernando Franjo Franjo (Monforte de Lemos, 1963). Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como xornalista desde hai máis de dúas décadas no diario da capital de Galicia, El Correo Gallego, onde se especializou en temas de ámbito cultural,  sobre todo en música, eido no que entrevistou a algunhas das máis grandes estrelas do jazz, o blues ou o rock. Apaixonado dos Cafés históricos e literarios, desde hai anos investiga e publica sobre este mundo en prensa escrita e nas Redes, en especial a través do seu coñecido blog “La vuelta al mundo en 80 Cafés”.

Libros do Autor

50 Cafés históricos de España y Portugal

24,00 

Formato 212 pp. 20 x 19 cms
ISBN: 978-84-89323-90-2

 

Unha guía ilustrada con máis de 330 fotografías e documentos de época.

Cafés históricos de España e Portugal: cincuenta museos vivos reunidos por vez primeira nun roteiro único.

O aroma dos vellos e grandes Cafés. Por vez primeira, un percorrido histórico, literario e humano con parada en cincuenta dos locais máis emblemáticos de España e Portugal. Ilustrado con 330 fotografías e documentos de época.

O autor introdúcenos nunha atmosfera singular na que os reloxos parecen terse detido, a conversa é rica e pausada, e a lectura convértese nun verdadeiro pracer.  Neles chegamos a sentir o ecoar de preto dun Pablo Picasso, Valle-Inclán, Fernando Pessoa, ou mesmo Mick Jagger ou Sara Montiel.

Estes 50 CAFÉS HISTÓRICOS DE ESPAÑA Y PORTUGAL son museos vivos. Representan unha heroica historia de supervivencia. 

Como sinala Antonio Bonet Correa no Prólogo, “son ejemplares únicos que deben ser visitados por lo menos una vez en la vida”.

Adaptados aos novos tempos, resultan hoxe tamén lugares dinámicos, multiculturais, que convocan a todo tipo de xentes.