Autor

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921) está considerada como a mellor novelista española do século XIX e unha das máis destacadas e prolíficas escritoras españolas de todos os tempos, autora de centos de contos, libros de viaxes, novelas e ensaios. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres. Entre as súas novelas destacan La Tribuna (1883) ou Los pazos de Ulloa (1887) e entre as biografías, San Francisco. Siglo XIII (1882), publicada tamén por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago en 2014 e que a autora consideraba unha das súas obras máis logradas.

Libros do Autor

El peregrino y otras historias en Compostela

22,90 

Emilia Pardo Bazán

Os contos e novelas curtas que Emilia Pardo Bazán ambientou na cidade de Santiago de Compostela, reunidos agora nunha coidada edición preparada polo catedrático da Universidade de Santiago, o profesor experto na escritora, José Manuel González Herrán. Inclúe manuscritos e ilustracións orixinais moi pouco coñecidas. Un volume publicado por Alvarellos Editora na súa premiada colección Rescate, en coedición co Consorcio de Santiago.

356 pp . 13 x 20,5 cms
ISBN 978-84-18567-04-9
Tapa dura e ilustrado.

SAN FRANCISCO DE ASÍS

29,00 

SIGLO XIII

 

Formato: 774 pp. 13×21 cms
ISBN: 978-84-89323-59-9
[Capa dura]

Emilia Pardo Bazán consideraba este extenso e erudito traballo sobre san Francisco de Asís e a Europa do século XIII como unha das súas obras máis logradas. De feito, o libro, publicado en 1882, foi un dos máis populares en vida da autora. Con todo, hoxe resultaba practicamente inencontrable para o gran público.

Tres especialistas en Pardo Bazán traballaron conxuntamente para dar a luz este rescate editorial: por unha banda, Javier López Quintáns, responsable da edición crítica; por outra, José Manuel González Herrán, que asina o estudo introductorio, e, finalmente, Cristina Patiño Eirín, responsable dos Apéndices. O tres pertencen ao grupo de investigación “Emilia Pardo Bazán” da Universidade de Santiago de Compostela.

O San Francisco de Pardo Bazán conserva para o lector actual boa parte do interese que suscitou no seu tempo. Quizá para os historiadores moitas das súas achegas perdesen vixencia, pero como obra literaria mostra o mellor da escritora: a súa capacidade para recrear imaxinativamente épocas, ambientes, personaxes; o seu dominio no manexo da lingua, e a súa prodixiosa provisión de información histórica e literaria.

INÉDITOS

A presente edición —que ve a luz da man de Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago— cando se cumpren oitocentos anos da peregrinación de san Francisco a Compostela, incorpora dous valiosos documentos de dona Emilia: unha carta-prólogo inédita, de 1878, dirixida aos frades do convento santiagués, e a conferencia «San Francisco e a guerra» (1914-1918). [Esta conferencia foi lida pola autora o 14 de xaneiro de 1917 na Asamblea de Terciarios de la Orden de San Francisco que tivo lugar na Iglesia de San Fermín de los Navarros, en Madrid. Así o recolle Aránzazu Guzmán na súa tese “La oratoria de Emilia Pardo Bazán”, presentada na UNED en decembro de 2014. Este dato foi obtido despois da publicación desta obra].