Autor

Cecilia Alvarellos Casas

Cecilia Alvarellos Casas (Lugo, 1963) é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago, onde se especializou en Estatística e Investigación de Operacións. Autora dos libros Matemáticas Universitarias I (1991), Xoguemos coas matemáticas na ESO (1994), Estatística descritiva (2000) e O xornal na clase de Matemáticas (2009). Como profesora de ensinanza media traballou en varios institutos de Galicia, foi directora do IES da Pastoriza (Lugo) onde exerceu durante tres anos e puxo en marcha este centro. Dende 2003 exerce no IES “Val do Asma” de Chantada (Lugo).

Libros do Autor

ESTATÍSTICA DESCRITIVA

5,90 
AS CLAVES DA ESTATÍSTICA

FICHA TÉCNICA
Páxinas: 232
Lingua: galego
Ano 1ª edición: 2000
ISBN: 84–89323–17-8

 

O mundo da información está hoxe ateigado de datos numéricos, estatísticas, gráficos… Todo semella medible. Coa súa Estatística descritiva, Cecilia Alvarellos Casas quere chegar non só aos especialistas na materia senón que os destinatarios son tamén todas aquelas persoas que sintan inquedanza polos temas estatísticos. Nesta obra atopamos, xunto a un apartado introdutorio referido á historia dos descubrimentos estatísticos, os mellores métodos para realizar unha mostraxe antes de artellar unha enquisa, os plantexamentos teóricos que levan a esas aplicacións, e a interpretación estatística dos datos e gráficos que se obteñen. Unha serie de cuestións e problemas propostos, coas súas correspondentes solucións, complementan este estudio, idóneo para ser utilizado como soporte docente nas aulas de Secundaria e de Bacharelato. Estatística descritiva é ademais un dos escasos libros desta materia elaborados en lingua galega.

MATEMÁTICAS UNIVERSITARIAS – I

5,90 
AS MATEMÁTICAS HUMANIZADAS

Páxinas: 291
Lingua: castelán
Colección: Didáctica
Ano 1ª edición: 1991
ISBN: 84–85311–91-4

 

A autora recolle neste volume máis de quince anos de experiencia docente acadada ao longo dunha activa práctica tanto na ensinanza privada como na pública. Matemáticas Universitarias – I é unha obra tremendamente útil para calquera estudante de primeiro curso de facultade e tamén para os amantes das matemáticas, pois contén varios apéndices con exercicios lóxicos, xogos matemáticos, táboas, gráficas, etc. Cada un dos temas tratados leva incluída unha introdución teórica, seguida dun gran compendio de exercicios coa súa correspondente solución. É este un libro ameno que aporta, como peculiar engado, as biografías e feitos máis reseñables de “Nueve ilustres matemáticos gallegos”, dende Juan Díez a García- Rodeja.

MATEMÁTICAS UNIVERSITARIAS – I

5,90 

A autora recolle neste volume máis de quince anos de experiencia docente conseguida ao longo dunha activa práctica tanto no ensino privado como na pública. Matemáticas Universitarias – I é unha obra tremendamente útil para calquera estudante de primeiro curso de facultade e tamén para os amantes das matemáticas, pois contén varios apéndices con exercicios lóxicos, xogos matemáticos, táboas, gráficas, etc. Cada un dos temas tratados leva incluída unha introdución teórica, seguida dun gran compendio de exercicios coa súa correspondente solución. É leste un libro ameno que achega, como peculiar engadido, as biografías e feitos máis reseñables de “Nove ilustres matemáticos galegos”, desde Juan Díez a García- Rodeja.

O XORNAL NA CLASE DE MATEMÁTICAS

14,00 

Unha nova proposta para aprender e se divertir cos números

 

Páxs: 115
Medidas: 13×23
Encadernación: capa branda plastificada con lapelas
Idioma: galego
Data de aparición: decembro 2009
ISBN: 978-84-89323-36-0

O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais, finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias.

XOGUEMOS COAS MATEMÁTICAS NA ESO

5,90 
A CARA LÚDICA DAS MATEMÁTICAS

Páxinas: 166
Lingua: galego
Colección: Didáctica
Ano 1ª edición: 1994
ISBN: 84–85311–97-3

 

Unha axuda inescusable para calquera ensinante de Matemáticas, ademais de ser un dos escasos libros desta materia editados en galego. Xoguemos coas matemáticas na ESO integra unha ducia de exercicios e actividades para realizar na aula, e deste xeito complementar e reforzar o aprendido.

A profesora Cecilia Alvarellos Casas, licenciada en Matemáticas e con máis de quince anos de exercicio da docencia (tanto pública como privada) desenvolve nesta obra a cara máis lúdica desta materia.

O nivel de dificultade dos exercicios está adaptado para os catro cursos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), e o profesor elixirá as actividades que máis lle conveñan para o curso que está a impartir. O ensinante tamén poderá escoller aquelas propostas que os alumnos farán de xeito individual ou ben en grupos para así fomentar a cooperación.