Autor

Carlos Santos Fernández

"Carlos Santos Fernández (A Coruña, 1961) é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Literatura castelá no IES Antón Losada Diéguez d’A Estrada (Pontevedra). Adicado ás investigacións sobre relacións de sucesos (é membro de SIERS) e sobre o mundo do libro en Galicia durante o século XVII, publicou os seus traballos en Studia Zamorensia, Cuadernos de Estudios Gallegos, Astórica, Compostellanum, Pliegos de Bibliofilia, Archivos Leoneses o Auriensia, entre outras. Ademais é autor de dúas monografías: Impresos en torno al Patronato de Santiago. Siglo XVII, en colaboración con Fermín de los Reyes Gómez, e De Santa Baia a Vilanova. Antonio López Ferreiro no Concello de Vedra. Actualmente (2013) prepara un catálogo de relacións impresas de autos de fe e un novo libro: Viajes por Galicia, León, Zamora y norte de Portugal en 1909. El patrimonio histórico, artístico y arqueológico según los comisionados de la Sección Arqueológica de la Exposición Regional Gallega."

Libros do Autor

Antonio López Ferreiro [1837-1910]

35,00 
Canónigo, historiador e novelista compostelano.

(Versión en rústica)

Gran biografía

 

Formato: 1136 pp. 16×24 cms
ISBN (rústica): 978-84-89323-83-4

 

Un volume de máis de 1.100 páxinas. Revélanse numerosos datos, documentos e ilustracións inéditos

A esperada biografía dun personaxe fundamental na Galicia do século XIX: Antonio López Ferreiro. O profesor Carlos Santos Fernández (A Coruña, 1961) culmina con esta obra un prolixo traballo de investigación no que se revelan numerosos datos inéditos e se aportan valiosos documentos procedentes dos arquivos persoais do historiador. Preto dun cento de ilustracións enriquecen este libro de máis de 1.100 páxinas, moitas delas tamén descoñecidas ata hoxe