Autor

Camilo José Cela

CAMILO JOSÉ CELA (Iria Flavia-Padrón, 1916-Madrid, 2002). Premio Nobel de Literatura en 1989. Premio Nacional de Literatura en 1984 pola súa obra Mazurca para dos Muertos. Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 1987. Premio Planeta en 1994 con La cruz de San Andrés e Premio Cervantes en 1995. Cultivou todos os xéneros literarios e conseguiu erguer un universo estético propio e unha forma de escribir única. A súa primeira obra foi un poemario, Pisando la dudosa luz del día (1936), e a súa primeira e popular novela, La familia de Pascual Duarte (1942). A triloxía de novelas sobre Galicia (país ao que dedicara a Mazurca para dos muertos e La Cruz de San Andrés) pechouse coa publicación, en novembro de 1999, da súa última obra, Madera de boj. (Foto da esquerda: A Coruña, 1948)

Libros do Autor

RETORNO A IRIA FLAVIA [CENTENARIO DE CJC 1916-2016]

20,00 

252 pp | 14 x 21 cms | tapa dura
ISBN-13: 978-84–89323–08–7
ISBN-10: 84–89323–08–9
1ª edición: novembro, 2006

Obra dispersa y olvidada, 1940-2001

Camilo José Cela, Premio Nobel e xenio universal das Letras, sentíase fondamente galego, consciente de pertencer a unha cultura singular. Retorno a Iria Flavia é unha viaxe definitiva de regreso á súa terra.

Medio cento de traballos nos que Galicia é o cerne da súa creación e reflexión –artigos, ensaios, epistolarios– constitúen esta primeira antoloxía “galega” da súa obra. Aparecen agora reunidos por vez primeira nun libro dende o seu su primeiro artigo, escrito en 1940 e dedicado a Emilia Pardo Bazán, até as derradeiras columnas publicadas no diario ABC pouco antes do seu pasamento.

Engádense a estes traballos catro documentos –un deles inédito– da correspondencia mantida con senlleiros representantes da actividade política e cultural nacionalista galega de preguerra, algúns dos que traballaban na súa reactivación nos anos 50: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Fernández del Riego e Celso Emilio Ferreiro.

Como colofón, reprodúcense varios manuscritos e unha galería gráfica con fotos pouco divulgadas e algunhas inéditas.

Retorno a Iria Flavia é, en definitiva, unha mostra patente de sesenta anos continuados de relación fondamente afectiva e mutuamente enriquecedora entre o escritor e o seu país natal.