Autor

Beatriz Cancela Montes

Beatriz Cancela Montes (Santiago, 1981) é diplomada en Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo. En 2009 gana o I Premio de Investigación Histórica “Domingo Fontán”, con esta a súa primeira publicación. Desde 2010 afronta a Tese Doutoral vinculada á Universidade de Oviedo.

Libros do Autor

LA SAGA COURTIER EN GALICIA

15,00 

La evolución del músico decimonónico

 

Formato: 223 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-49-0
(Rústica con lapelas)

 

O labor musical da familia Courtier foi intenso e trascendental na cidade de Santiago de Compostela e en toda Galicia ao longo do século XIX. Este ensaio de Beatriz e Alberto Cancela Montes afonda na aportación desta saga de músicos —Juan, Hilario, José e Ricardo— na modernización e popularización da música do seu tempo.
La saga Courtier en Galicia é un traballo serio e global. Amplamente documentado e ilustrado. Foi recoñecido cunha “Mención especial” no 2º Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, que promove a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Con Limiar do expresidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor.

SANTIAGO TAFALL

17,00 

Un músico compostelano en los albores del galleguismo

 

Páxinas: 162
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: maio 2010
ISBN: 978-84-89323-40-7
Encadernación: rústica

 

Santiago Tafall Abad (1858-1930) foi unha figura clave no panorama cultural da Galicia de fins do século XIX e primeiro terzo do XX. Destacado músico e musicólogo, mestre de capela e cóengo da catedral de Santiago. Este volume, Santiago Tafall. Un músico compostelano en los albores del galleguismo, constitúe unha importante –e pioneira– aproximación á súa vida e obra. A autora, Beatriz Cancela, estuda a súa tripla faceta como docente, compositor e teórico, para centrarse logo na vinculación do músico co movemento “rexeneracionista”. Tafall apostaba polo purismo musical e o estudo do folclore tradicional galego, catalogando os “alalás” como os cánticos máis puros, conectados co propio canto gregoriano. Consideraba o pasado medieval como o culmen da cultura galega. Profundou nas teorías vixentes da época, dentro do galeguismo tradicionalista no que estaba inmerso Compostela, e chegou a teorizar ao redor dos vínculos entre o folclore galego e o bretón, defendendo a orixe celta para a gaita e o medieval para a zanfona. Esta obra recibiu en 2009 o I Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán” da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.