Autor

Aurora López

Aurora López (Sarria, 1948) é catedrática de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, onde ocupa tamén o cargo de Directora da Unidade de Igualdade entre mulleres e homes. Investiga sobre todo no campo da literatura latina, principalmente o teatro e a súa pervivencia actual; é especialista en estudios sobre a muller romana, e tamén sobre Rosalía de Castro. (Na imaxe, con Andrés Pociña e Luz Pozo Garza en 2001)

Libros do Autor

Á PROCURA DA POESÍA

24,00 

VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA

 

Formato: 571 pp. 13 x 23 cms
ISBN: 978-84-89323-89-6

 

Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e da obra de Luz Pozo Garza, quizais a meirande figura das Letras galegas dos nosos días.O presente volume é a culminación dese inxente traballo: unha obra rica en datos, noticias, textos –moitos, absolutamente inéditos ou descoñecidos–, e opinións escritas pola propia Luz onde se sincera, a petición dos autores, sobre a súa obra literaria. O libro complétase cunha antoloxía da obra poética de Luz e tamén inclúe unha selección de fotografías e ilustracións como resumo gráfico de case un século de vida… á procura da Poesía.