Autor

Antonio Yebra de Ares

"Antonio Benito Yebra de Ares (Monterroso-Lugo, 1926-Lugo, 2012) foi pintor, escritor e Cronista Oficial do Concello de Monterroso. Como pintor realizou ata 32 mostras individuais e os seus cadros foron expostos por toda España e mais en París. Así mesmo é autor dos carteis promocionais do Camiño de Santiago para o Xacobeo 1993 e 1999. Como escritor destaca a súa obra en tres tomos Pazos y señoríos de la provincia de Lugo (publicados en 2000 –os dous primeiros– e 2005 respectivamente), ademais é autor do poemario Os xeitos d’hoxe (Alvarellos Editora, 1977), os cómics Argalladas do pobo (Alvarellos Editora, 1977) e Alcaldes e alcaldesas (1998), El condado de Monterroso, pasado y presente (1987), Alcaldes e alcaldesas (1991) e Guía turística de Meira (1994)."

Libros do Autor

OS SONS DA BRAÑA

5,90 
Poesía

Páxs: 97
Lingua: galego
Medidas: 14×21
Publicación 1ª edición: Novembro 2006
Ilustracións: o autor
ISBN-13: 978-84-89323-12-4
ISBN-10: 84-89323-12-7
Encuadernación: tapa branda plastificada, con lapelas.

 

Os sons da braña é un canto íntimo aos tempos idos evocado nunha paisaxe moi concreta e especial para o autor, a campiña luguesa. Na súa doble condición de pintor e escritor, Antonio Yebra de Ares constrúe un retrato apaixoado das xentes do lugar como personaxes dun mundo –o da vida no campo– que hoxe padeceu unha radical transformación. Son tipos humanos desubicados nesta sociedade tan distinta á que eles coñeceron e ollan con estrañeza o seu redor. Poemas como “O cego do violín”, “A morte na Campiña” ou o que dá título ao libro,”Os sons da braña”, representan un claro exemplo dese desaxuste entre o home de mediados do século XX e o mundo actual presidido pola globalización. En Os sons da braña hai tamén espazo á homenaxe a poetas admirados (“Lembranza a Manuel María”) ou á louvanza de territorios vitais irrenunciables (“A vila de Monterroso”, “Lembranzas do río Ulla”). Todas estas composicións –como sinala o psicopedagogo Díaz Escolante no Prólogo á obra– presentan así mesmo unha mirada profunda ao interior de Antonio Yebra. En total, medio cento de poemas escritos dende o cerne mesmo da terra amada.