Autor

Anónimo

Libros do Autor

CÓDICE CALIXTINO | LIBRO V

13,00 
GUÍA DEL PEREGRINO MEDIEVAL (SIGLO XII)

176 pp | 12 x 22 cms
ISBN 978-84-16460-03-8

 

O CÓDICE CALIXTINO ENTRA NO REXISTRO DA MEMORIA DO MUNDO DA UNESCO

Códice Calixtino foi recoñecido pola UNESCO en outubro de 2017 como Rexistro da Memoria do Mundo polo que pasa a integrar un selecto grupo de documentos do patrimonio cultural mundial. 

Este volumen recupera para o gran público o texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino. Escrito a mediados do século XII, está considerado como a primeira guía de viaxes de Europa.

O autor, posiblemente un monxe peregrino, detense nos lugares, monumentos e xentes que atopa ao seu paso polo Camiño. Describe a cidade de Santiago de Compostela, e especialmente a súa catedral, dunha maneira única, detallada e suxestiva, que nos fará viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.

Esta nova edición en castelán, en formato de peto, foi preparada pola profesora María José García Blanco, quen partiu da tradución que, en 1951, levou a cabo, desde o latín orixinal ao castelán, Abelardo Moralejo, coa axuda de Casimiro Torres e Julio Feo.

Inclúe preto de 300 notas aclaratorias e prácticos índices de persoas e lugares.

Un tesouro, en fin, imprescindible para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.

GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO

17,00 

La edición clandestina de 1938

 

Formato: 13×23 cms 281 pp.
ISBN: 978-84-89323-21-6
Lingua: castelán
Medidas: 13,5 X 23
Edición príncipe: 1938
1ª edición en Alvarellos Editora: 2005
2ª edición en Alvarellos Editora: 2017
Material complementario: Limiar e edición anotada por Carlos Fernández Santander. Tres Apéndices: “Otros escenarios: Lalín, Lugo y Ourense”, por Enrique Alvarellos Iglesias; “Falangistas coruñeses del año 38”, por Carlos Fernández, e Índice completo de nomes.

 

80 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA EDICIÓN DE 1938

Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sofriu. Galicia bajo la bota de Franco apareceu por primeira vez en castelán e francés en 1938 en Buenos Aires e París.

Unha crúa reportaxe periodística de autores anónimos onde se descrebe, con feroz realismo, o día a día en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán, Tui… nas tráxicas xornadas que seguiron ao golpe de Estado do xeneral Franco.

ALVARELLOS EDITORA reedita unha obra tan dura nos seus contidos como fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que endexamais poden volver a repetirse.

A presente edición conta cun Limiar e notas ao texto a cargo do historiador Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944), autor dunha das biografías máis completas sobre Franco e de máis de trinta libros sobre a guerra civil española e as catro décadas de dictadura que a seguiron. Ademais deste estudo de Fernández Santander, a presente edición complétase con tres Apéndices onde se narran outros escenarios da represión franquista en Galicia non recollidos no libro (a comarca do Deza, Lugo ou Ourense), apórtase un listado de falanxistas coruñeses de 1938, e un práctico índice cos centos de nomes de víctimas e verdugos que aparecen citados ao longo das case 300 páxinas desta reveladora edición. Fernández Santander cita, no seu prólogo, a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores de Galicia bajo la bota de Franco “un libro –di– que tuvo en su momento una gran difusión, pues se publicó tanto en castellano como en francés, y por varias editoras”.

UNHA NARRACIÓN VIBRANTE, ÉPICA E DE DENUNCIA ANTE EUROPA

Carlos Fernández define este libro como un instant-book da época, cun estilo “vibrante, ágil, combatiente, en ocasiones épico, donde se cita sin ningún reparo nombres de víctimas y represores, con una narración clara y periodística y un propósito bien claro: denunciar al mundo lo que está ocurriendo en Galicia, donde sólo en cinco meses de 1936, de agosto a diciembre, varios miles de personas habían sido fusiladas, o asesinadas –que para el caso era lo mismo– sin más ‘delito’ que profesar unas ideas o ser autoridad, en mayor o menor grado, de un Gobierno que había ganado las últimas elecciones generales, en febrero de 1936, de forma democrática”.