Autor

Andrés Pociña

Andrés Pociña (Lugo, 1947) é catedrático de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, onde foi Decano de Filosofía e Letras e Director do Departamento de Latín. Investiga no campo da literatura latina, do teatro clásico antigo e a súa pervivencia nos teatros actuais, como tamén no da literatura galega, especialmente sobre Rosalía de Castro.   (Na imaxe, con Aurora López e Luz Pozo Garza en 2001)</p

Libros do Autor

Á PROCURA DA POESÍA

24,00 

VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA

 

Formato: 571 pp. 13 x 23 cms
ISBN: 978-84-89323-89-6

 

Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e da obra de Luz Pozo Garza, quizais a meirande figura das Letras galegas dos nosos días.O presente volume é a culminación dese inxente traballo: unha obra rica en datos, noticias, textos –moitos, absolutamente inéditos ou descoñecidos–, e opinións escritas pola propia Luz onde se sincera, a petición dos autores, sobre a súa obra literaria. O libro complétase cunha antoloxía da obra poética de Luz e tamén inclúe unha selección de fotografías e ilustracións como resumo gráfico de case un século de vida… á procura da Poesía.