Autor

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) foi un escritor extraordinariamente dotado. Exerceu o xornalismo e a literatura nas súas máis variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo…). A súa pluma é das mais personais, sedutoras e eruditas, tanto da literatura en lingua galega como castelá. Es autor, no catálogo de Alvarellos Editora, de "Viajes y yantares por Galicia" e "Viaje a Lugo".

Libros do Autor

Viaje a Lugo

18,00 
Páginas sobre la ciudad

 

ISBN: 978–84–89323–65–0
Páxs: 200
Medidas: 13×23 cms
Idioma: castelán
Ilustracións: cuberta de Blas Lourés e fotografías do Fondo Vega.
Encadernación: capa dura
Data 1ª edición: febreiro 2011

 

Novo volume da Colección Rescate que reúne por vez primeira os escritos en prosa que o célebre autor dedicou á cidade das murallas. Entre os 24 textos recuperados figura un moi descoñecido: o discurso do Bimilenario, de 1975.

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911–Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento. Alvarellos Editora conmemora con este novo volume da Colección Rescate (o número 14) o centenario do nacemento do escritor.

A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trovador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole.

A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, dibuxan esta cidade como un territorio para a fantasía. Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de octubro de 1975, onde bautizou a Lugo como “la Roma del Finisterre”.

A ilustración da cuberta pertence ao pintor lugués Xesús Blas Lourés. O seu óleo titulado “A miña muralla”. Se trata, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.

VIAJES Y YANTARES POR GALICIA

20,00 

Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1954-1963

 

Formato: 198 pp. 13×21 cms
ISBN: 84-85311-20-5
1ª edición: Abril, 2005
[Capa dura]

 

Un libro inédito de Álvaro Cunqueiro. Unha das plumas máis brillantes da literatura galega e española aínda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos 37 artigos que integran Viajes y yantares por Galicia que o célebre escritor lugués de Mondoñedo publicou, entre os anos 1954 e 1963, na revista Vida Gallega e que permanecían esquencidos.

Cunqueiro viaxa por Galicia e fai arte coa cociña, a paisaxe, as xentes e, en definitiva, a fonda personalidade deste país milenario. Trinta e sete capítulos nos que a gastronomía vai presidindo cada páxina, dende a aportación de senlleiras receitas a todo tipo de anécdotas e descrición dos usos e costumes culinarios galegos. Ademais, Viajes y yantares por Galicia é unha guía turística, de lugares emblemáticos, de persoeiros históricos e lendarios. Nesta nova obra tamén agroma a crítica literaria, a pictórica, mesmo a interpretación das estrelas.

A presente edición inclúe a reprodución ben manuscrita ou ben mecanografiada dalgúns dos artigos tal e como os entregou Cunqueiro á revista; tamén un limiar do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela (especialista no escritor), e un traballo sobre a historia, o contexto, os promotores e algunhas das portadas en cor desta segunda época de Vida Gallega, unha das publicacións periódicas máis populares do seu tempo. Alvarellos Editora principia, con esta obra, a súa colección Rescate, dedicada a recuperar importantes textos da nosa cultura e da literatura universal que permanecen inéditos ou esquecidos.