• 1 Items - 16,83  (sen IVE)

    Subtotal : 16,83  (sen IVE)

    Ver cesta Facer pedido

La lámpara maravillosa (Edición facsimilar)

18,00 

EJERCICIOS ESPIRITUALES

Ramón del Valle-Inclán

 

302 pp | 13 x 17,5 cms.
ISBN 978-84-16460-34-2
EDICIÓN FACSIMILAR
Cosida con fío.
Capa con sobrecuberta

 

Coidada e rigorosa edición facsímile deste belísimo e insólito libro de Ramón del Valle-Inclán. Unha obra  publicada en 1916, ilustrada por José Moya del Pino e concibida como un todo, pois forma e fondo dialogan aquí á perfección.

Un século despois, regresamos a aquela «edición príncipe» ou primeira, e quixemos reproducila fielmente, co fin de achegar o máis posible a experiencia lectora de hoxe ao espírito orixinal desta Lámpara maravillosa que nos iluminará no camiño de comprensión da beleza.

O libro preséntasenos como unha autobiografía do autor quen, fascinado polo ocultismo, desexa transitar por novos vieiros creativos e non dubida en experimentar, por exemplo, co propio cannabis. Séntese peregrino e sitúa en Santiago de Compostela (a súa «rosa mística de pedra») ese lugar onde o tempo se fai eternidade.

A presente edición (en xaneiro de 2022 publicamos a 2ª) enriquécese cun estudo a cargo da profesora Olivia Rodríguez-Tudela, fotografías de época do autor e un prólogo do profesor Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor.

“Estatuto de Galicia SI” [Cartel histórico facsimilar de 1936]

3,50 

Camilo Díaz Baliño

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Histórico cartel da campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia plebiscitado o 28 de xuño de 1936. Reproducido en edición facsimilar e tratado polo deseñador Martiño Picallo. É un dos traballos máis coñecidos, e brillantes, deste pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo en 1936. Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

Neste “Estatuto de Galicia, SI” vemos, sobre fondo claro, unha muller vestida de azul que se apoia nunha gran roda dentada, alusiva ao progreso, e levanta coa esquerda unha pola de oliveira, símbolo da vitoria. No peito leva o Escudo de Galicia, e a súa cabeza vai cuberta por un amplo pano, que lle tapa os ollos, coma unha sacerdotisa, levando na cima unha estrela.

Abaixo, a carón da sinatura do autor aparece o nome da imprenta orixinal: Offset Roel Vigo. A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela.

 

Memorias do Café Derby (1929-2020)

24,00 

Fernando Franjo

Páxinas: 192. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-13-1.
Cosido con fío vexetal
Impreso en papel amigo dos bosques.

 

A historia máis íntima e gráfica dun establecemento centenario: o Café Derby (1929-2020) de Santiago de Compostela. Inclúe 130 fotografías e documentos da época, boa parte deles, inéditos. E os testemuños de varias xeracións que foron protagonistas dos seus inesquecibles faladoiros.

Poética musical

17,50 

Ígor Stravinski

Introdución, tradución e notas de Javier Ares Yebra

Páxinas: 168
Formato: 13 x 23 cms
ISBN 978-84-18567-14-8

As célebres conferencias de Ígor Stravinski e a súa conexión coa cultura galega
Traducidas agora por vez primeira ao galego, as conferencias que Ígor Stravinski pronunciou en Harvard no curso 1939/40 son unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un goce de lectura. A presente edición, ao coidado do músico e investigador Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983), inclúe un revelador estudo onde Ares Yebra explora a relación do compositor ruso coa cultura galega.

Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán

17,50 
Mª Pilar García Negro

 

Pp: 158. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-07-0

 

A profesora e investigadora María Pilar García Negro examina, neste ensaio, o feminismo de Emilia Pardo Bazán, a súa actitude ante a lingua e literatura galegas ou o trato que dispensou a Rosalía de Castro. Tamén analiza o xeito en que a autora coruñesa exercía de galega e a imaxe que proxectaba do país; e, por último, o seu posicionamento ideolóxico ou político. En todos estes asuntos, deixa falar á propia Pardo Bazán, quen irá retratándose a través da súas obras ou declaracións. Este volume presenta unha ollada ben diferente aos estudos e libros publicados ata hoxe sobre a recoñecida narradora.

Revista “Peña Trevinca. Montañeros de Galicia” [1944-1950]. Edición facsimilar

22,50 

Páxinas: 310.

Formato 16 x 22 cms.

ISBN 978-84-18567-08-7

Rústica fresada. Impresa a cor.

Papel FSC Amigo dos Bosques.

A revista que, nos anos 40, iniciou o montañismo en Galicia e un novo xeito de ver a natureza.

Presentamos un valioso documento. A publicación facsimilar dunha revista da que só se conservaba hoxe unha colección completa: nove números que viron a luz no Barco de Valdeorras entre 1944 e 1950. Unha iniciativa pioneira no eido do montañismo e da natureza que agora rescatamos íntegra, precedida da análise de tres xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela (L. Martín Agrelo, Juan M. Trillo e Valerià Paül) e ao coidado do historiador Ricardo Gurriarán.

 

Un diálogo entre supervivientes: Eugenio Granell y Vicente Llorens

23,90 
Inmaculada Real López

Páxinas: 484 .

Formato 15,5 x 23,5 cms.

ISBN 978-84-18567-12-4

Rústica cosido.

Papel FSC Amigo dos Bosques

Mais de cen cartas inéditas entre o pintor surrealista galego Eugenio Granell e o historiador valenciano Vicente Llorens. Catro décadas de amizade e exilio precedidas dun documentado estudo introdutorio que inclúe fotografías e documentos moi descoñecidos.

 

 

Manifesto 25N

14,50 

Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller

 

ISBN 978-84-18567-03-2
Páxinas: 74. Formato 14 x 21 cms.

 

O Manifesto 25N reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, dende a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller.  A idea xurdiu a partir dunha iniciativa, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba (Cospeito, Lugo) cando ocupaba a presidencia Martiño Maseda (hoxe responsable de Culturalia GZ), asociación que actualmente preside Montserrat González.

Na nota editorial explícase: “Trátase de avivar as conciencias, desde diferentes ópticas expresivas, nunha repulsa colectiva contra un mal da nosa sociedade que parece non ter fin.”.

Con este obxectivo, dende a Asociación Cultural Caldaloba fíxose unha convocatoria aberta para recibir traballos e foron máis de setenta os achegados, dos que se fixo unha selección destes trinta que agora ven a luz.

A achega de obras é moi variada ,tanto no seu formato —poemas, narracións, colaxes, ilustracións, pinturas, caligramas, debuxos— como diverso é tamén no seu enfoque temático.

O deseño e ilustración da capa corre a cargo da artista Xulia Nieto Pereira.

A edición desta obra contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Vilalba e de Culturalia GZ.

As 30 voces (por orde alfabética):

  • Luz Airado Bello
  • Pilar Alonso Suárez
  • Susana Antón Mandayo
  • Cristina Corral Soilán
  • Eva de Miranda
  • Paloma de Toro
  • Eilún del Pazo Moa
  • Miguel Díaz
  • Fátima Domínguez Silva
  • Andrea Fernández Maneiro
  • Celso Fernández Sanmartín
  • Raquel Fernández
  • Adela Figueroa
  • Pilar García Rego
  • Yolanda López
  • Paula Luís González
  • Beatriz Maceda Abeleira
  • Pilar Maseda
  • Adolfina Mesa
  • Alberte Momán Naval
  • Arantxa Nogueira
  • Toño Núñez
  • Emma Pedreira
  • Eli Ríos
  • Teresa Ríos
  • Viki Rivadulla
  • Ramón Sánchez
  • Ruth Santiso Salgado
  • Raquel Senra
  • Patricia Torrado Queiruga

Os últimos carballos do Banquete de Conxo [2ª edición actualizada e ampliada]

19,50 

Formato: 12 x 22 cms

ISBN 918-84-16460-64-9

Cosido a fío. Impreso en cor

Edición ao coidado de Henrique Alvarellos.  Autores: Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez González, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada Nérida.
O libro que impulsou en 2018 a apertura do Bosque do Banquete de Conxo e en 2021 a candidatura do Carballo centenario como Mellor Árbore Europea 2022.

 

Nova edición ampliada da obra que impulsou a apertura do Bosque do Banquete de Conxo, o espazo natural ao sur de Compostela que fascinou a Rosalía de Castro. Incorpora os tres brindes oficiais daquel insólito acto de fraternidade na Galicia e España de 1856 (os de Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane) e tamén os clandestinos. Inclúe oitenta fotografías, planos e ilustracións, trinta delas, novas. Coordinados polo responsable da edición e coautor, Henrique Alvarellos, escriben tamén Xurxo Martínez, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada.

Alvarellos Editora publica a segunda edición actualizada e ampliada d’Os últimos carballos do Banquete de Conxo, a obra que, editada por vez primeira en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Unha edición ao coidado de Henrique Alvarellos (Lugo, 1968), impulsor da apertura ao público deste espazo natural e histórico.

Incorpora máis de trinta novas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindes pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, mais tamén a noticia doutros brindes, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para o seu tempo que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos —históricos e literarios— sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque, e un total de oitenta ilustracións, planos e fotografías.

Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao souto que versou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas; e tamén, ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos dende os tempos medievais.

Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nela, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.

Neste bosque, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.

Pasín: memoria dunha resistencia

17,50 

José Luis Estévez

 

Páxinas: 158. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-06-3

 

O xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as libertades: é a “memoria dunha resistencia”, a do exconcelleiro compostelán Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), membro dunha familia mancada a fondo polo franquismo e que representou, na transición, un novo xeito de facer política.

Ilustrado con imaxes inéditas.

Sobre Nós

Alvarellos editora

Outras voces e outros eidos. Desde Galicia para a rede global dos amantes da cultura. Ensaio e divulgación, álbum ilustrado (baixo o novo selo Verdemar), poesía, orixinais guías para viaxes alternativas, fotografía histórica, obras inéditas ou esquecidas de grandes clásicos galegos (Álvaro Cunqueiro, Aurelio Aguirre, Rosalía de Castro, Urbano Lugrís…). En total, un catálogo vivo de 150 títulos e un histórico de máis de 500.

Alvarellos Editora, fundada en 1977, é unha das editoriais máis veteranas de Galicia. Na etimoloxía do seu nome nace a súa razón de ser: “alvarellos” procede do latino “alvaricus”, pequena alvariza ou colmea. Practicamos a biodiversidade. Militamos na cultura, na lectura e no libro, editado con vocación estética.

PRÓXIMAMENTE

Noticias

O libro V do Codex Calixtinus, agora en inglés

A agardada versión en inglés do Libro V do Codex Calixtinus. Tivemos a sorte de contar cunha tradutora de excepción, a doutora en Filoloxía Inglesa Teresa Moralejo, neta de Abelardo Moralejo (tradutor en 1951 do Códice dende o latín ao castelán) e filla de Juan José Moralejo responsable en 2004 da edición anotada do Códice […]

A qué altura está el cielo, en castelán

Primeira das nosas novidades do outono. Acabada de chegar do prelo. Despois do éxito, con tres edicións en galego, de ¿A que altura está o ceo?, agora, para todo o público español, 1ª edición en castelán: ¿A qué altura está el cielo?, de #JorgeMira, escrito coa colaboración de #MaríaCanosa e ilustrado por #DaniPadrón, #PremioCienciaenAcción ao […]

23 de xullo, Día do Libro

O sector do libro únese para celebrar o 23 de xullo un Día do Libro moi especial, e dá continuidade á campaña iniciada en redes sociais denominada #TodoEmpiezaEnUnaLibrería #TotComençaEnUnaLlibreria #DenaHastenDaLiburudendan #TodoComezaNunhaLibraría que se vén desenvolvendo desde o 1 de xuño e na que se quere poñer en valor a importancia das librarías dentro da cadea […]

O libro V do Codex Calixtinus, agora en inglés

A agardada versión en inglés do Libro V do Codex Calixtinus. Tivemos a sorte de contar cunha tradutora de excepción, a doutora en Filoloxía Inglesa Teresa Moralejo, neta de Abelardo Moralejo (tradutor en 1951 do Códice dende o latín ao castelán) e filla de Juan José Moralejo responsable en 2004 da edición anotada do Códice […]

A qué altura está el cielo, en castelán

Primeira das nosas novidades do outono. Acabada de chegar do prelo. Despois do éxito, con tres edicións en galego, de ¿A que altura está o ceo?, agora, para todo o público español, 1ª edición en castelán: ¿A qué altura está el cielo?, de #JorgeMira, escrito coa colaboración de #MaríaCanosa e ilustrado por #DaniPadrón, #PremioCienciaenAcción ao […]