Oeste [divulgación&ensaio]

PARIR A LIBERDADE

O movemento feminista en Galicia

Elvira Fente


A partir de 1975 xorden en Galicia as primeiras reivindicacións do movemento feminista. O obxectivo era transformar un sistema social feito por e para homes. PARIR A LIBERDADE reconstrúe a historia do feminismo no país desde os primeiros anos da democracia.

A obra divídese en tres apartados: os albores da loita feminista, os eixes temáticos que ocuparon as reivindicacións desde o seu nacemento (liberdade sexual, aborto, prostitución, violencia de xénero, traballo e economía solidaria) e, finalmente, os testemuños das mulleres que estiveron na fronte de batalla nos primeiros momentos e cuxo espírito aínda segue latente, con dez amplas entrevistas a María Xosé Queizán, Nanina Santos, Ana Fernández Puentes, Carmen Blanco, Sabela Mouriz, Tareixa Navaza, Rosa Bassave, Lupe Ces, Ana Míguez e María Xosé Agra.

“Parir a liberdade” é expresión utilizada por María Xosé Queizán en varios dos seus traballos. “A miña idea de feminismo é unha idea racionalista, de xustiza. A de crear unha sociedade mellor, de mulleres e de homes”, afirma Queizán neste libro.

O autor/a

ELVIRA FENTE é xornalista. Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como redactora para El Progreso de Lugo, Cadena Ser, Televisión de Galicia, Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Gabinete de Prensa da USC. Tamén foi tradutora para a revista europea Cafebabel.com. Este é o seu primeiro libro

Revista de Prensa

27/04/2011, "La historia de las mujeres ve la luz"

27/04/2011, "Elvira Fente: “Agora o termo feminismo xa quedou arcaico”"

18/01/2011, La Voz de Galicia, “Recomendación”

24/10/2010, Diario de Ferrol, “Nordesía”

06/11/2010, Xornal, “Os mais lidos en galego”

29/10/2010 , El País - Edición Galicia , “De todo como en botica”

28/10/2010 , La Voz de Galicia - Edición Lugo , “Entrevista a ELVIRA FENTE”

24/10/2010, Diario de Ferrol, “Nordesía”

20/10/2010 , El Correo Gallego , “Longa Viaxe pola loita feminista”

18/10/2010, Xornal de Galicia, “Cultura”

13/10/2010 , Galicia Hoxe , “O feminismo é xustiza”

11/10/2010 , Radiofusión , “Elvira Fente, autora de “Parir a liberdade”





PREZO: 17,00 €


u.


Páxinas: 417
Medidas: 13x23 cm
Idioma: galego
ISBN: 978-84-89323-45-2
Data de publicación 1ª edición: outubro, 2010

Tamén che poden interesar


MÁS ALLÁ DEL TIEMPO
Prezo: 5,9 €
VERSOS A COMPOSTELA
Prezo: 17 €
TEMPO DE ELEXÍA
Prezo: 20 €

CANITROT
Prezo: 14 €
CANTARES GALLEGOS, HOXE
Prezo: 13 €