Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
  • Enviamos o seu pedido sen custes adicionais. Directamente ao seu domicilio. SEN GASTOS DE ENVÍO
30 aniversario da Editorial Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS
SANTIAGO, 1909
O volume que recupera as fotos e a crónica da Exposición Rexional Galega

  • A obra, que recollerá medio cento de fotografías (algunhas delas, inéditas) daquela histórica mostra, aparecerá en xullo, coincidindo cos cen anos xustos da inauguración do evento.


  • A Dirección Xeral de Turismo financiou o proceso de documentación e agora a editorial está en conversas co Consorcio de Santiago para levar as imaxes á Alameda de Santiago nunha exposición con paneis en gran formato.

  • Santiago de Compostela, 6 de abril de 2009

    A comezos do verán, Alvarellos Editora publicará, coincidindo co centenario da da histórica Exposición Rexional Galega de 1909 –inaugurada en Santiago o 24 de xullo daquel ano coa presencia do rei Alfonso XIII e o presidente do Goberno Antonio Maura–, un volume conmemorativo que recuperará medio cento de fotografías daquel evento conservadas en diversos arquivos e bibliotecas. A obra tamén inclúe a crónica xornalística, elaborada por Henrique Alvarellos Casas, daquela mostra: o contexto social, a descrición dos pavillóns, as cifras de visitantes e resultados económicos, as curiosidades, qué queda hoxe en pé de todo aquilo, etc.

    A Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia financiou os labores de documentación deste proxecto, xa que, para localizar todo o material, foi preciso consultar os arquivos e bibliotecas do Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega, Arquivo Histórico Universitario de Santiago, Hemeroteca da USC, Instituto Padre Sarmiento ou o Arquivo do Palacio Real de Madrid, entre outros.

    EXPOSICIÓN AO AIRE LIBRE

    O proxecto inclúe, á parte da publicación do libro, a montaxe dunha exposición na Alameda, fronte á actual escola infantil de Santa Susana, un edificio de Antonio Palacios que foi inaugurado aquel mesmo ano 1909 e destinado, durante e Exposición, a Pavillón de Recreo Artístico e Industrial. A mostra conmemorativa do centenario consiste na exhibición do medio cento de fotografías atopadas, montadas en paneis de gran formato ao longo do paseo da Ferradura, dende a escola infantil en dirección á escalinata de baixada ao Campus.

    Alvarellos está en conversas co Consorcio de Santiago e outros organismos con vistas ao financiamento desta exposición do Centenario co obxectivo de que poida inaugurarse o 24 de xullo.


    Arco do Comercio fronte ao Pilar
    Colecc. Postais Uxío de la Riva
    Escalinata baixada ao Pavillón Central
    Foto Chicharro
    Panorámica
    Foto Chicharro
    Pavillón Centro Galego da Habana
    Foto Chicharro
    Pavillón do Recreo Artístico Arco da Liga de Amigos do País
    Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
    Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
    Diseño web
    30 Aniversario Alvarellos Editora