Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
  • Enviamos o seu pedido sen custes adicionais. Directamente ao seu domicilio. SEN GASTOS DE ENVÍO
30 aniversario da Editorial Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
PRESENTACIÓN
Alvarellos Editora foi fundada en Lugo en maio de 1977 por Enrique Alvarellos Iglesias (profesor, músico e escritor. A Coruña 1931-Lugo 2004), pai do actual director. É unha das empresas de edición máis veteranas de Galicia.

Durante os seus primeiros anos de vida (período 1977-1984) contribuíu activamente a impulsar o rexurdimento cultural que vivía o país tralo retorno das liberdades.

Neste contexto viron a luz preto de cen títulos de todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, historia, ensaio…) con obra de escritores contemporáneos como Manuel María, Xavier Alcalá, Moreiras Santiso, Xosé Dono ou Xavier Rodríguez Barrio. 

Nos anos 90 especializouse na edición facsimilar de grandes clásicos da cultura galega: Cura de Fruíme, Pai Sarmiento,Tettamancy, Samuel Eiján…

A finais de 2004 principia unha nova etapa da man do xornalista e escritor Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968).

A editorial abre a súa sede en Santiago de Compostela, pon en marcha coleccións como a denominada Rescate (recoñecida como Mellor Obra Editorial de 2008 en Galicia), a de gastronomía “A lume lento” (dúas veces premio Gourmand en 2006 e Premio Álvaro Cunqueiro en 2008) ou a de divulgación e ensaio (Oeste), ao tempo que potencia a distribución e presencia por todo o territorio español, con títulos como Patrimonio natural. Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España cuxa primeira edición alcanza os 11.000 exemplares.

Na actualidade, o catálogo vivo de obras achégase aos cen títulos ao tempo que a empresa inicia o salto ao mundo dixital e á xestión cultural por medio da montaxe de exposicións (a primeira delas foi Santiago, 1909, en setembro de 2009), entre outras actividades de promoción cultural.


Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
Diseño web
30 Aniversario Alvarellos Editora