Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
  • Enviamos o seu pedido sen custes adicionais. Directamente ao seu domicilio. SEN GASTOS DE ENVÍO
30 aniversario da Editorial Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
O FUNDADOR
Enrique Alvarellos Iglesias

Enrique Alvarellos Iglesias

A Coruña, 30 de abril de 1931-Lugo, 2 de xuño de 2004

Músico, editor, escritor e profesor de linguas clásicas, Enrique Alvarellos Iglesias naceu na Coruña en 1931 e criouse, ata os 16 anos na parroquia de Soutolongo (Lalín) para trasladarse logo definitivamente a Lugo onde estudou Humanidades e Música (no Seminario Diocesano), e nesta cidade desenvolvería a súa ampla traxectoria profesional e intelectual. Alvarellos é membro correspondente da Academia Tiberina de Artes e Ciencias de Roma, posúe a Gran Cruz da Orde de San Xurxo de Carintia, formou parte así mesmo do Consello de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, foi directivo da Sociedade Filarmónica lucense e asesor e colaborador da Enciclopedia Galega Universal.



Alvarellos Iglesias, home polifacético, fondamente galeguista e posuidor tamén dunha das mellores coleccións de España de máquinas de escribir antigas, fundou, en maio de 1977, a Editorial Alvarellos. A Editorial celebrou en 2002 os seus 25 anos de vida, polo que é unha das máis veteranas de Galicia.

Academia Alvarellos

En marzo de 1963 fundou, xunto coa súa dona Conchita Casas, a Academia Alvarellos, na praza de Comandante Manso, centro docente por onde pasaron, nos seus case corenta anos de existencia, máis de 100.000 alumnos, e onde sobranceou o método mecanográfico que elaborou o propio Enrique Alvarellos e foi recoñecido, en 1968, polo Ministerio de Educación y Ciencia como Sistema Oficial do Estado.


Inauguración da Academia Alvarellos. 1963

O Autor

Como escritor, Alvarellos é autor da única historia das Bandas de Música de Galicia, un voluminoso estudio de máis de mil páxinas publicado en 1986 e que foi finalista dos Premios de Investigación de Galicia. Nel recóllese a historia de máis de 400 bandas populares galegas. Así mesmo, Enrique Alvarellos publicou, entre outros libros, a novela Botei corenta anos (1977), o poemario Cen Anacos (1977), Mulleres destacadas de Galicia (1993) e un tomo das súas memorias: 70 anos en clave de fa (2001).



A Música

Foi a música, non obstante, a que vertebrou toda a súa vida e ocupou un lugar primordial durante os seus últimos anos. Nesta época centrouse na composición (máis de medio cento de pezas) e na dirección de coros. Xa en 1961 fundara o coro Entre as silveiras, co que acadou importantes recoñecementos en Lugo. En 1981 funda o Orfeón Xoán Montes, que dirixiu durante vinte anos, tempo no que a formación actuou en diversos escenarios de España e Europa. Tamén foi o director da coral Meigas e Trasgos de Sarria, a Coral de Monterroso, o Coro da Policía Local de Lugo e Coral de Agolada.

Entre as súas composicións musicais cómpre destacar a Cantata á Lanzada (obra sinfónico-coral), A Nosa Misa, Fisterra, María Guevara, Himno do Club Deportivo Lugo, Pequeña flor, diversas panxoliñas (Cando subín á montaña, Casiña santa, Eu cantar canteille...) ou Bimilenaria-Cantata luguesa, obra que deixou inconclusa.

Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
Diseño web
30 Aniversario Alvarellos Editora