Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
  • Enviamos o seu pedido sen custes adicionais. Directamente ao seu domicilio. SEN GASTOS DE ENVÍO
30 aniversario da Editorial Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Premio da Edición de Galicia 2010 Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
O EDITOR/DIRECTOR

Henrique Alvarellos Casas

Henrique Alvarellos Casas
Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é xornalista e escritor, e dende xuño de 2004 —data de falecemento de seu pai, Enrique Alvarellos Iglesias— dirixe Alvarellos Editora.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela en 1991 e obtivo o título de Posgrao en Comunicación pola Universidade da Coruña en 1994.


Como xornalista, Quique Alvarellos iniciou a súa andaina no diario El Progreso de Lugo e traballou logo como redactor na Televisión de Galicia, en La Voz de Galicia, foi correspondente para Galicia da revista Cambio 16 e redactor xefe do Atlántico Diario de Vigo. Foi así mesmo xefe de prensa da Consellería de Obras Públicas e asesor de Comunicación de Turgalicia e do Xacobeo.

Quique Alvarellos combina o seu traballo na dirección de Alvarellos Editora coa colaboración como columnista para varios xornais do país, a súa condición de escritor, e exerce tamén como asesor de comunicación.



  • Presentación de Descubrir Lugo (Lugo, 05/05/2006)

  • Presentación de Galicia en cen prodixios (Sanxenxo, 06/08/2005)
  • É autor das obras seguintes:

    Santiago, 1909Santiago, 1909 (Consorcio de Santiago/Alvarellos Editora, 2009). A crónica da Exposición Rexional Galega de 1909 que recupera máis de setenta fotografías e ilustracións daquel histórico evento.
    Diario dun pai acabado de nacerDiario dun pai acabado de nacer (Xerais, 2008). Crónica íntima sobre a experiencia da paternidade. Escrito como diario ao longo de case cinco anos e pensado como un longo poema en prosa.
    Descubrir LugoDescubrir Lugo (Edicións do Cumio, 2006). Unha proposta de fin de semana na Cidade das Murallas. Editada en tres idiomas (galego, español e inglés), céntrase nos cinco grandes tesouros lugueses: arqueoloxía, monumentos, natureza, gastronomía e cultura.
    Teoría de LugoTeoría de Lugo (A Nosa Terra, 2004), crónica intimista e sentimental, 23 relatos a través dos que ir descubrindo algúns dos espazos máis emblemáticos do municipio.
    Galicia en cen prodixiosGalicia en cen prodixios (Edicións Xerais, 2004). Guía 'secreta' de Galicia, con cen singulariedades e autoorgullos que fan deste país unha terra única.
    Territorio auroralTerritorio auroral (Consorcio de Santiago, 1997), unha historia da cidade de Santiago de Compostela durante o século XX narrada a través de 36 persoeiros que viviron os acontecementos máis importantes.

    Outras publicacións (colectivas):

  • Marcos Valcárcel: o valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos

  • VV AA (Difusora, 2009)

  • A Coruña. Á luz das Letras

  • VV.AA. (Editorial Trifolium, 2008)

  • Alvarellos, 30 anos de edición en Galicia

  • VV. AA. (Alvarellos Editora, 2007)

  • Caminos de Santiago, Caminos de Concordia

  • VV.AA. (Xunta de Galicia, 2004)

  • De profesión, periodista. Homenaje a Diego Bernal

  • VV. AA. (Ir indo, 2002)
    Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
    Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
    Diseño web
    30 Aniversario Alvarellos Editora